Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

La Nova Narrativa Galega: Características, Autores y Obras Representativas - Prof. 198, Apuntes de Contabilidad

La nova narrativa galega (nng) fue un movimiento literario galego en los años 50. Jóvenes escritores con formación universitaria y conocedores de la literatura europea y americana, incorporaron nuevos temas y técnicas narrativas. Su intención innovadora se ve reflejada en la mezcla de realidad y mundo fantástico, la exploración de situaciones extrañas y opresivas, y la presencia del sexo y la violencia. Destacados autores de la nng son Xosé Luís Méndez Ferrín y Carlos Casares.

Tipo: Apuntes

2013/2014

Subido el 20/02/2014

diego007
diego007 🇪🇸

3.5

(39)

46 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga La Nova Narrativa Galega: Características, Autores y Obras Representativas - Prof. 198 y más Apuntes en PDF de Contabilidad solo en Docsity! 3. A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas. Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega , xorde un grupo de mozos que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras, do mesmo xeito que os homes do grupo Nós supuxeran un achegamento ás novas tendencias culturais de Occidente, son os integrantes da Nova Narrativa Galega. Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, mais úneos a súa formación universitaria, con claras inquietudes galeguistas, viaxeiros por Europa e coñecedores da literatura europea e americana. No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. CARACTERÍSTICAS: A) No relativo ao argumento, ao tema: •Abandono do antropocentrismo. -Localización espacial imprecisa, sen identificación física. •Ambientes urbanos. -Ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país, que só se albiscan nun segundo plano en clave simbólica. -Mestura de realidade e mundo fantástico, onírico. -Exploración de situacións estrañas e opresivas, nos límites do absurdo. -Presenza do sexo (escasamente apreciable na literatura anterior) e da violencia, que moi frecuentemente leva emparellada a morte. B) Formais: • Monólogo interior. • Distorsión temporal, botando man da retrospección ou "flash-back", da técnica de montaxe de diferentes planos con independencia do curso lineal en que se sucedan, ou da ralentización de acontecementos, como a cámara lenta do cine. • Pluralidade de voces narrativas, que se alternan e superpoñen, mesturando ás veces as persoas gramaticais. • Enfoque obxectalista no que o narrador non rexistra máis que os feitos que percibiría unha cámara. O corpus da NNG abrangue unhas vinte obras publicadas entre 1954 (Nasce un arbre, de Gonzalo R. Mourullo) e 1971 (Adiós, María, de Xohana Torres) O autor máis destacado é XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938), cunha obra moi extensa e moi relacionada entre si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con forte presenza de violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica. Nela podemos destacar tres etapas: -Nova Narrativa Galega: 1961-1971. Predominio da técnica experimental sobre o interese argumental. Tematicamente, trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do existencialismo. O crepúsculo e as formigas (1961) é un conxunto de relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario. Pero o máis importante vai ser a violencia para mostrar situacións de opresión e miseria, é dicir, para mostrar unha realidade. A violencia, que forma parte do absurdo da existencia, prodúcese en seres atormentados e nun espazo escuro que semella ser o culpábel. Na novela Arrabaldo do norte (1964), sen seguir ningún modelo francés determinado, vese que hai unha forte vontade tecnicista (técnica obxectalista), superpondo a estrutura narrativa ao interese do relato. Presenta un home incapacitado para a comunicación, con diálogos inútiles, que anda perdido polas rúas á procura dun cambio na súa vida que non dá conseguido. As outras dúas etapas posteriores están xa fóra dos límites da NNG: -Segunda etapa: 1971-1980. Maior riqueza temática e omnipresencia da preocupación política. -Terceira etapa: a partir de 1980. Caracterízase por unha volta á fantasía e ás recreacións míticas e maior preocupación estilística, con Tagen Ata -Galiza- entre fábulas imaxinarias que encerran unha denuncia social Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi CARLOS CASARES (Ourense, 1941- Vigo, 2002), pero as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. Nesta corrente inscríbense o libro de relatos Vento ferido (1967) e a novela Cambio en tres_(1969). A súa prosa posterior é (tal como defendía Castelao) sinxela pero moi traballada, para resultar natural e interesar a un amplo número de lectores.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved