Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Apuntes Multilingües - Curso 2016/2017, Apuntes de Ciencias de la Educación

Asignatura: Enseñanza y Aprendizaje de Lenguas en contextos Multilingües, Profesor: Bieito Bieito, Carrera: Educación Primaria, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 17/06/2017

noelia_delgado9768
noelia_delgado9768 🇪🇸

4

(24)

7 documentos

1 / 15

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Apuntes Multilingües - Curso 2016/2017 y más Apuntes en PDF de Ciencias de la Educación solo en Docsity! Noelia Delgado Herbella – Curso 2016 / 2017 – CLE_01 Ensino e aprendizaxe de linguas en contextos multilingues. 1.- Globalización e diversidade lingüística como valor:  Ex.2: concepto de lingua.  Ex.3: plurilingüísimo e competencia plurilingüe.  Ex.4: Políticas lingüísticas europeas.  Ex.5: Uniformidade/Diversidade lingüística (Estatus/poder). 2.- Situación lingüística de Galicia:  Ex.6: Educación e linguas en Galicia.  Ex.7: Situación social e escolar das linguas en Galicia. 3.- Programas de ensino noutras comunidades:  Ex.6: Educación e linguas en Galicia. 4.- Modelo lingüístico escolar de Galicia:  Ex.8: Modelo lingüístico escolar de Galicia.  Ex.9: Ensino bilingüe/trilingüe e PLC. 5.- Transferencia entre aprendizaxes:  Ex.10: Contacto interlingüístico galego-castelán.  Ex.11: Aprendizaxe de linguas en contacto (CIL). Noelia Delgado Herbella – Curso 2016 / 2017 – CLE_01 1.- Globalización e diversidade lingüística como valor: Ex.2 – Concepto de lingua: QUÉ É UNHA LINGUA: Unha lingua pode definirse de tres formas diferentes:  Un código ou sistema de signos (visión de filólogos)  Un instrumento de comunicación (definición fundamental)  Un símbolo comunitario construído na colectividade (diferencia comunidades, lingua como valor histórico). PARA QUÉ SERVE UNHA LINGUA: As linguas teñen varias funcións e o protagonízamo de cada unha delas depende da relación que teña o usaría con cada función:  Comunicativa.  Organización do pensamento  Identitaria  Creativa ou poética. CLASIFICACIÓN DE LINGUAS:  Pola cronoloxía de adquisición (L1,L2)  Pola relación que ten o falante con elas (vinculantes ou instrumentais)  Dimensión cuantitativa (maioritarias e minoritarias)  Dimensión cualitativa (dominante e minorizada) SABER UNHA LINGUA: Para saber unha lingua debemos atender, en primeiro lugar, a dimensión comunicativa desta. Ademais, hai que ter contas das actividades nas que se manifesta e dos ámbitos de uso. A competencia comunicativa fai referencia á capacidade para saber reproducir e interpretar textos correctos e adecuados mediante distinta canle, situación e finalidade. Os compoñentes desta competencia comunicativa son os seguintes:  Competencia lingüística: coñecemento do código. Principio de corrección.  Competencia discursiva: coñecemento do discurso. Principio de coherencia.  Competencia sociolingüística: coñecemento das normas sociais. Principio de adecuación.  Competencia estratéxica: compensar fallos. Principio de eficacia. Saber unha lingua tamén alude ao “saber facer” como indicador básico. A competencia comunicativa e un saber fragemtable e graduable que distingue falante nativo de aloglota. Polo tanto, podemos dicir que:  O significado atopase no texto e no contexto, non na palabra.  A interpretación do texto depende da situación comunicativa e da colaboración do receptor.  A interpretación comunicativa suma distintos significados (referencial, connotativo e intencional).  O significado constrúese polo emisor e receptor. Noelia Delgado Herbella – Curso 2016 / 2017 – CLE_01 Non existe un plurilingüísimo perfecto. Sen embargo, podemos falar de competencia interlingue cando:  Aceptamos os espazos comúns de intersección entre elas.  Redefinimos o concepto de falante nativo e a idea de corrección.  Require, ademais, competencia cultural. Polo tanto, hai moitos saber comúns a todas as linguas que se poden transferir de unha a outra. O iceberg da competencia lingüística fai referencia a esta realidade, na parte superior temos os saber específicos de cada lingua, o que más vemos dende fora, e que se mantén separado da outra lingua. Sen embargo, na parte inferior temos os saberes comúns das linguas, que se transfiren de unha a outra e interactuan entre elas. PLURILINGUISMO COMO SABER FACER (LOMCE):  Ser capaz de empregar as dúas linguas oficias con corrección e adecuación en distintos contextos e para distintas funcións tanto de forma oral como escrita.  Utilizar unha lingua estranxeira para situacións comunicativas propias da vida ordinaria. Ex. 4 – Políticas lingüísticas Europeas: En Europa, a xestión do plurilingüísimo é moi variada, podemos falar de:  Países que non recoñecen o plurilingüísimo (monolingües)  Países que o recoñecen pero sen estatus de oficialidade.  Países con distinto grao de oficialidade.  Oficialmente bilingües ou trilingües.  Linguas oficias en distintos territorios. TENDENCIAS EUROPEAS: Noelia Delgado Herbella – Curso 2016 / 2017 – CLE_01 A situación de multilinguismo corresponde a unha realidade histórica onde as políticas europeas fixeron grandes avances, consolidando a diversidade lingüística como un estado natural acabando ca defensa do monolingüísmo. INICIATIVAS EUROPEAS PARA A PLANIFICACION ESCOLAR:  Orientadas a crear conciencia: necesidade de plurilingüísimo  Formulación de competencias globais e visión complementaria, graduable e transferible dos saberes lingüísticos.  Creación de instrumentos para a planificación, mediación e reflexión lingüística. O MARCO EUROPEO COMÚN DE REFERENCIA PARA AS LINGUAS: A súa función é impulsar o plurilingüísimo en base a tres principios:  Conservar o patrimonio cultural.  Facilitar a comunicación entre os europeos.  Crear unha base de consenso das políticas lingüísticas nos países europeos. Ofrece, polo tanto:  Modelo de ensinanza de base comunicativa.  Orienta o deseño de programas e materiais didácticos.  Define e gradúa as competencias.  Establece criterios para medir as competencias.  Ofrece unha visión graduable das competencias. o É posible planificar unha aprendizaxe idiomática en función das necesidades do usuario con distintos niveis de competencia centrada so nalgunha das actividades que se poden realizar. O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS: É un instrumento de autoevaluación onde o propio aprendiz toma conciencia do seu avance e da súa competencia estimulando o auto concepto. Inclúe pasaporte lingüístico, biografía lingüística e dossier. Noelia Delgado Herbella – Curso 2016 / 2017 – CLE_01 Ex.5 – Uniformidade e diversidade lingüística (Estatus e poder) A QUE CHAMAMOS LINGUA: Debemos diferencias entre variedade lingüística, lingua e dialecto. A variedade lingüística engloba todas as linguas e dialectos. A lingua ten mais poder que o dialecto e diferenciase de este en dous aspectos:  Distancia estrutural: Diferenzas no aspecto técnico das linguas, aínda que non sirve para diferencias todas as linguas e dialectos.  Distancia social: factores históricos e políticos que lle outorgan mais poder a unha determinada variedade lingüística, converténdoa en lingua. ALGUNS DATOS ACTUAIS:  Existen entre 5.000 e 8.000 linguas no mundo, mentres que so hai 200 Estados independentes.  Ecuación 1 Estado = 1 lingua é falsa.  Situación lingüística real e oficial moi diferentes.  Ao longa da historia identificouse progreso con uniformidade.  Distribución das linguas no mundo non é uniforme: PERDA DE DIVERSIDADE LINGUSTICA: Desde que Colon chegou a América o numero de linguas reduciuse á metade, neste século poden desaparecer entre o 50-95% das linguas. Mentres que un 95% da humanidade fala o 5% das linguas, o 5% fala o 95%. Noelia Delgado Herbella – Curso 2016 / 2017 – CLE_01 Por outra banda, o lingua habitual xeral en Galicia segue sendo o galego (51’5%), sen embargo, entre a xente xoven domina o castelán (63’9%). Isto o que ven a demostrar é como a situación do galego está empeorando paulatinamente nas novas xeracións, pouco a pouco vai quedando relegado ás persoas maiores, e a xente xoven aínda que a coñece, non a emprega como lingua habitual. Moitos xovenes que aprenden a falar en galego cambian ao castelán nalgún momento da súa vida, ademais, a transmisión xeracional estase perdendo e cada vez mais pais falan aos seus fillos en castelán (aínda que eles sexan galegofalantes). DISTRIBUCIÓN USOS LINGUISTICOS:  Da diglosia funcional á permeabilización dos ámbitos lingüísticos.  A desgaleguización da transmisión familiar.  Incorporación do galego a usos e contextos formais  Neofalantes.  Valoración global: o Suavizacion da diglosia. o Aceleración do proceso de substitución lingüística. o Pervivencia de prexuízos. SITUACIÓN LINGUÍSTICA ESCOLAR: A lingua oral que empregan os profesores de infantil e primaria é, maioritariamente, o castelán. Igual que a lingua que maioritariamente escoitan os nenos, e len e escriben. Nos últimos anos está superioridade do castelán volveuse mais notable e, aínda que no ano 2003 o galego aínda tiña un espazo bastante amplo no contexto escolar, hoxe en día está moi minguado. Noelia Delgado Herbella – Curso 2016 / 2017 – CLE_01 3.- Programas de ensino noutras Comunidades Autónomas: Ex. 6 – Educación e linguas en Galicia. MODELO VASCO (SEPARACIÓN LINGÜÍSTICA):  Modelo A: ensino en castelán agás a asignatura de éuscaro.  Modelo B: Ensino en castelán e éuscaro.  Modelo D: ensino en éuscaro agás a asignatura de castelán. Mediante a separación non chegamos a un bilingüismo senón afianzamos o monolingüísmo e promovemos diferenzas socioeconómicas. O modelo que más apoio ten actualmente é o modelo D. MODELO CATALÁN (CONXUNCIÓN LINGÜÍSTICA):  Non separan ó alumnado.  Catalán lingua do primeiro ensino.  Lingua preferente nos demais niveis educativos, non se exclúe o castelán.  Atención personalizada para quen o pida. ILLAS BALEARES E VALENCIA. Noelia Delgado Herbella – Curso 2016 / 2017 – CLE_01 4.- Modelo lingüístico escolar de Galicia: Ex. 8 – Modelo Lingüístico escolar de Galicia: MODELO DE GALICIA – RETROSPECTIVA: Fundamentos legais:  Constitución de 1978: Art.3: o castelán é a lingua oficial do Estado e todos teñen o deber de coñecela e o dereito de usala. As outras linguas son oficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme ao Estatuto de Autonomía.  Estatuto de Autonomía: lingua propia de Galicia, galego. Idiomas galego e castelán oficiais en Galicia e todos teñen dereito de coñecela e usala.  Lei de normalización lingüística: Art.14.3: As autoridades educativas de cada comunidade garantirán que, ao remate dos ciclos, o galego sexa coñecido a nivel oral e escrito, en igualdade co castelán. Obxectivos do modelo:  Obxectivo social (implícito): contribuír a dignificación do idioma e reforzar o estatus.  Obxectivo escolar (explícito): garantir a competencia bilingüe. Trazos definitorios do modelo:  Integración lingüística escolar.  Primeiro ensino na L1.  Presenza das dúas linguas oficiais no currículo.  Fixación de mínimos en lingua galega.  Planificación nos centros.  Medidas de atención a situacións especiais. Uso vehicular das linguas – evolución:  Decreto 1983: deciden os centros baixo un criterio de equilibrio  Decreto 1995: fixación obrigatoria de algunhas areas en galego. Centros deciden sobre o currículo.  Decreto 2007: ampliación uso do galego (50%)  Decreto 2010: Equilibrio entre as dúas linguas e incorporación da LE como lingua vehicular. Decreto 2007: Éxitos:  Aceptación dun papel para o galego como lingua vehicular no currículo.  Avances na competencia en lingua galega, especialmente uso escrito.  Contribución á dignificación social da lingua galega. Fracasos:  Na educación infantil e no tránsito familia-escola.  Aprendizaxe de lectura e escritura.  Capacidade para frear o proceso de desgaleguización social. Erros:
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved