Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Velázquez: Pintura Barroca Española - Obra Maestra y Biografía, Exámenes selectividad de Historia del Arte

Historia del Arte EspañolVelázquezPintura barroca

Biografía y obras de velázquez, el máximo representante de la pintura barroca española. Desde su primera etapa madrileña hasta su viaje a italia y su segunda etapa madrileña, exploramos su técnica, obras y evolución artística. Obra: el augador de sevilla.

Qué aprenderás

  • ¿Qué significa la técnica tenebrista en la pintura de Velázquez?
  • ¿Cómo cambió su estilo después de su viaje a Italia?
  • ¿Qué obras creó Velázquez durante su primera etapa madrileña?

Tipo: Exámenes selectividad

2018/2019

Subido el 24/11/2019

Ann1408
Ann1408 🇪🇸

4.9

(7)

45 documentos

1 / 9

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Velázquez: Pintura Barroca Española - Obra Maestra y Biografía y más Exámenes selectividad en PDF de Historia del Arte solo en Docsity! PINTURA BARROCA ESPAÑOLA. O século de ouro da pintura O século XVII en España foi tan excepcional que se denomina o século de ouro das artes españolas. A realidade económica e social sen embargo era todo o contrario: • A mala xestión económica e política dos monarcas españois, e dos seus validos, levaron ao Estado á ruína: inestabilidade política, debilidade da moeda, forte débeda por gastos de loitas externas... había pois un empobrecemento xeral. • España era un país contrarreformista pechado ao exterior por medo a que as ideas externas contaxiasen a pureza da fe católica española. Na arquitectura manifestouse cun brusco parón construtivo (agás en Compostela e Prazas Maiores) Sen embargo é os esplendor da pintura; é semellante á italiana con algún particularismo como: • Predominar a temática relixiosa xa que a clientela principal é a igrexa e as ordes relixiosas (por iso non hai mitoloxía), con algo de paisaxe, retrato , bodegón. Con moito sentimento relixioso ( éxtases) • Estar controlada pola Inquisición ( non é sensual) • Estar influída polo tenebrismo ( moi preocupados pola luz) • A finais de século será unha pintura máis vaporosa, máis diluída DIEGO DA SILVA VELÁZQUEZ Biografía –etapas Velázquez é o máximo representante da pintura barroca española 1.- SEVILLA.Etapa de formación (ata 1623) etapa sevillana • Formado con Francisco Herrera el Viejo e Pacheco (estará desde os doce anos).Casa coa filla Juana. • Pinta cadros de xénero con gran éxito • Técnica tenebrista • Obras: A vella fritindo ovos ou o Augador de Sevilla 2.- MADRID.Primeira etapa madrileña (1623-1629) • É nomeado Pintor de cámara de Filipe IV e comeza o seu ascenso na corte • Aclara fondos e é máis luminosa • Fai Retratos reais, de Filipe IV e a membros da corte • Obras: os Borrachos ou o triunfo de Baco, onde nos dá unha vixión realista da mitoloxía ITALIA.Primeira viaxe a Italia (1629-1631) • Vai por encargo do rei e por consello de Rubens • Coñece a pintura italiana e o modelado anatómico • Aclarará a paleta • Fará composicións máis complexas • Obras: A túnica de Xosé e A fragua de Vulcano. Pintadas á volta de Italia MADRID.Segunda etapa madrileña (1631-1649) • Volve a Madrid a ser pintor cortesano con envexas dos outros pintores da corte. Importantes encargos. Alterna pintura con outras funcións na corte ( aposentador de pazo) • Preocúpase pola atmosfera e luces, Cores moi fluídas • Obras: Ananos e As Lanzas ITALIA.Segunda viaxe a Italia (1649-1651) • Vai para mercar obras e triunfa como pintor • Retrato de Inocencio X e a Venus do Espello MADRID. Volta a Madrid (1651-1660) • Época máis esplendorosa • Os cadros máis importantes • As Meninas e As Fiandeiras • Dominio absoluto: técnica impresionista, xustaposición de pinceladas, perspectiva áerea Morre en Madrid en 1660 áos 61 anos de idade sen ter acadado a Órde de Santiago ( ennoblecemento- obsesión) OBRA: O augador de Sevilla AUTOR: Velázquez CRONOLOXIA: 1620 ESTILO: pintura barroca, primeira etapa; óleo sobre lenzo. SITUACIÓN: Wellington Museum DIMENSIÓNS: 1,05x 0,80 Pode ser obra mestra da súa etapa sevillana. Algúns afirman que foi pintada en Madrid. Tema novidoso na España do momento Tema Retrata a un vendedor de auga, da rúa, chamado o Corzo, que aparece xunta un mozo e outra figura ao fondo na penumbra. Como? Aparecen os tres personaxes: home maior, o augador que ofrece copa fina ao máis xoven e o outro que bebe. Estamos nun exterior pero en penumbra. • O vello augador está de perfil, mostra as arrugas da súa vida dura no o rostro e a man curtidos polo traballo, está vestido cun capote roto e blusa branca.O aguador ocupa gran parte do lenzo, e a pesar da pobreza amosa dignidade. • O rapaz sostén a copa transparente de cristal na man e non mira ao augador. Está de medio lado. Un figo aromatiza a auga. Vestido con certa categoría. El como o vello están ensimismados nos seus pensamentos Están situados en diferentes planos conformando un esquema en zigzag aínda que deixa claro cales son os personaxes principais. Vemos como as figuras se moven con soltura e cada unha delas adopta diferentes posturas. Cores A gamma de cores é máis fría que en cadros anteriores e destacan: • as tonalidades marróns • lume da fragua e do metal no xunque. • Apolo (azul sandalia, verde cabeza, laranxa na túnica, marelo) en oposición ao resto do cadro en tonos máis marróns Luz É unha luz máis uniforme que na etapa tenebrista. A luz procede de varios focos: • un é Apolo coa aureola brillante que irradia da súa cabeza e que o fai destacar • outro a porta ou ventá que hai ao fondo. • tamén se pode falar dun foco lumínico no lume do fondo. Coa iluminación modela as anatomías e crea espazo Pincelada Agora é máis solta, máis fluída ( xa non é tan precisa ) ágas na túnica de Apolo que é pastosa e segue a empregar, igual que en toda a súa obra, pequenos toques de branco para resaltar certos detalles como o brillo da armadura, das chispas, uñas dos cíclopes... Importante-conclusión Que elementos barrocos atopamos? :O gusto polos contrastes: • a elegancia de Apolo e a rudeza de Vulcano; • a oposición entre a vida mitolóxica e a vida diaria • tema mitóloxico pero escenario da súa época • Tamén o feito de captar o instante, xestos teatrais.. Quizais a mensaxe que hai detrás deste cadro sexa a superioridade da arte, (de Apolo, das ideas) sobre a artesanía, o traballo mecánico, encarnado en Vulcano, o cal sería unha das loitas constantes de Velázquez. Polo tanto estamos ante un tema extraído da mitoloxía pero actualizado, o cal é moi propio de Velázquez (fixo coa mitoloxía o mesmo que Caravaggio cos temas relixiosos) Ler Pintado en Italia, probablemente na casa do embaixador de Felipe IV nos Estados Pontificios e quizás os propios criados serviran de modelo Esta obra xunto á túnica de Xosé foron pintadas na viaxe a Italia. Alí foi coa autorización de Filipe IV e con numerosas cartas de recomendación para embaixadores. Alí admirou aos mestres do XVI: Visitou Bolonia, Xénova, Ferrara, Roma, Nápoles... • Vulcano: de pequeno arrebolado desde o Monte Olimpo, quedou coxo pero casado coa maís fermosa, Venus. Era tamén o deus da metalurxia que elaboraba as armas para os mellores guerreiros • Apolo:un dos doce deuses do Olimpo. Deus da poesía , ía corononado, identifícase como o Sol e todo o ve ( así aparece no cadro) • Cíclopes:os axudantes de Vulcano, forxadores que están a facer unha armadura OBRA: A Rendición de Breda ou As lanzas AUTOR: Velázquez CRONOLOXIA: 1634-35 ESTILO: pintura barroca SITUACIÓN: Museo do Prado DIMENSIÓNS: 3x367 Este cadro foi pintado para o Salón Do Reino do Pazo do Bo Retiro en Madrid. Formaba parte dun programa iconográfico destinado a exaltar o poder da monarquía española a través das batallas gañadas polos exércitos. É unha peza mestra da pintura histórica. Tema: a rendición da cidade de Breda (Holanda) ante as tropas españolas o día 2 de xuño de 1625 tras nove meses de duro asedio. O gobernador da cidade, Justino de Nassau, entrega as chaves da mesma a Ambrosio Spínola, o xeral das tropas españolas. A batalla é un episodio das loitas entre Países Baixos e España antes de que os primeiros acadaran a independencia.Breda tiña sona de ser cidade inexpugnable e conquistala foi un grande fito que elevou a moral dos exércitos españois. Ao final será reconquistada polos holandeses Como? O centro está ocupado polos xenerais Ambrosio de Spinola, xefe dos tercios de Flandes, e Xustino de Nassau, que entrega a chave. O resto dos personaxes (exércitos) contribúen coa súa disposición a resaltar este motivo central. Composición Falamos dunha composición en aspa. Todo está disposto para centrarnos no motivo principal do cadro: o encontro entre os dous xenerais A composición péchase pola dereita co cabalo e pola esquerda cun soldado de costas vestido de marrón. O centro conforma un círculo onde conflúen as liñas diagonais. Pincelada Estamos ante a pincelada máis evolucionada de Velázquez, esa pincelada solta que se aprecia moi ben na paisaxe feita con colores moi diluídos. É moi lixeira nalgunhas zonas como no soldado que sostén o cabalo, e usa unha pincelada curta para brillos (armadura de Spínola). O estudo da luz é perfecto e obsérvanse as sombras dos personaxes. Cores Deixa as cores mais cálidas para o primeiro plano e o fondo os tons mais fríos que reflicten unha luz de amencer, neboenta (reproduce a paisaxe dos Países Baixos). É unha paleta de cores claras: verdes, azuis, amarelas... Cal é a aportación máis importante??? No espazo é unha das mellores obras da historia da pintura xa que acada unha enorme profundidade de xeito gradual.¡¡¡¡¡ É a perspectiva aérea!!!!!a pintura da atmosfera que hai entre os personaxes e o fondo, fundidos dun xeito maxistral. Por último débese sinalar que, a diferenza doutros cadros, emprega unha liña do horizonte elevada o que era necesario para pintar os movementos das tropas e os fortificacións. Conclusión- mensaxe Neste cadro a emoción da vitoria está nas armas e así as dos flamencos aparecen desordenadas e en descanso, e as dos españois en alto, para indicar as forzas vencedoras. Pero é significativo que Velázquez resalta máis o xesto humano (entrega das chaves e xesto de amizade) e deixa en segundo termo o asalto militar. Polo tanto o cadro convértese nunha exaltación do comportamento do xeneral español, nunha homenaxe aos vencidos, xa que o xeneral español non fai unha humillación deses vencidos senón que os trata con condescendencia. Polo tanto: ü a pincelada solta, ü a composición, ü a perspectiva aérea, ü estudo da luz e ü a exaltación da monarquía española fai que esteamos ante un dos mellores cadros do barroco en España. OBRA : As Meninas ou A familia de Felipe IV AUTOR: Velázquez CRONOLOXIA: 1656 ESTILO: pintura barroca SITUACIÓN: Museo do Prado DIMENSIONS: 310x276 Esta obra pertence á etapa final de Velázquez tras regresar da súa segunda viaxe a Italia. É a súa obra mestra, a obra de plenitude (xunto as Fiandeiras) un dos cadros máis famosos da pintura de todos os tempos pola sensación de espazo que acada coa luz e a perspectiva aérea Tema: Retrato de grupo nun interior. No obradoiro do pintor, nunha sala do antigo Alcázar dos Austrias en Madrid, está a pintar o autor e ata alí acoden a infanta Margarita acompañada da súa pequena corte formada por dúas damas (meninas), dous bufóns, o can e dous serventes. No fondo un home suxeita unha cortina, mentres Felipe IV e a raíña Mariana entran na sala e reflictense no espello da parede do fondo. Ante a presenza real os personaxes sorprendidos adoptan distintas posturas. Algúns víranse para velos, outros aínda non se deron conta. ( esta é unha interpretación)
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved