Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Actores políticos, Apuntes de Ciencia Política

Asignatura: Ciencias Políticas, I, Profesor: Marta Lois, Carrera: Ciencias Políticas y de la Administración, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2014/2015

Subido el 22/01/2015

yonaygomezmeira
yonaygomezmeira 🇪🇸

3.6

(65)

12 documentos

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Actores políticos y más Apuntes en PDF de Ciencia Política solo en Docsity! Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 1 TEMA 1: Introdución QUE É A POLÍTICA É un termo polivalente, dotado de diferentes significados segundo o contexto no que se empregue. Mais, independentemente do que entendamos por política, ten unhas connotacións negativas e está asociada a conceptos solemnes (liberdade, xustiza, igualdade, paz, seguridade, benestar, ben común). Concepto: espazo público no que os membros dunha comunidade realizan actividades colectivas dentro dun marco institucional co gallo de regular conflitos entre os grupos, tomando decisións que son de cumprimento obrigatorio para dita comunidade, empregando a forza se fose preciso. A orixe dos conflitos radica na existencia de diferenzas sociais que se converten en desigualdades, isto é a distribución non equitativa dos recursos e das oportunidades, que os que se ven beneficiados queren seguir mantendo, e os prexudicados queren cambiar. Desta necesidade de regular os conflitos, xorde a política. As diferenzas sociais poden ser de distinta índole: • Naturais: Ter habilidades e talentos “naturais” (intelixencia, capacidade física...), desempeñar roles distintos na estrutura familiar (nai, pai, fillo...) e pertencer a un sexo e idade. • Socioeconómicas: Ocupar unha posición social dentro da estrutura social (obreiro, empresario...) e posuír un certo status social (artista, político, varrendeiro...) • Culturais: Ter unha identidade diferenciada en cuestión de etnia, orixe, relixión... • Xeográficas: Situarse nun territorio xeográfico determinado (centro, periferia, rural, urbano...) Estas asimetrías marcan cleavages, fracturas sociais que causan tensións constantes. Neste senso, Easton atribúe a orixe da política á desigual distribución de valores nunha determinada sociedade e aos intentos de corrixilos. Regular o conflito ou xestionalo non implica solucionalo, xa que na maioría dos casos, a política propón saídas que non conseguen a satisfacción universal. Pero xestionando o conflito conséguese preservar unha relativa cohesión social, pois sen ela produciríase unha desintegración social, situación na que cadaquén tomaría a xustiza pola súa man. Por iso, tal e como di J. Vallés: “a política constitúe a argamasa que cohesiona os grupos, máis alá das súas relacións, diferenzas familiares, afectivas, económicas, veciñais, simbólicas...” Porén, os límites da política non son ríxidos e claros, pois seus contornos varían en función do tipo de política que se estableza e das novas tensións que se produzan. Por exemplo, hai conflito entre se debe ser regulado o mercado laboral (liberalismo, socialismo) ou se cuestións da vida privada, como o aborto, deben ser reguladas. Ábrese aquí un conflito de cales son as fronteiras da política, no que cada parte defenderá a politización ou despolitización do conflito segundo a intervención política lles beneficie ou prexudique aos seus intereses. As etapas, nun plano ideal, da politización son: 1. Identificación da desigualdade social percibida como inconveniente ou arriscada. 2. Toma de conciencia dos afectados e expresión das súas demandas referidas ao conflito. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 2 3. Mobilización dos apoios e acumulación de recursos, buscando o maior número de aliados. 4. Traslado do conflito ao escenario público, reclamando medidas con respaldo institucional para facelas de obrigado cumprimento a toda a comunidade. A historia da humanidade e a actualidade están repletas de situacións nas que se politiza ou despolitiza algún conflito. Exemplos de politización: discriminación positiva, impostos ecolóxicos. Exemplos de despolitización: despenalización do adulterio, da homosexualidade, privatización da seguridade social... Nas definicións clásicas de política atopámonos con catro correntes que fan fincapé nun trazo distintivo da política:  Política como control sobre as persoas e recursos (Maquiavelo, Dahl)  Política como actividade desenvolvida a través das institucións públicas (Weber)  Política como actividade dirixida por valores de orde e equilibrio social (Aristóteles, Locke, Easton, Tomás de Aquino)  Política como actividade vinculada á defensa exterior da comunidade (Schmitt, Spencer) QUE É A CIENCIA POLÍTICA A ciencia política é unha ciencia social non experimental que consiste na reflexión sistemática dos fenómenos políticos que acontecen en calquera país e en calquera momento da historia ,inda que para iso sexa preciso analizar casos específicos, para logo identificar e ordenar regularidades ou pautas co obxectivo de xerar coñecemento práctico e superar as simples intuicións do saber común. A conxugación dos tres planos do coñecemento politolóxico fixo dubidar a algúns do seu valor científico no apoxeo do positivismo científico. A ciencia política tiña grandes problemas para axustarse aos paradigmas da ciencia, pero eran os mesmos que tiñan as demais ciencias, xa que o que era considerado ciencia por Aristóteles, non o era considerado por Galileo, o que o era pra este, non o era para Einstein. Neste senso, as ciencias son coñecemento obxectivo con aplicacións prácticas. Mais, a ciencia política, como ao resto das ciencias sociais, teñen o problema de que o observador inflúe no fenómeno observado. Tal é así, q ue se coñece como efecto bola de neve, ao coñecemento politolóxico –ou económico- que sae publicado e consegue cambiar a conduta dos individuos. A ciencia política non é experimental pola imposibilidade de realizar probas cos obxectos de estudo (sociedades, estado, individuos...) e porque non sería ético. Por iso, a ciencia política persegue a claridade, o rigor, e a comprensión dos fenómenos sobre os que pode obter certezas razoables (LANDMAN). Cómpre distinguir entre Ciencia política empírica (como é a realidade) e teoría política normativa (como debería ser a realidade). Pero ambas reflexións compleméntanse. Destacando a faceta empírica da ciencia política, cabe falar do método científico empregado. O coñecemento politolóxico obtense a través da observación dunha parte da realidade, da que logo se xeneraliza, pois é imposible unha observación da realidade na súa totalidade. Mais, o resultado obtido debe estar suxeito a unhas regras que fagan del un coñecemento válido e fiable da realidade política. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 5 ARROW: Elección social e valores individuais. Conclúe co teorema da imposibilidade xeral ao determinar que é imposible un método da agregación de preferencias individuais que resulte satisfactorio para todos. Tanto a elección racional, como a elección pública, a teoría de xogos ou a nova economía política tratan de explicar fenómenos colectivos partindo da conduta individual que se presupón racional no sentido de que procuran maximizar os beneficios para os seus intereses. Neste enfoque a teoría de xogos é unha ferramenta importante para modelar as situacións, como o dilema do prisioneiro. A crítica sociolóxica sinala que o enfoque económico non ten en conta a estrutura social, e a psicolóxica apunta a que os individuos non actúan racionalmente sempre, senón que tamén están suxeitos a outras motivacións. Por iso, a elección racional perdeu gran parte da súa importancia, pero realizou traballos bos no comportamento electoral e na formación de coalicións ao establecer unha analoxía entre o mercado económico e o mercado electoral.  Novo institucionalismo Nos anos 90 nace este enfoque que pon as institucións como centro para a comprensión da política. MARCH e OLSEN critican ao condutismo por rexeitar ao Estado como variable explicativa, e á elección racional por facer da racionalidade un concepto utilitarista. Os institucionalistas defenden as institucións como regras formais e informais, normas e prácticas, hábitos e costumes que inflúen no proceso político macro (cultura política) e micro (sistema electoral). Neste enfoque existen dúas correntes que manteñen as institucións como elementos importantes e que teñen en conta á historia, pero abordan de diferente perspectiva a resposta de como se comportan os individuos e por que as institucións nacen e e se manteñen ao longo do tempo. Enfoque do cálculo: os individuos compórtanse así porque queren maximizar as súas metas de acordo coa información que lles proporcionan as institucións sobre o a conduta dos outros individuos. As institucións permanecen longo tempo porque son vantaxosas á acción colectiva. Enfoque cultural: os individuos compórtanse en base á interpretación que fan das situacións empregando os marcos morais e cognitivos que lles proporcionan as institucións. As institucións son creadas de forma colectiva, e resisten ás accións individuais porque elas mesmas dan a opción a reformar.  Políticas públicas Este enfoque xorde coa implantación do Estado de benestar, e defende que un politólogo non debe coñecer só a realidade política, senón que debe intentar mellorala. O seu obxectivo é explorar diferentes accións gobernamentais para enfrontarse aos problemas públicos como o desemprego, os transportes... Campos temáticos (subdisciplinas) da Ciencia Política:  Teoría Política: desenvolvemento dos conceptos políticos.  Política Comparada: análise comparativa de diferentes sistemas políticos. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 6  Institucións Políticas, Ciencia da Administración: exame das institucións políticas e o estudo da administración pública.  Comportamento Político: examina como inflúe na conduta as opinións e actitudes dos individuos.  Política Internacional: describe as relacións entre os estados e os outros actores.  Políticas Públicas: descrición de como se elaboran e aplican as respostas ás demandas de intervención pública sobre os conflitos colectivos. Resumo “Cara onde vai a ciencia política?” de Sartori O politógo italiano reflexiona sobre o camiño da ciencia pol ítica dende que naceu nos anos cincuenta do século XX na Europa Occidental, sendo el un dos seus creadores. Afirma de primeiras que pese a exercer docencia nos EEUU “non está a gusto co molde estadounidense da ciencia política actual”. Retrotraéndose aos comezos da disciplina, confesa sentirse arrepentido de “pelexar do lado da ‘ciencia’”, pero xustifícase argumentado que a etiqueta dos británicos de “estudos políticos” por entón infavaloraba o esforzo realizado e non tiña en conta a linguaxe especializada e as bases metodolóxicas propias. Sostén que el era partidario da aplicación da metodoloxía da economía, inda que non se axustase aos datos cos que traballaban os politógos. En consecuencia, critica que a implantación do modelo científico das “ciencias duras” introducido pola dominante ciencia política norteamericana, fracasou ao establecer a súa identidade. Deste xeito establece que a ciencia política non ten un “métodos do logos”, método do pensamento baseado na lóxica. Sartori oponse a que a ciencia política siga o enfoque condutista, porque esaxera; a que lle confira especial importancia aos datos cuantitativos e estatísticos, porque “estanos levando a un sendeiro de falsa precisión ou de irrevevancia”; e a que privilexie a investigación teórica a través do nexo entre teoría e práctica, pois considera que se non hai confrontación é unha “ciencia inútil”. Para el, a ciencia política tornou nun saber de inutilidade práctica, que carece de verdade, xa que “a noción de verdade é, na ciencia, unha noción pragmática. Algo é verdadeiro cando ‘funciona’”. Tamén fai fincapé na importancia de definir os conceptos, xa que delimita os significados das palabras que serven para recadar observacións adecuadas e satisfactorias; unha tarefa que ao seu parecer non se está realizando. Para xustificar o que el denomina como “analfabetismo lóxico” toma como exemplo o concepto de democracia. Finalmente conclúe que “a ciencia política estadounidense, a ‘ciencia normal’, non vai a ningún lado. É un xigante que segue crecendo e ten os pés de barro”. Por iso propón “pensar antes de contar” e “usar a lóxica antes de pensar” como alternativas á cuantificación. Resumo “Cara onde vai a ciencia política? Reflexións sobre a afirmación do profesor Sartori de que <<a ciencia política non vai a ningures>>” de David Laitin Este politólogo neoiorquino defende a ciencia política expoñendo tres traballos que afirman a “constante vitalidade intelectual da disciplina”. Estas son: a Teoría da xustiza de J. Rawls; o Teorema do votante mediano de Black; e o Proxecto comparativo de Rokkan. Recoñece tamén a existencia doutros programas de investigación, pero bástase destes para corrobar a “calidade, o internacionalismo e a importancia no mundo real” da ciencia política. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 7 A Teoría da xustiza sérvese do principio de eficiencia de Pareto como base teórica dos gobernos liberais, ao establecer que o benestar social debe basearse na distribución inicial de dereitos, garantindo as liberdades básicas e a igualdade de oportunidades. Neste senso, o tema de controversia é o multiculturalismo, pois moitos autores ven mal este universalismo. Deste xeito podemos comprobar que existe un debate sobre termos normativos da ciencia política, con implicacións para as políticas públicas. O Teorema do votante medio, do que se parte que os partidos políticos dende os extremos oriéntanse cara o centro para captar o seu voto de forma maioritaria, suscitou un amplo debate internacional que trata de responder a preguntas esenciais para a teoría da democracia como o papel dos partidos políticos, o papel dos comités do Congreso, como afecta o crecmento económico... O Proxecto comparativo que busca as causas históricas do establecemento das democracias avanza no sentido de que se inclúen novas variables (colapso do Estado, guerras civís, o azar, a igualdade económica) para a súa explicación. Polo tanto, con estes tres exemplos quere xustificar que pese a falta dun núcleo teórico da ciencia política, as súas teorías teñen dimensións normativas, analíticas e empíricas, e polo tanto configuran un coñecemento científico. Tamén quere “acalar calquera insinuación de que a disciplina é ‘estadounidense’” e poñer de relevo o seu dinamismo que nega a concepción de “disciplina con pés de barro”. Resumo: “Política para apolíticos” de Josep Mª Vallés e Ballart Estes autores contestan a dúas preguntas: “é posible unha ciencia da política?” e “De que serve a ciencia política?”. Na primeira resposta repasa os principais obstáculos que dificultan o estudo da política, pero argumenta que estas non impiden a análise rigorosa da realidade política, cuxo obxectivo –coñecer a realidade- é o mesmo ca o das outras ramas científicas. Estas dificultades son: a multicausalidade, a observación e a xeneralización das súas conclusións. Primeiro, os fenómenos políticos son complexos debido a que se explican atendendo moitos factores que se relacionan entre si, difíciles de explicar e expoñer. Segundo, os fenómenos políticos son difíciles ou imposibles de observar (“miramos o que podemos”), polo que as súas teor ías son aproximacións á realidade, pero máis fiables que unha simple opinión, inda que os conceptos politolóxicos non presenten unha definición unánime. Terceiro, as aspiracións da ciencia política de xeneralizar poden ser arriscadas, pero permiten a interacción entre os investigadores e a acumulación de coñecemento. Pero, conscientes desas limitacións, si é posible unha ciencia da política que permita solucionar os conflitos. Os autores manifestan na segunda resposta que a ciencia política non debe ser unha disciplina cientificista que se encargue de realizar coñecementos teóricos exclusivamente, senón que debe ser práctica, no sentido de que inflúa na realidade política. Non se debe aspirar á neutralidade e o metodismo, senón que é bo que a ciencia política constrúa un saber que explique a realidade e axude a solucionar os conflitos. TEMA 2: Socialización e cultura política 2.1 Socialización A identidade política constrúese a través do proceso de socialización, no que os individuos interactúan con outros individuos da súa comunidade. A socialización fai que o individuo asimile a cultura política. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 10 adoptando as seus roles a través da imitación. Isto fai que o individuo adopte un status de superioridade ou inferioridade (medicos/campesiños/xudeos/católicos/inmigrantes). Seguindo a clasificación de Sears, podemos distinguir catro modelos que serven para interpretar mellor algúns fenómenos da realidade política, segundo a continuidade ou descontinuidade da socialización na vida das persoas: a) Modelo de persistencia: persiste a socialización primaria, polo que a secundaria está condici onada pola anterior. O que se aprende máis cedo, dura máis. b) Modelo de cambio continuo: a socialización vai mudando a personalidade política en función das experiencias vividas, polo que a socialización secundaria superponse á primaria. c) Modelo do ciclo vital: algunhas actitudes e valores aprendidas poden verse alteradas polos cambios nas circunstancias vitais. d) Modelo xeracional: parte da persistencia, pero concede importancia ás experiencias sociopolíticas como factores de condicionamento da socialización secundaria. A socialización tense en conta para a explicación da identificación partidista, sostendo que os valores e orientacións cara os partidos instruídos polas familias na infancia son os cimentos sobre os que se cimenta a formación política do individuo. Porén, algunhas críticas aduciron que a familia non é o único axente, e que a lealdade cara os partidos depende do contexto. Por exemplo, en Estados Unidos si que ten máis importancia a identificación partidista, pero en Europa, cobra máis relevancia o eixo ideolóxico esquerda-dereita. 2.1 Cultura política A ciencia política nos seus primeiros traballos de investigación como disciplina científica, superpoñían a perspectiva individual (Rational choice) ou de clase (marxista) para entender os fenómenos políticos, supeditando os valores sociais que condicionan aos individuos dunha mesma sociedade. Hutington quixo dar un empuxe á perspectiva sociocultural “a cultura importa”. Deste xeito, a socialización política non transmite só un conxunto de valores e orientacións que determinan o comportamento político, senón que a acción política tamén está predeterminada polas normas culturais que configuran a estrutura social dunha sociedade. Polo tanto, como dicía Inglehart “a cultura non é soamente reflexo da economía, senón que pode condicionar a vida política e económica”. As orixes dos estudos sobre a cultura política remóntanse aos anos 50, no marco do enfoque behavioralista, que comeza a empregar o concepto de forma sistemática. Porén, o seu significado non tiña unha delimitación clara, polo que a súa polisemia requiría dunha precisión. Glenda Patrick distinguiu catro tipos de definicións:  Obxectiva (Easton): crenzas, normas, valores e concepcións da autoridade que definen as condutas aceptables dentro dun sistema político.  Psicolóxica (Almond, Verba): conxunto de orientacións psicolóxicas cara obxectos políticos que predominan nos membros dun sistema político.  Heurística (Pye): construción teórica hipotética que debe ser contrastada empiricamente. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 11  Comprehensiva (Fajen, Tucker): elementos actitudinais, comportamentos implícitos e explícitos dos cidadáns. Elementos fundamentais da cultura política: A cultura política componse dunha serie de actitudes estruturadas nun todo coherente de crenzas básicas. Fenómeno de carácter colectivo que se refire ás crenzas e valores básicos que predominan nunha sociedade. Deste xeito as opinións e actitudes individuais non teñen importancia, se non se entenden como manifestación da cultura política. A cultura política atangue á cidadanía. Ex: Como valora é a relación entre o poder e os cidadáns, cal é o seu papel político, como xulgan aos representantes... Recollendo unha definición que sintetice isto podemos establecer que a cultura política é o conxunto de actitudes, valores, crenzas e avaliacións da cidadanía respecto ao sistema político que condiciona o comportamento político. 2.3 Cultura política en Almond e Verba A mediados do século pasado ás ciencias sociais presentáronselle unhas cuestións relacionadas co contexto histórico, no que triunfaran os totalitarismos e se producira unha guerra mundial (1939-1945). Por iso a súa tarefa foi desvelar por que nos países con culturas democráticas se acabara impoñendo ese tipo de réxime e cales eran os fundamentos culturais que ocasionaran a descolonización e os problemas sociais e económicos. Por iso, en 1963 os politólogos Almond e Verba levaron a cabo o seu estudo sobre a cultura política en relación á estabilidade democrática. Resumo de “A cultura política” Almond e Verba introducen o seu “estudo sobre a cultura política da democracia e as estruturas e procesos que a sosteñen” preguntándose “cal será o contido desta nova cultura mundial” referíndose ao efecto da globalización, froito da tecnoloxía e modernidade, como superación das barreiras culturais. Porén, cre que entre a racionalidade e a autoridade se forxa unha cultura de participación, na que o individuo é importante dentro do sistema. A cuestión radica no modo de participación dentro do Estado moderno, aducindo que pode ser como “cidadán influínte” ou “súbdito participante”. Sosteñen que o modelo democrático do Estado aparte das institucións como o sufraxio universal, os partidos políticos ou a lexislatura electiva, debe incluírse unha cultura política congruente con ela para que aporte estabilidade. Pois os elementos institucionais poden darse nun réxime totalitario, pero este será inestable se a cultura política da sociedade difire oriéntase negativa cara ese sistema. Por iso, inda que unha nación se deixe levar polas innovacións científico-tecnolóxicas, estará influída tamén pola súa cultura. Para os autores a cultura cívica, a cultura propicia para unha democracia estable é aquela que combina a cultura humanística (tradicional) coa científica-técnica (moderna). Por iso, esta xurdiu en Inglaterra como froito da conxugación da modernización co tradicionalismo, estando a cultura nunha posición intermedia entre a polarización. Inglaterra, a diferenza de Europa, tiña unha monarquía cun poder máis limitado, posto que a aristocracia interviña tamén nas decisións políticas, e ademais a política estaba segregada da Igrexa, permitindo a tolerancia de credo. Deste xeito, nace no século XVII unha cultura nin tradicional nin moderna, que permite o cambio pero que o modera, que permite a diversidade pero tamén o consenso. Unha cultura Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 12 aurea mediocritas. Polo tanto, o sistema máis proclive para unha democracia estable é unha cultura híbrida que propicie un sistema parlamentarista de representación, cunha burocracia responsable e neutral, con partidos políticos e grupos de interese. Unha forma de convivencia entre a modernidade e o tradicional. Dise tamén que esta cultura híbrida participa no sistema político de Estados Unidos pero con outras estruturas, xa que era un Estado novo que carecía de tradición. Porén, no resto de países occidentais, os sistemas democráticos ciméntanse sobre diferentes versións da cultura política. Así, mentres os escandinavos, Holanda e Suíza teñen unha cultura de compromiso e adaptación, en Italia, Francia e Alemaña a súa cultura quédase nunha simple aspiración á infraestrutura democrática. Se delimitamos as características da democracia dende unha perspectiva económica, poderíamos establecer que nelas existe un grao maior de industrialización, urbanización e alfabetización, pero estes trazos son compartidos por outros países con democracias inestables como Alemaña e Francia, e países totalitarios como Cuba. Pero se acudimos ás introspeccións doa psicoanálise, de acrodo con Lasswell, estableceríamos que un “demócrata” é aquel que comparte valores comúns, é máis solidario ou ten maior confianza noutros individuos. Porén, isto non nos garante estar ante unha democracia en si. Os autores afirman que o seu “estudo acabará coa especulación e ofrecerá posicións exactas dunha teoría completa da democracia”, para o que se servirán dos modelos de Estados Unidos, Gran Bretaña, Alemaña, Italia e México. Deste xeito, afástanse das investigacións politolóxicas enfocadas exclusivamente na democracia estadounidense. Almond e Verba comezan a súa teoría dicindo que “a cultura política dunha nación consiste na particular distribución entre os seus membros das pautas de orientación cara os obxectos políticos”, isto é “cando falamos da cultura política dunha sociedade, referímonos ao sistema político que informa os coñecementos, sentimentos e valoracións da súa poboación”. Dentro das orientacións distinguimos tres tipos: orientación cognitiva, coñecementos e crenzas; orientación afectiva, sentimentos; orientación avaliativa, xuízos e opinións. Estas orientacións ou actitudes son referidas aos obxectos políticos que son: estruturas (lexislativos, executivos); titulares dos roles (monarcas, lexisladores); e as decisións (imposicións e medidas políticas). Os obxectos políticos tamén poden ser clasificados en inputs (proceso político que recolle as demandas da sociedade e a súa conversión en principios gobernativos de autoridade: partidos políticos, grupos de intereses e medios de comunicación) ou ouputs (proceso administrativo mediante o que son aplicados os principios de autoridade do goberno: burocracias, tribunais). As orientacións tamén son referidas a un mesmo como elemento político activo. Sistema político xeral Inputs Outputs Un mesmo como obxecto Cognición Afecto Avaliación “A cultura política constitúese pola frecuencia de diferentes especies de orientacións cognitivas, afectivas e avaliativas cara o sistema político en xeral, os seus aspectos políticos e administrativos e a propia persoa como membro activo da política”. Deste xeito identificamos tres tipos de cultura ideais:  Cultura política parroquial: Cultura tradicional que soe atoparse nas tribos ou gobernos locais autónomos onde non hai case orientacións, xa que os individuos teñen unha vaga referencia sobre o sistema político ou ignoran a súa existencia. Poden chegar a recoñecer unha autoridade política ou relixiosa, pero rexeitan as organizacións máis complexas que as familias os clans. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 15 Perspectivas teóricas na análise da participación política A partir dos anos 50 comeza a estudarse a participación política, pero se ben ao comezo era tratada dende unha perspectiva convencional que só aceptaba as formas de partici pación institucionalizadas, logo foi avanzando até recoller máis modalidades de participación. BARNES e KAASE fan unha tipoloxía de perfís do actor político gradual atendendo as formas ás que recorre:  Inactivos: abstéñense de toda acción política que non se identifican con ningunha ideoloxía, e como moito infórmanse de política na prensa.  Conformistas: realizan os seus obxectivos mediante formas convencionais.  Reformistas: empregan formas convencionais pero ás veces empregan as non convencionais (manifestacións).  Activistas: poden adoptar formas ilegais de participación política. Seu perfil é dun home máis novo e máis instruído que un reformista.  Contestatarios: empregan exclusivamente, ou case, a participación non convencional. Definición de participación política: Modalidades e formas de participación A participación é plasmar en feitos e en actividades os valores e as actitudes que se reflicten na cultura política dunha sociedade, e que se pode efectuar en calquera sociedade. As modalidades de participación poden ser convencionais ou non, pero esta clasificación é polémica porque as formas non convencionais inclúen novas formas de participación política que politizan cuestións sociais apartadas do sistema. A participación política non se entende só no seo das institucións do Estado e na representación, senón que se inclúen novos espazos como as escolas, os centros relixiosos, ONGs... Esas novas formas da “periferia do sistema” son levadas a cabo polos máis novos. A clasificación é como segue:  Convencional: participación tradicional (axustada aos valores e normas sociais) e legal, estimulada polas institucións do Estado xa que non forman parte do sistema político. As formas convencionais de facer política poden ser: o Relacionadas co proceso electoral: votar, seguir a campaña electoral a través dos medios ou presencialmente, financiar a campaña, persuadir a outros para orientar o voto, presentarse como candidato ou apoiando na campaña a un candidato. o Relacionadas coa creación de opinión: informarse da política a través dos medios, debater cuestións políticas, participar nos medios de comunicación expresando opinións. o Relacionadas co contacto con institucións e autoridades: enviar mensaxes de apoio ou protesta ás autoridades e institucións, solicitar entrevistas coas autoridades para informar dos problemas, firmar peticións, colectivas para reclamar algunha actuación pública. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 16 o Relacionadas coa mobilización política organizada: participar en manifestacións autorizadas, participar en grupos ou movementos para resolver problemas locais, afiliarse a partidos ou organizacións, contribuír economicamente coas organizacións ou coas causas.  Non convencional: actividades máis recentes que aspiran á transformación do sistema ou á posta en cuestión dalgunha das súas estruturas, e que ao non ser auspiciadas polo Estado, son ilegais. Estas formas de participación soen ser actividades de protesta realizadas por individuos que non teñen confianza nas formas de participación convencional. o Diversa índole: actos de resistencia pacífica, obxección de cumprir obrigas legais (obxección fiscal, de conciencia...), emprego da violencia. o Actos de expresión física ou cultural: folgas de fame, peches, reunións festivas o Obstrución de actividades alleas: piquetes informativos, corte tráfico, sentadas, ocupacións, boicots o Pintadas de protesta e reivindicacións en espazos públicos o Manifestacións ilegais, cadeas humanas Modalidade convencional: o voto Esta forma de participación é a máis importante porque ten a capacidade de transformar a composición e os obxectivos do poder político. É a máis empregada de todas, inda que presente unha tendencia decrecente, a máis estudada, e considerada a forma democrática por antonomasia. O voto é o símbolo de vinculación do individuo coa comunidade, pois expresa a súa decisión, e agregando todos os votos, convértese nun feito colectivo. As súas funcións son:  Produción de goberno: selecciona aos que van ocupar os postos de autoridade nas institucións nos distintos niveis da administración, polo que constitúe un mecanismo de entrada (voto prospectivo) e de saída (voto retrospectivo) dos representantes políticos. A través do voto non só se elixen aos que se encargarán do goberno, senón que escollen as pautas ideolóxicas e as formas de xestionar o goberno.  Produción de representación: delega as demandas e aspiracións dos electores nos elixibles para que estes satisfagan as súas vontades na acción institucional. Desta forma escóllense a aqueles que se consideran os mellores para a súa representación. Mais isto non implica que os representantes sexan delegados dos votantes, senón que teñen autonomía para obrar no beneficio colectivo, segundo consideren eles. Deste xeito, fronte ao mandato imperativo, existe o mandato representativo.  Produción de lexitimidade: a través das eleccións outórgase autoridade a unhas determinadas forzas políticas (goberno e oposición) que todo o mundo acepta, incluso non sendo favorable á opción política gañadora. A aceptación das regras electorais supón acatar obediencia ao poder lexítimo. O voto serve como índice de participación política a través das eleccións. Deste xeito, cando a cidadanía percibe eleccións de cambio, a participación electoral aumenta, mentres que cando percibe que o partido do goberno volverá a ganar, a participación diminúe. Os niveis de votación e abstención poden ser indicadores da confianza dos cidadáns co sistema político. Polo xeral a abstención é símbolo do desinterese ou distancia entre a cidadanía e institucións, que constitúe un Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 17 problema para a democracia. Porén, os niveis altos de participación electoral non significan que á cidadanía lle agrade o sistema. Véxase o caso de Italia. Algunhas das preguntas que se fai a ciencia política son se se debe estimular a participación electoral e de que maneira. Dende o punto de vista normativo a participación electoral favorece a lexitimidade do sistema político, pois implica o apoio ao sistema. Tamén favorece a igualdade, pois é unha forma de participación accesible a todos (sufraxio universal) independentemente das características particulares, que constitúe un dereito político básico e garante o anonimato e a liberdade. Tipo de perfil de votante son: Xénero: As pautas culturais tradicionais fixeron que os homes participasen máis en política, pero esa desigualdade está diminuíndo. Idade: Canto máis novo, menos participación electoral se exerce, polo que os que máis participan a través das urnas son os anciáns. Nivel de instrución: A maior educación, maior comprensión do sistema e da interpretación das opcións políticas, polo que máis participación. Status social e profesional: A maior status e renda, máis participación electoral. Novas oportunidades de participación política e críticas ás formas non convencionais Pódense destacar novas áreas para a democracia participativa (Warren): • Globalización: A cidadanía dun Estado vese afectada por procesos globais (mercados, interdependencias, políticas internacionais...), polo que xunto ás novas formas de comunicación, abren novos campos de participación, denominado “consumerismo político” (Lance, Micheletti, Stolle), que se materializa a través das formas de participación non convencional (boicots, recollidas de sinaturas...) realizadas por novos actores, cuxos efectos rexístranse no consumo. • Democracias plurais: A complexidade das actuais sociedades lévanos á diferenciación de sectores, que comparten intereses e obxectivos. Beck dicía que as sociedades de “risco” (pesticidas, contaminación...) levaban a que se producise unha maior mobilización política especializada en novos temas. Tal e como asegura Dalton, rómpese a noción dun único espazo público coa aparición de públicos especializados. Isto lévanos a que cada vez, máis individuos da sociedade decidan participar en política a través doutros medios, que se afasten dos convencionais, por consideralos ineficaces. Polo tanto, estes novos medios non deben ser entendidos como formas non convencionais, senón “posconvencionais”. As críticas que se lle fan a estes novos medios relaciónanse co voto, considerado as formas posconvencionais como “desigualdade participativa”, no sentido de que mentres que o voto supón a igualdade entre todos os seres humanos, as formas non convencionais son levadas a cabo por aqueles cidadáns cun maior nivel de instrución ou maiores recursos económicos. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 20 Pluralismo político competindo en condicións de igualdade. Celebración de comicios periódicos, con ausencia da fraude, manipulación e coacción, mediante a neutralidade na organización do proceso electoral. Posición social e voto: teoría dos cleavages (Resumo “Comportamento político e electoral” de Anduiza e Bosch) A teoría dos clivaxes explica que os individuos votan a un partido determinado como consecuencia da pertenza a unha determinada posición dentro da estrutura social. Polo tanto, as circunstancias persoais do individuo condicional a súa maneira de ver o “mundo, a política e as eleccións”. Foi formulada pola escola sociolóxica do comportamento electoral, que consideraba máis importante coñecer os partidos, o sistema de partidos e a súas causas, antes que coñecer que partido votan os individuos. A explicación de por que un sistema de partidos é tal e como é reside na historia, sendo o resultado da existencia dos clivaxes que se producen en cada contexto. Un clivaxe é unha división estrutural da sociedade en dous bandos opostos, cuxa división é sentida polos individuos, facendo que dependendo da posición de cada un, se configuren uns aliñamentos entre os bandos, dos que se nutriran os partidos políticos. Cabe destacar dous aspectos desta definición: a posición dentro da estrutura débese a factores alleos a súa vontade ou ideoloxía; e a división da estrutura debe estar fortemente sentida para crear os aliñamentos e os seus partidos correspondentes. Deste xeito deducimos dúas derivacións: unha normativa e unha organizativa. A primeira enténdese como o desenvolvemento dos valores políticos que identifican aos bandos, e a segunda como a creación dos partidos políticos que tratarán de defendelos. Esta relación causal (posición social -> valores -> partido político) non debe entenderse como determinista e ineludible, senón que hai que entendela como probabilística e ter en conta que non en todos os casos se produce esta hipótese. Entre os séculos XVI e XIX prodúcense tres fenómenos que dan pé a implantación dos clivaxes nas estruturas sociais occidentais. Fito histórico Conflito xerado Clivaxe Reforma protestante Católicos vs. Protestantes De denominación relixiosa Formación do Estado-nación Súbditos do Estado vs. Súbditos da Igrexa Comunidades vs. Comunidades De orixe Centro dominante vs. periferia Revolución indusrial Terratenentes rurais vs. Industriais urbanos Burguesía vs. traballadores De clase social A formación dos partidos modernos radica na fragmentación das sociedades en varios bandos, producindo cadansúa cultura e cadanseu partido político. Polo tanto os partidos políticos representan un bando dun Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 21 clivaxe. Isto explica, que atendendo á posición social que ocupe o individuo na estrutura, votará ao SEU partido de forma automática.  Clivaxe de clase social: voto de clase A estrutura divídese atendendo á clase social de forma dicotómica, de tal xeito que un bando representa a clase social alta (burguesía) e o outro a clase social baixa (proletariado). Seguindo a teoría dos clivaxes, un obreiro votará a un partido obreiro, mentres que un burgués votará a un partido burgués. Porén, cabe destacar a perda da potencia do clivaxe de clase en toda as socie dades occidentais, se ben inda pode causar efectos en países como Reino Unido, Dinamarca e os escandinavos. As causas da debilitación do voto de clase son: a) o voto obreiro cada día é menos automático, debido á distorsión da súa imaxe tradicional e á mobilidade social e ocupacional; b) as diferenzas entre clases reducíronse, de tal xeito que os proletarios adquiriron unha mellor calidade de vida e un estilo de vida aburguesado, e algúns burgueses proletarizáronse; c) aparición da clase media como froito da extensión do sector servizos, que produciu mellores condicións económicas e laborais, así como niveis máis altos de estudo. Ao non ser esta nova clase social nin burguesía nin proletariado, non manifesta os mesmos aliñamentos; d) os tradicionais partidos de masa viraron partidos catch-all ao apelar aos intereses de todas as clases.  Clivaxe de denominación relixiosa Pódese entender de dúas formas dependendo da sociedade na que nos atopemos: Denominación relixiosa: xeralmente enténdese como á pertenza do individuo a unha comunidade definida relixiosamente. Esta versión dáse na maioría das sociedades occidentais, ao convivir nelas diferentes comunidades. Neste senso, o votante votará a aquel partido que mellor encaixe cos seus intereses. Deste xeito, obsérvase unha regularidade universal que confirma o aliñamento das maiorías relixiosas cos partidos conservadores defensores do status quo, mentres que as minorías alíñanse cos partidos máis transformadores. Deste xeito temos que os cristiáns votan conservador en Alemaña, pero progresista en Estados Unidos. Relixioso: prodúcese nas sociedades homoxéneas nas que predomina unha única relixión, referíndose ao grao de integración do individuo coa rel ixión. Isto non implica a fragmentación en base aos valores, senón ao seguimento das actividades relixiosas. Os países nos que se dá con maior intensidade esta versión de clivaxe son os latinos, os escandinavos e Xapón. A materialización máis importante deste clivaxe faise naqueles países que desenvolveron partidos democristiáns, como Italia, Bélxica, Holanda, ou en menor medida España, que a súa vez reforzan a fragmentación. Con todo, este clivaxe segue presente naqueles países de composición diversa: EEUU (protestantes, católicos, xudeus); Alemaña (católicos e protestantes); India (hindús e musulmáns); Sueste asiático (cristiáns maronistas, católicos, ortodoxos...); Inglaterra (anglicanos, protestantes e católicos). Pola contra, nos países homoxéneos, a secularización fai que perda intensidade, na medida de que só condiciona aquelas persoas que máis integradas se sintan na comunidade relixiosa, que cada vez son menos.  Clivaxe de orixe Atendendo ao tipo de sociedade, atopamos catro versións: Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 22 Orixe nacional (Bélxica): versa sobre a confrontación de dúas identidades nacionais diferentes: flamencos (Flandes, cultura xermánica, neerlandés) vs. Valóns (Valonia, cultura francesa, Francés). Tamén se dá noutras nacións como Gales, Escocia, Irlanda do Norte, Bosnia, Afganistán, Euskadi e Cataluña. Nestes dous últimos a inmigración contribuíu á fragmentación. As dificultade para identificar este tipo de clivaxe é a toma dun indicador, que ben pode ser a lingua, o lugar de nacemento ou a identificación individual. As súas consecuencias electorais aprécianse en Bélxica, lugar con este tipo de clivaxe máis forte do mundo. Alí, existen partidos valóns e partidos flamencos, feito que provoca que os partidos que rexistran altas porcentaxes de voto nunha orixe non teñan ningunha procedente dos cidadáns da outra orixe. Os aliñamentos políticos deste clivaxe tamén se producen en Cataluña e Irlanda do Norte. Orixe étnica (Estados Unidos): á excepción do continente europeo, nas outras partes do mundo existe unha gran diversidade étnica convivindo nas mesmas sociedades. Isto orixina que en Estados Unidos as minorías hispanas, negras e asiáticas se aliñen co Partido Demócrata. Orixe rexional/centro-periferia (Mediterráneo): existe unha división entre as rexións do centro e as da periferia. En Portugal e Italia a zona do norte é máis rica ca a do sur, por exemplo. Porén España constitúe un caso especial, no que non hai acordo para clasificar o clivaxe de orixe, pois tamén se pode entender como un caso de orixe nacional. Mais neste caso, pode comprobarse que este clivaxe afecta a outras comunidades, facendo que existan aliñamentos con partidos rexionalistas. Orixe urbano/rural (Escandinavos): En Noruega, Suecia e Finlandia é moi potente este clivaxe, orixinando que existan partidos urbanos e partidos rurais. Independentemente da versión que se tome, o clivaxe de orixe maniféstase xeograficamente, polo que é posible elaborar mapas de implantación cos que visualizar este clivaxe. Neles podemos apreciar como certos territorios son “feudos” de certos partidos. Isto explícase por dous motivos: ou ben os individuos posicionados nun bando inflúen na orientación do voto dos individuos do outro bando; ou ben os individuos en minoría nun territorio abstéñense.  Outros clivaxes Os anteriores clivaxes son ideais, no sentido de que non se presentan de forma pura, pois decotío soen combinarse de forma diferente: Superposición: os individuos que se sitúan nun bando dun clivaxe son os mesmos que se sitúan no bando doutro clivaxe. Por exemplo en Irlanda do norte o clivaxe de denominación relixiosa coincide co de orixe nacional, orixinando partidos de católicos autóctonos ou de protestantes inmigrados. Polo tanto o efecto no voto é similar a como se só houbese un clivaxe. Xustaposición: existen dous clivaxes que non coinciden, polo que se fractura máis a sociedade. É o caso de Holanda, onde o clivaxe de denominación relixiosa non coincide co de clase, de tal xeito que existe maior oferta política. Normalmente, sempre acaba pesando máis o efecto dun clivaxe sobre outro. Contradición: o individuo pode aliñarse cun partido por efecto dun clivaxe, e con outro por efecto doutro clivaxe. Esta situación é óptima para a formación dun partido novo, convertendo a situación nun clivaxe de xustaposición. Nesta situación atópanse os árabes israelitas, que ou deben votar a un Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 25 A clasificación dos grupos de interese é difícil pola súa gran variedade e pola reticencia dalgúns a mostrarse como tal. Mais podemos clasificalos a partir dos intereses que representan (Vallés): Esfera económica: patronal, sindicatos, organizacións de consumidores, colexi os profesionais, asociacións de comerciantes, agricultores. Esfera social: asociacións veciñais, organizacións familiares, asociacións xuvenís, colectivos de mulleres ou afectados por calquera causa (PAH). Esfera cultural: confesións relixiosas, entidades promotoras da lingua, do patrimonio natural, da natureza... Esfera política: colectivos a favor dos dereitos humanos (LGBT), de apoio a causas internacionais, da abolición da pena de morte, do terrorismo (AVT)... Outra clasificación que poderiamos facer sería: Grupos de presión asociativos: grupos temáticos que xurdiron para representar os intereses acerca dun tema concreto (PAH, AVT). Grupos de presión institucionais: grupos que representan a institucións consolidadas (UGT, CEE) Grupos de presión informais: que carecen de estrutura formal, pero apoian unha causa (Sinaturas recollidas en plataformas como Changue.org) Os métodos da acción colectiva dos grupos de interese son moi variados, mais todos teñen a finalidade de influír na política. Agrupamos as súas actividades en catro categorías:  De persuasión: transmisión de información e documentación (entrevistas, publicidade, informes...)  Económicas: financiamento, agasallos ou mecenado  Xurídicas: vía legal (interposición de recursos legais, obxeccións fiscais, trámites institucionais)  De intimidación e coacción: son aqueles procedementos que extorsionan (fuga de capitais, ocupación, interrupción do desenvolvemento institucional, ameazas, violencia, terrorismo...) Arendt Lijphart clasificou dous sistemas, segundo a forma de representación dos grupos de interese:  Pluralismo: promove a liberdade de asociación, facendo posible que a cidadanía se reúna para a defensa dos intereses compartidos. Neste modelo existe competencia pola influenza, de tal xeito que os grupos de interese posicionados sobre a mesma cuestión compitan para gañarse o favor dos políticos. Soe darse en países como EEUU, con democracias maioritarias, nas que a esfera económica ten máis relevancia.  Corporativismo: non existe a liberdade nin a competencia, xa que os grupos de interese son concertados polo poder público para a discusión do tema que os vincula. Neste senso, os representantes dos grupos de interese reúnense cos representantes políticos para sacar políticas en común. Por iso, son normais as negociacións tripartitas (Goberno, patronal, sindicatos), ou as Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 26 entrevistas dos líderes dos grupos de presión cos gobernantes. A regularización pública deste sistema fai que sexa máis opaco e menos plural. Este sistema suscitou a atención de moitos investigadores, existindo teorías acerca do seu éxito ou declive, e as distintas formas de corporativismo. Movementos sociais Tarrow definiu os movementos sociais como “desafíos colectivos expostos por persoas que comparten obxectivos comúns e solidariedade nunha interacción mantida coas elites, os opoñentes e as autoridades”. Ampliando un pouco máis esta definición podemos dicir que son grupos de persoas con reivindicacións comúns dirixidas ao poder político, creando unha identidade colectiva caracterizada por uns obxectivos e uns medios compartidos. Os movementos sociais diferéncianse dos grupos de interese ou dos partidos políticos por carecer dunha organización formal e estable, xa que nacen nunha conxuntura temporal, aglutinando diversas plataformas. Niso reside unha das súas esencias, pois os integrantes dos movementos soen estar descontentos coa representación política e buscan a súa soberanía. As formas máis comúns de canalizar as súas protestas son as folgas, as manifestacións, os boicots, os actos en contra das autoridades públicas, e toda aquela acción que busque a repercusión mediática para gañar adeptos. Os enfoques que estudan os movementos sociais seguen estratexias de análises do nivel interno (centradas na súa estrutura, simboloxía e discurso); estratexias de análises do nivel externo (vinculación cos outros actores políticos, centrase na EOP); estratexias de anál ise do impacto e rendemento (os resultados). Como froito do descontento cidadán co stablishment, xorden os movementos sociais nos momentos de estrutura de oportunidade política. Este concepto refírese aos factores contextuais que fomentan ou desalentan a acción colectiva. Tarrow considerábao como o “cando” e o “porqué” do movemento. A EOP percíbese a través das dimensións (accesibilidade ás institucións, posicionamento das elites políticas, alianzas potencias dos movementos, conxuntura internacional favorable). Os marco cultural no que se desenvolven os movementos adoita estar influído pola solidariedade (capital social) e pola construción de discursos alternativos que mobilizan ás persoas en busca de novos valores, que se atopan nos movementos. Podemos clasificar os movementos atendendo á: estruturación (horizontal, informal, redes); discurso (transversal ou temático); ámbito de intervención (convencional, non convencional); orientación ao poder (cambio, enfrontamento, aliñamento); recursos (símbolos, membros comprometidos, alternativas). Seguindo a tipoloxía de Sztompka, poden ser movementos reformistas, modificación puntual (antiabortista); radicais, cambios máis profundos (dereitos civís); ou revolucionarios, cambio na estrutura social (nacionalismo, comunismo) Gamson estableceu que o discurso debe incidir en tres aspectos esenciais: a inxustiza (un colectivo séntese en situación de inferioridade); a identidade (desenvolver o sentimento de pertenza) e a eficacia (nas súas accións está a eficacia da consecución dos seus obxectivos. Existen varias fases que conforman o ciclo da acción colectiva: fase de mobilización, fase de conflito e difusión;, fase de desmobilización, fase de esgotamento (institucionalización, desgaste, fraccionamento), e fase de canalización. Daniel Regueiro Varela C. Política: Actores Página 27 TEMA 6: Partidos políticos Existen múltiples definicións acerca deste concepto tan empregado día a día e tan importante para a ciencia política. Por iso, Katz propón recoller o seu significado en tres características: a)exhibe unha conduta de g rupo e quipo, con intereses comúns; b) está orientado cara as institucións, sendo os protagonistas do poder político; c) a súa lexitimidade fundaméntase no éxito electoral. Deste xeito podemos distinguir tres dimensións: organización de membros voluntarios, dende a base da militancia até a cúpula directiva; organización de goberno, ostenta cargos públicos e parlamentarios; organización burocrática, posúe unha estrutura vertical. As súas orixes como organizacións formais remóntanse ao século XIX, cando pasan de ser “faccións” con intereses sectarios, a partidos políticos como canalización da soberanía. Dende a teoría política, dous son os enfoque que explican as súas orixes, de forma complementaria: • Os factores institucionais: 1) a parlamentarización fai que xurdan grupos parlamentarios que establecen conexións permanentes (Duverger) e que o goberno recaía nos partidos (Sartori). 2) a extensión do sufraxio (Epstein) 3) leis de liberdade de asociación, reunión e expresión (Scarrow). • Os factores sociolóxicos: os partidos contemporáneos son a consecuencia dos clivaxes (Lipset e Rokkan). A identificación dos modelos de partidos políticos asúmese como tarefa difícil para a ciencia política, debido a que son poucas as pautas universais que se poden atopar e a pouca claridade na terminoloxía. Porén, podemos distinguir catro tipos ideais que se entenden como progresión evolutiva:  Partidos de notables: o partido de notables baseábase na importancia de líderes que inspirasen confianza persoal, xa que a súa elección dependía dos contactos persoais. Ademais eran só políticos aqueles cuxas rendas llelo permitían. Cando se estendeu o sufraxio, transfigurouse no partidos de masas.  Partidos de masas: profesionaliza a política, ao considerala como fonte de ingresos para os individuos adicados a ela. Os individuos perden a súa autonomía, xa que deben acatar as ordes da estrutura organizativa. Cobra importancia a afiliación, o adoutrinamento e o financiamento.  Partidos catch-all: xorden despois da II Guerra Mundial. Trátanse de partidos que perseguen o éxito electoral intentando acaparar o electorado, polo que a súa ideoloxía é moi ampla e engloba varias tendencias. Está aberto aos grupos de interese, pois recibe deles o financiamento, e aos outros grupos sociais. Os políticos teñen coñecementos máis técnicos.  Partidos cártel (Katz e MairI: son axentes que se crean nos anos setenta, que dependen do estado a través do financiamento público e control dos medios de comunicación públicos. Á vez configuran u sistema político de difícil acceso a novas formacións, polo que a competencia electoral está máis limitada. Os sistemas de partidos refírense ao tipo de interaccións (competición ou cooperación) que existe entre os partidos políticos. Depende das leis electorais e dos clivaxes. Podemos clasificar os sistemas atendendo ao número de partidos: sistema de partido predominante, sistema bipartidista, sistema multipartidista entre tres e cinco partidos, sistema multipartidista con máis de cinco partidos. Neste ámbito é importante o aporte de
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved