Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Apuntes Pedagoxía Social, Apuntes de Pedagogía

Asignatura: pedagogia social, Profesor: Carmen Morán, Carrera: Pedagogía, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2013/2014

Subido el 16/01/2014

_lvaro_dosil
_lvaro_dosil 🇪🇸

3.4

(12)

1 documento

1 / 27

Toggle sidebar

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Apuntes Pedagoxía Social y más Apuntes en PDF de Pedagogía solo en Docsity! Tema 1: A identidade da pedagoxía social: concepto e obxecto Sobre educar: O primeiro sería intentar definir o proceso de educar. Educar é unha especifidade humana, somos conscientes de ser seres inacabados, e a educación é o noso perfeccionamento ó longo de ciclo vital. O proceso educativo e un proceso comunicativo, intencional, intelixente, de aprendizaxe, optimizador, crítico, integral, innovador e funcional. O aprendizaxe só ocurre cando hai unha motivación de aprender, se non é así non hai aprendizaxe que sexa posible, e dicir, so aprende quen quere aprender, non se pode obrigar. Se analizamos cales son as oportunidades educativas surxidas ó longo da vida, non só está a escola, existen máis outras iniciativas, outro contextos nos que tamén se educa e se aprende. Cambios sociais: A día de hoxe, existen novas visións da sociedade e dos seus problemas e alternativas, surxidas da internacionalización dos territorios e das persoas. As innovavións científicas e tecnolóxicas se extenden e se diversifican. Vivimos unha contínua producción-distribución-aplicación de saberes e coñecementos. Cómo é lóxico, esto altera a nosa vida cotiá, as relacións persoais e institucionais, e as prácticas educativas e culturais. Ademáis surxe a obrigación de revisar as concepcións e as múltiples formas de desenvolvemento individual e colectivo da experiencia vital. Existe ademáis unha continua reconversión do mundo do traballo, que ocasiona modificacións nas pautas convencionais de inserción na vida activa. Aparece unha constante redefinición dos roles laborais, profesionais e ocupacionais, incrementándose tanto as esixencias de recualificación como a pobreza funcional. Ademáis, na actualidade dase un incremento do tempo de lecer, que na actualidade, convirteuse nun dereito civil. Dase unha conquista social que incrementa os niveis de benestar social e da calidade de vida. Se diversifican a oferta e as experiencias, facéndose diferenciación entre calidade e cantidade. As políticas Sociais no Estado do Benestar son institucionalizadas e a importancia da extensión da cultura, a educación ou a acción social a toda a cidadanía corren a cargo da Administración pública (Servizos Sociais, Servizos Socioculturais...). Cando falamos do cambio social, e preciso que falemos de dúas esferas: a esfera económico- productiva e a esfera sociodemográfica. Esfera Económico-productiva: -Novas tecnoloxías -Globalización económica -Deslocalización empresarial -Precarización dos postos de traballo -Itinerarios intermitentes paro/emprego -Postergamento da inserción laboral dos xóvenes (se perde a concepción do traballo como elemento estruturante de vida, da inserción social e como elemento de cohesión social). Esfera Sociodemográfica e cultural: -Envellecemento poboacional e incremento das taxas de dependencia -Cambios na composición étnico-cultural e relixiosa -Diversifiación da estrutura dos fogares e modelos de familias -Incorporación muller ámbito productivo/novos roles de xénero sen modificación no fogar Existe unha percepción sobre as vellas e emerxentes necesidades sociais en seis dimensións: -Doméstico-familiar -Dependencia discapacidade-enfermidades crónicas -Orixe-étnia -Económico-laboral -Residencial -Estigmatización Social. A teoría da triple acepción da pedagoxía social, baséase en que a p. social, pode ser entendida como ciencia (teoría científica sobre a educación social), como disciplina (asignatura o disciplina académica en un currículo) e como profesión (mediante intervencións técnicas). Cando falamos da pedagoxía social como ciencia, falamos de saber que se crea. Esta acepción fundaméntase na construción científica dos coñecementos que constitúen o seu obxeto de estudo. Fálase da pedagoxía social como un saber: -Pedagóxico: enmarcado dentro da pedagoxía como ciencia - “Un amplo conxunto de iniciativas, experiencias e accións educativas, que tendo como soporte diferentes procesos e realidades sociais (grupos, institucións...), tratan de afrontar necesidades e problemas que xorden na vida cotiá das persoas, dende a súa infancia ata a vellez, mediando e intervindo positivamente na mellora da convivencia” (Caride 2010). -”Educación Social como un dereito da cidadanía que se concreta no recoñecemento dunga profesión de carácter pedagóxico, xeradora e/ou mantedora de contextos e accións educativas que amplían as oportunidades formativas e culturais das persoas ou de determinados colectivos en situación de vulnerabilidade e/ou risco social; entre outras, aquelas que toman como referencia o traballo, o lecer, a participación social, a igualdade ou determinadas limitacións de natureza física, psíquica ou social (discapacidade, exclusión, marxinación, inadaptación, maltrato, discriminacións, etc) que coartan ou restrinxen os dereitos cívicos en calquera etapa da vida.” (Petrus 1997) -”Optamos por entender Educación Social como un dereito da cidadanía, que se concreta no recoñecemento dunha profesión de carácter pedagóxico, educativo e social, articulada ao redor de accións de transmisión... e mediación... que un axente da educación realiza con individuos ou grupos... que son xeradoras de novas plataformas culturais e sociais que posibilitan a incorporación dos suxeitos da educación á diversidade de redes sociais e a súa promoción cultural e social” (García Molina 2003). A educación social poderíase definir como un amplo conxunto de iniciativas, experiencias e práctica educativas que se contextualizan en diferentes realidades sociais (grupos, institucións, etc.). Promoven accións socio-educativas de natureza complexa e interdisciplinar, afrontando necesidades e problemas que xorden da vida cotiá. Transformando circunstancias que limitan s dereitos da cidadanía, compartindo obxectivos e criterios de actuación do Traballo Social. Qué contribúen ó desenvolvemento integral das persoas e da convivencia social procurando melloras no benestar colectivo e a calidade de vida. Finalidades: -Contribuir ó desenvolvemente integral das peroas e da convivencia social, enfrontando necesidades e problemas que xorden da vida cotiá. -Contribuir a unha mellora significativa do benestar colectivo e por extensión, á súa lexítima aspiración a unha maior calidade de vida das persoas. -Contrubuir á mellora das circunstancias que limitan a integración social das persoas. Obxectivos: -Potenciar os recursos dos cidadáns, sexa cal sexa a súa situación social. -Potenciar e estimular o desenvolvemento dos recursos comunitarios -Facilitar o acceso dos cidadáns a estes recursos -Posibilitar a relación persoal entre os membros dun grupo social -Facilitar e posibilitar o coñecemento persoal e comunitario do grupo social -Insertar aos cidadáns na súa sociedade inmediata -Facilitar a adquisición de pautas de convivencia social -Ser un axente ou factor de cambio social -Adoptar estratexias de acción-intervención que permitan afrontar os problemas de desequilibrio social -Desenvolver un sentido crítico fronte ás diferentes situacións sociais. Concreción da educación social: Adaptación: fai alusión á adquisición das necesarias características intelectuais, sociais e culturais para adaptarse de forma contínua a un medio concreto en constante evolución. Socialización: fai referencia ao complexo mecanismo gracias ao cal un individuo asume os valores, normas e comportamentos do grupo ao que desexa integrarse. Do biolóxico ao social. Da natureza a cultura. Competencia social: acción educativa para a aprendizaxe das capacidades e saberes sociais precisos para o intercambio e a comunicación, para a vida en grupo. Adquire especial atención a educación para a participación cidadá. Didáctica do social: conxunto de estratexias e intervencións sociocomunitarias nun medio social determinado. Ciencia de intervención fronto aos problemas sociais. Acción profesional cualificada: acción consciente, reflexiva e planificada, fundamentada na técnica e na metodoloxía, a fin de incidir positivamente sobre unha realidade social determinada: intervención cualificada duns profesionais sobre un sistema social. Acción ante a inadaptación: intervención educativa en relación á inadaptación e marxinación social. Conxunto de actividades contra os fenómenos de exclusión social: promover a calidade de vida das persoas e aplicar estratexias de prevención das causas dos desquilibrios sociais. Formación política do cidadán: formación das capacidades sociais, cívicas e políticas dos cidadáns para unha correcta convivencia social. Prevención e control social: a educación tamén conleva un conxunto de procedementos para o acatamento e interiorización das normas de conducta consensuadas e catalogadas como necesarias para conseguir a orde social. Traballo social educativo: actividade pedagóxica no marco interdisciplinar do traballo social. Labor entendida, programada e realizada dende a perspectiva educativa, fuxindo das actividades asistenciais. Paidocenosis: conxunto de estímulos ambientais, intencionais e positivos que inflúen na configuración da forma de ser e de actuar. A eduación social intégrase nesta complexidade como estímulo e como optimizador doutros incrementando as posibilidades socializadoras. Educación extraescolar: a educación social como toda intervención educativa estruturada e intencional que non formara parte do sistema escolar. Paidocenosis: conxunto de estímulos ambientais, intencionais e positivos que inflúen na configuración da forma de ser e de actuar. A educación social intégrase nesta complexidade como estímulo e como optimizador doutros incrementando as posbilidades socializadoras. Educación Extraescolar: A E. Social como toda intervención educativa estruturada e intencional que non formara parte do sistema escolar. Tema 3: Construcción histórica e actualidade da pedagoxía social A educación social debe integrar o educativo na socieddade e o pedagóxico no traballo social. Debe promover o desenvolvemento humano, o benestar social e a calidade de vida. Ten un triple obxectivo: 1. Incrementar as posibilidades socializadoras das prácticas educativas: inserción dos individuos nos seus contornos vitais. 2. Estimular o papel educador da sociedade. e por propostas teórico- prácticas afastadas dun desenvolvemento educativo e social valioso, libre e democrático, sensible e congruente co respecto aos dereitos e deberes cívicos. Transicións: Pedagoxía Social-Educación Social “emerxente” Surxe a necesidade de rexeneración das potencialidades sociais. Aparece a Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948. Se fortalecen os Estados Sociais: Estados do Benestar -Responsabilidade do Estado na creación e mantemento de iniciativas públicas para a calidade e dignidade de vida. -Revisións conceptuais, teóricas e metodolóxicas da Educación, traballo social, pedagoxía social: entre o apego ó idealismo e a procura do pragmatismo que urxen as “necesidades” e “problemas” sociais. Se analizamos que curso seguiu a pedagoxía social na Universidade española, comezou na complutense de Madrid (1944 Pedagoxía racional, 1957 Pedagoxía Social), na Universidade de Valencia en 1955, na Universiade de Barcelona en 1956 coa asignatura Pedagoxía Social e en 1960 coa cátedra de Pedagoxía xeral e social, e finalmente chegou a UNED en 1974. En 1983 aparece a Lei de Reforma Universitaria (LRU), aparecendo tamén a titulación Diplomatura en Educación Social, e Pedagoxía-Educación Social avanzando nos seus perfís científicos e profesionais, na xeración de coñecemento e nas aplicacións sociais. No 2000 créanse a sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS) e a Asociación Estatal de Educación Social (ASEDES). Progresivamente van aparecendo colexios profesionais de Educadoras e Educadores Sociais. Petrus (1997): Renovación democrática e novas formas do E. Benestar. Incremento de poboación marxinada. Conciencia de responsabilidade fronte aos novos problemas derivados da convivencia. Etxeberría (1989): Cambios sociais, pedagóxicos, económicos, políticos e culturais. Torío (2006): Pedagoxía de urxencia: Receptáculo de áreas de atención específica que sobrepasan á escola e, incluso, á educación mesma, polo que se require o concurso doutras ciencias e profesionais. Se falamos da expansión da pedagoxía Social-Educación social en termos de recoñecemento, e preciso decir que a institucionalización da Pedagoxía Social foi progresiva. Comezouse por un recoñecemento científico, académico e profesional. Despois producíronse cambios sociais e culturais que redefinen os modelos de acción-intervención, cambios concretos: -Do protagonismo “formal” ao “real” das persoas e grupos (acción comunicativa, implicación democrática, compromisos cívicos). -Cambio nos modelos: o comunitario como referencia (Dos despachos ás comunidades). -O lugar das persoas na intervención (axentes dos procesos de cambio, accións colectivas de transformación). -Cambio sustancial nas políticas sociais: -Orientación: Axudar ás persoas a coidar de si mesmas (autonomía) e ser útiles á sociedade. -Esixe: traballo e prestacións. A construcción histórica da pedagoxía social e un proceso de reconceptualización no traballo social. Unha reconceptualización por un lado da beneficiencia-asistencia ao modelo do benestar social; por outro da atención individualizada ao traballo grupal e comunitario; da pretensión “obxectiva” á vocación “subxectiva”; e da persoa como obxecto á condición de suxeito. Tema 4: A acción socioeducativa en prisión: En primeiro lugar, habería que atender ós factores que poden levar as persoas a acabar en prisión. En primeiro lugar estarían os factores persoais (características da personalidade) e en segundo lugar os factores contextuais (contexto marxinal desprovisto de valores). Inevitablemente a prisión ten un principio punitivo, un principio de castigo, pero tamén ten unha función de seguridade e control (segregar, internamento da persoa “perigosa” ou perxudicial para a sociedade) e unha función de reeducación e rehabilitación (tratamento: educativo, psicológico, médico). Tipos de centros: 1. Centros ordinarios: Nestes centros están os presos de reclusión permanente en medio pechado e os presos preventivos a disposición xudicial. Estes centros baséanse na autosuficiencia, e son os propios internos os que realizan os traballos da lavandería, panadería, economato, ou o servizo de limpeza, baixo a forma de obradoiros productivos. Existen 77 centros deste tipo en España, e en Galicia temos catro: A Lama (Pontevedra), Pereiro de Aguiar en Ourense, Monterroso en Lugo, e Teixeiro en A Coruña. 2.Centros de Inserción Social e Unidades Dependentes: Estes centros acollen penas de réxime aberto, xestión de penas alternativas (como traballos en beneficio da comunidade) e seguimento das liberdades condicionais. Están situados en centros urbáns ou semiurbáns, próximos a entornos sociais que lles son próximos ós penados. Son centros moi baseados na confianza e na aceptación voluntaria da persoa, xa que poden manexar certas liberdades. Non ten so unha función residencial, tamén ten tarefas de tratamento e seguemento. 3. Unidades de nais: Vai dirixida a nais con nenos menores de tres anos (hai máis de 200 nenos/as en centros penitenciarios). Se trata dunha experiencia pioneira en Europa, xa que estas unidades con condicións específicas, créanse a partir da non adecuación das institucións penitenciarias ó desenvolvemento do neno. Aquí a vida está adaptada ás necesidades e horarios dos nenos/as, con escolas infantís e condicións máis favorables: estética dos espazos, intimidade familiar, discretas medidas de seguridade e espazos educativos. 4. Hospitais Psiquiátricos penitenciarios: Acollen as persoas consideradas innimputables por anomalías ou alteracións psicóticas que lle impiden comprender a natureza do acto delictivo. O traballo aquí e fundamentalmente asistencial. Estrutura organizativa A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias forma parte do Ministerio de Interior. Nesta secretaría está incluído cada centro penitenciario español, e no organigrama deste, por debaixo do director de cada centro, existen 4 subdireccións e a administración: Subdirección de tratamento (no que se atopan os funcionarios e persoal laboral: psicólogos, pedagogos, traballadores, sociais, educadores, monitores, ocupacionais e deportivos, xuristas...), subdirección de seguridade, subdirección de réxime e subdirección médica. Clasificación das persoas reclusas: Grados Primeiro Grao: Réxime pechado. En 2011 supoñía o 1,77% do total dos presos. Estos presos son considerados de perigosidade extrema (polo tipo de delitos) ou inadaptación ás normas de convivencia. Os internos neste grao, están sometidos a estritas meedidas de control e seguridade. Segundo grao/réxime ordinario: En 2011 supoñía o 70,3% dos internos. Trátase dos internos con cirscunstancias persoais e penitenciarias de normal , pero que aínda non teñen capacidade/posibilidade para a semiliberdade. Terceiro grao/réxime aberto: En 2011 supoñía o 17% do total dos presos. Trátase do réxime de semiliberdade. Segundo a normativa, cada 6 meses, realízase a revisión das particularidades de cada interno para reconsiderar aspectos do seu tratamento. 2. Executar métodos de tratamento de natureza pedagóxica. 3. Asistir as reunións dos equipos de tratamento, participando nos seus acordos e actuacións. 4. Procurar a coordinación axeitada das tarefas escolares, culturais e deportivas. Funcións do educador/a: 1. Atender ó grupo que lles asigne, que deberán coñecer o mellor posible, intentando manter unha boa relación persoal para podelos axudar nos problemas durante a súa vida en reclusión. 2. Constituír progresivamente a carpeta de información persoal sobre cada interno. 3. Practicar unha observación directa do comportamento. 4. Colaborar cos especialistas nas tarefas auxiliares con respecto á execución dos métodos de tratamento. 5. Organizar e controlar a execución das actividades deportivas e recreativas dos internos. Consecuencias: Presentismo: non poden xestionar o presente e teñen grandes incertezas sobre o tempo de pena, non se pode planificar o futuro. Síndrome amotivacional: Pérfese o interese creativo, xa que é un mundo sen eleccións, e con moito tempo libre. Aumenta considerablemente o tempo libre e aumenta o risco de consumo de drogas. Impotencia: Leva aparellada a hostilidade ou a sumisión á autoridade, ademáis da incapacidade para definirse dende as súas potencialidades en vez de dende as carencias e necesidades. Privación de responsabilidade: Os internos, ó estar privados da capacidade de cargar coa súa propia vida, de facerse cargo dela, de conducila, non teñen a posibilidade de ser responsables. A violencia institucional, fai que os presos síntanse víctimas máis que culpables e sen presuposto ético e moi difícil traballar na reinserción. Deprivacións sensoriais: Trastornos da visión: perspectiva limitada, polas fortes cotrastes de luz e ausencia de variedade cromática. "Ceguera de prisión" que ten como consecuencia fortes dores de cabeza e deformación da percepción. Problemas de oído: Rumor continuo, ausencia de silencio, dortes sons con connotacións represivas: ferrollos, portas, golpes. Alteracións do gusto e do olfato: tremenda homoxeneidade, mesmas comidas e mesmos olores. Agarrotamento muscular: falta de movilidade, ansiedade, sensación contínua de perigo, etc. Perda da propia imaxe corporal pola ausencia de intimidade. Illamento social: Separación respecto a núcleos urbanos: limitacións no acceso de organizacións e persoal voluntario. Internamento nunha CCAA diferente: redución dos contactos coa familia. Contactos artificiais: a través dun cristal blindado, nunha sala impersoal, cun tempo medido, sen intimidade. Relacións utilitaristas: tempo limitado a dar recados, diñeiro, relacións sexuais... Para os estranxeiros é todavía máis complicado: sufren unha dobre condena: a penal (cárcere) e a administrativa (volver ó país de orixe). Ademáis teñen unha limitación enorme á hora de comunicarse e moitas veces teñen un coñecemento total da lingua e cultura. Existe unha ausencia de contacto persal coa familia. Teñen unha enorme dificultade para obter permisos, clasificación de terceiro grado ou liberdade condicional. Ademáis, estes internos, por motivos económicos, moitas veces acuden a un avogado de oficio, que non se implique o suficiente no caso. Moi frecuentemente estas persoas están imputadas por delitos contra a saúde pública, como algo puntual para entrar no país, e non se cen como delicuentes senón como víctimas dunha situación inxusta. Respecto ós drogodependentes, moitas veces a drogodependencia implica o orixe do delito, e o consumo persiste dentro de prisión, tendo limitacións do tratamento farmotolóxico. Estos internos chegan a superan o 50% do total de reclusos e chegan a supor o 80% nalgúns casos, sendo España o país con máis presos toxicómanos. As enfermidades psíquicas na prisión poden supor, tanto o motivo da entrada a prisión como ser un produto das condicións de internamento. O illamento como sanción está contemplado na lexislación para infraccións graves, non pudendo pasar dos 42 días como máximo. Sen embargo, por razóns de tratamento unha persoa pode ser sometida a este réxime restritivo sen limitación temporal. O momento de sair de prisión tamén é moi complicado. As razóns son moitas. En primeiro lugar os hábitos adquiridos en prisión son incorrectos para o novo contexto e hai unha desconfianza xeralizada, e unha oposición a toda a figura de autoridade, polo que é imprescindible un reaxuste, unha normalización e adaptación á liberdade. Por outra banda poden surxir consecuencias actitudinais, xa que como explicamos antes, e complicado asumir responsabilidades. Cargar co estigma de expresidiario pode dificultar enormemente conseguir un traballo, e polo tanto dase unha ausencia de fonte de ingresos. Tamén se perden os vínculos sociais e familiares, regresándose moitas veces a contextos marxinais. A nivel psicolóxico poden aparecer cadros psicosomáticos: ansiedade, insomnio, problemas de concrentración, medo a ser detido... Ideas para unha a alternativa á situación penitenciaria actual: 1. Principio de humanidade: cumprimento dos Dereitos Humanos 2. Asistencia Social Postpenitenciaria 3. Labor preventiva "antes" non "despois" 4. Tratamento Penitenciario como mellora educativa non terapéutica 5. Sanidade Penitenciaria incluida no sistema de Seguridade Social con tódalas prestacións 6. Incremento do control externo da Administración Penitenciaria 7. Mellora da educación familiar e escolar no delito subxacen problemas educativos 8. Información a cidadanía 9. Calidade de atención pública para os internos 10. Garantía de Seguridade persoal dos internos Papel da pedagoxía na renovación penitenciaria: 1. Facer realidade a preponderancia da pedagoxía na constitución en relación á finalidade das Institucións Penitenciarias. 2. A prisión é un problema pedagóxico e social, non médico e psicolóxico. 3. Os internos son educandos en potencia. 4. A educación non e manipulación da personalidade 5. Potenciación da investigación sociolóxica e pedagóxica en penitenciarías. 6. Non se pode confundir reeducación na prisión con reeducación penitenciaria 7. Avaliación extrainstitucional do penitenciario 8. Formación específica dos traballadores de institucións penitenciarias. Dentro das areas de tratamento penitenciario, existen diversos programas de tratamento: -Programas individualizados de tratamento -Programas específicos: agresores sexuais, discapacitados, drogodependentes, enfermos mentais, mozos, nais, mulleres, persoas estranxeiras, prevención de suicidios, programa de réxime pechado, resolución dialogada de conflictos... -Ensino regulado e formación: ensino reglado, formación para o emprego e outras. -Traballo e inserción laboral: formación, traballo productivo, orientación laboral, acompañamento, apoio ó autoemprego e organización da actividade laboral. -Programas de ocio e cultura -Programas deportivos: intervención físico-deportiva, colectivos específicos: enfermos mentais e drogodependentes. -Entidades colaboradoras. Programa Individualizado de Tratamento Plan individual, continuo e dinámico orientado cara a promoción e crecemento persoal, a mellora das capacidades sociais e laborais e a superación de factores conductuais ou de exclusión. Estes programas determinan a posterior clasificación e réxime. Teñen un carácter voluntario e unha evolución, salvo algunhas actividades prioritarias, e se valoran a asistencia, o esforzo e o rendemento. Asígnanse dous niveis de actividades: Prioritarias: sobre os factores directamente relacionados coa actividade delictiva ou sobre carencias formativas básicas. Complementarias: para unha mellor calidade de vida e perspectivas profesionais, educativas ou culturais. Programas Individualizados de tratamento: A) Módulo de respeto: Ubícase en unidades de separación dentro do centro penitenciario. O principal obxectivo e acadar un clima de convivencia e máximo respeto entre os residentes no módulo. É básica a aceptación das normas de convivencia: non como algo imposto senón como aceptación voluntaria. Singularízase na organización para o cumprimento das tarefas: os módulos divídense en zonas e cada grupo, coordinado por un interno, deberá responsabilizarse dunha delas, esto incrementa a responsabilidade persoal porque o comportamento individual inflúe no grupo.Todo este proceso está basado na solidariedade colectiva, na participación dos internos e no procedemento inmediato de avaliación por comisións. Hai unha reunión diaria, unha comsión de acollida, unha comisión de convivencia e unha asamblea de responsables. B) Módulo terapéutico: Trátase de un módulo libre de drogas, con accións educativas e de tratamento da drogodependencia. É un programa integral de tratamento. Ten un ambiente dinámico e personalizador. A acción educativa en intensa: autocontrol, autoestima, confianza, responsabilidade, motivación, educación para o tempo libre... A motivación enfócase cara o cambio, incidindo na prevención de recaídas, na aprendizaxe de habilidades sociais, na educación para a saúde e a orientación sociolaboral. Tras a saída de prisión realízanse derivación a institucións extrapenitenciarias terapéuticas, formativo-laborais ou de reinserción laboral. C) Centros Cívicos e culturais: baséanse na normalización da vida en prisión: cultura, traballo, formación, técnicas de conducta e clima social. Os internos teñen a máxima participación na organización de propostas e integracións da prisión na codadanía. O tratamento e un proceso educativo, a través dun programa de iniciativas dirixidas a influir na persoa e na súa situación para modificar determinadas conductas que levan á delincuencia. Ademáis adquiren conductas novas que lles permitan ser máis donos do seu destino. EDUCACIÓN PERMANENTE E DE ADULTOS: EDUCACIÓN CÍVICO SOCIAL A educación permanente e a educación de adultos fan referencia ós programas e iniciativas socio-educativas e de formación, desarrolladas ó longo de ciclo vital, aínda que se poña énfasis na educación-formación de adultos, incluíndo persoas maiores. A educación permanente e un proceso continuo, durante toda a vida, para que as persoas poidan manterse actualizadas respecto as transformacións económicas, científicas e socioculturais do noso mundo, para lograr o máximo desarrollo individual e social que sexa posible e englobando todo tipo de experiencias e actividades. Caraterísticas: La variedad de las enseñanzas de formación y programas de actuación y de sus modalidades que permita al adulto decidir su propio itinerario formativo. Metodología adaptada a las características de los adultos. Un diseño específico de los currículos, que tenga en cuenta las necesidades, los conocimientos previos, las disponibilidades horarias de este tipo de personas y la funcionalidad de los aprendizajes. Obxetivos da educación de adultos segundo a LOE a) Adquirir unha formación básica, ampliar e renovar os seus coñecementos, habilidades e destrezas de modo permanente e facilitar o acceso ás distintas ensinanzas do sistema educativo. b) Mejorar a súa cualificación profesional ou adquirir unha preparación para o exercicio de outras profesións. c) Desarrollar capacidade personais nos ámbitos expresivos, comunicativo, de relación interpersoanl e de construcción do coñecemento. d) Desarrollar capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica e facer efectivo o seu dereito á cidadanía democrática. e) Desarrolla programas que asuman os riscos de exclusión social, especialmente dos sectores más desfavorecidos. f) Responder adecuadamente ós desafíos que sipon o envellecemento progresivo da poboación asegurando ás persoas de maior idade a oportunidade de incrementar e actualizar as súas competencias. g) Prever e resolver pacíficamente os conflictos personais, familiares e sociais. Fomentar a igualdade efectiva dos dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. Educación permanente e educación de adultos: 1) Educación xeral e de base: -Estudios considerados básicos nunha sociedade. 2) Formación ocupacional e continua: -Consecución dunha formación profesional para personas adultas, formación para unha ocupación. -Formación contínua ten como obxectivo a cualificación ou recalificación dos traballadores nunha actividade laboral 3) Formación sociocultural: -Dirixida ó desarrollo persoal e da colectividade. Figuras do pedagogo social no ámbito da educación de adultos. 1) Orientador sociolaboral: Desarrollar programas, servicios de asesoramiento e apoio á toma de decisións de persoas e colectivos implicados en procesos de inserción laboral; permitir resolver problemas relacionados co acceso, mellora e empleabilidade do mercado laboral (prestando atención ás características da persona e a posibilidades existentes no contexto, facendo uso de técnicas e coñecementos teóricos que faciliten a comprensión das necesidades dos diferentes destinatarios); coñecendo as actividades desarrolladas por outros profesionais e favorecendo o recurso ós servizos e iniciativas existentes para a consecución dos obxectivos de logro establecidos. 2) Formador de persoas adultas: Organizar, dinamizar e evaluar procesos e recursos de formación dirixidos ós distintos colectivos de persoas adultas tanto en educación formal como non formal. Adaptando os diferentes recursos e procedementos ás características dos destinatarios. Inspirará a súa actuación no principio de educación ó longo da vida para dotar ós adultos dunha formación básica, mellorar a súa cualificación profesional ou para o cambio. Educación cívico-social: Capacita ás persoas para exercer os dereitos inherentes á condición humana, promoción e formación en valores para a convivencia, o respeto ás persoas e o medio ambiente. A educación cívico-social debe posibilitar unha cidadanía si fronteras activando actitudes e comportamentos democráticos, sustentados polo diálogo e a liberdade de opinión. A través deste ámbito surxen ideas, propostas e iniciativas que impulsan diversas educacións: ambiental, intercultural, do consumidor, para a saúde, etc. Todas elas con contidos nos sistemas educativos de maneira transversal. Acción socioeducativa en Galicia: A acción cultural céntrase nos colectivos da prostitución femenina e das persoas sen teito. Os plans de inclusión social son documentos oficiais no que as diferentes administracións se comprometen a traballar pola inclusión das persoas en situación de marxinación social así como da prevención da mesma. A RISG e a prestación periódica mensual de apoio económico que ao mesmo tempo esixe que o perceptor se comprometa nun proxecto de inserción. A prostitución Segundo a RAE: e a acción de manter relacións sexuais con outras persoas a cambio de diñeiro. É polo tanto, unha forma de vida e unha forma de escravitude. Os actores neste proceso son: a prostituta, o proxeneta, os clientes e outros negocios. Pódese exercere na rúa, en locais ou clubes, en pisos ou a través doutros modos. Entre o 80 e o 95% das persoas que exercen a prostitución son estranxeiras, e a idade, polo xeral obscila entre os 25 e os 35 anos. Soen enviar cargas familiares ó extranxeiro. E un problema que ten necesidades de atención, necesidades médicas, xurídico-sociais, persoais e familiares, de emprego e formación e asistenciais. As asociacións que traballan con elas son: a asociación para a prevención, reinserción e atención da muller prostitua, vagalume ou médicos do mundo. Os principais ámbitos nos que se proxecta o discurso teórico e as prácticas profesionais da educación son os seis seguintes: Educación permanente: Fan referencia a todos os programas e iniciativas socio-educativas e de formación que se desarrolan ó longo de todo o ciclo vital, aínda que se ponga especial énfasis na educación-formación de adultos. Formación laboral e ocupacional: Fai referencia as opcións formativas que procuran a inserción de persoas con dificultades para incorporarse ou manterse no mercado laboral. Estos programas céntranse na obtención de competencias vinculadas a uns determinados desempeños laborais ou ocupación definida. Educación para o tempo libre: Fomenta as potencialidades educativas que existen no tempo libre. O ocio en un dereito humano básico, se insite en consideralo como un área específica da experiencia humana, cos seus propios beneficios, que debe ser estimado como un recursos clave para o desenrolo persoal, social e económico. O tempo de ocio e un aspecto importante da calidade de vida xa que comprende formas de expresión ou actividade moi amplas. Animación sociocultural e desenrolo comunitario: Por unha parte, coa animación sociocultural, resáltase a trascendencia do quefacer educativo en procesos e prácticas socioculturais cuxas estratexias metodolóxicas promoven a iniciativa, auto-organización, etc dos individuos nos grupos e comunidades dos que forman parte. As propostas aquí convergen coas do desarrollo comunitario local, no que se pretende valorizar de forma integrada e sustentable os recursos locais, afirmando en cada persoa o seu protagonismo como suxeito e axente. Educación especializada: A educación especializada en problemas de exclusión ou inadaptación indentifícase coa acción socio-educativa para favorecer a inserción social de persoas en situación de risco ou dificultade consigo mesmas ou co seu contexto vital. É unha intervención que pode referirse a persoa de calquera idade que están sometidas a un estado de inadaptación, marxinación e exclusión, de minusvalía física ou psíquica, de personalidade etc. Os escenarios nos que se desenrolan as actuacións educativas, de carácter preventivo, terapéutico, rehabilitador... son diversos: familia, escola, pobo... Educación cívico-social: Ten como fundamento a capactiación das persoas para exercer os dereitos que son inherentes á condición humana, concretamente, a promoción e formación en valores esenciais para a convivencia, o respeto ás persoas e o medio ambiente, para as liberdades e a participación social. Debe posibilitar a cidadanía sen fronteiras activado actitudes e comportamentos democráticos sustentados no diálogo e a liberdade de opinión. Surxen ideas que impulsan a diversas educacións: ambiental, intercultural, do consumidor para a paz, a saúde, etc. Todas elas de maneira transversal, polo que afectan a todo o currículo. Animación sociocultural É o ámbito orientado ó estudo e desenvolvemento das relacións entre educación, cidadanía, participación social e cultura co horizonte da autonomía persoal e grupal e o desenvolvemento integral das comunidades. Distínguese entre un universo frío e un universo quente. No frío, a animación e un valor de uso, con productos para consumir, actividade, axente, programa, o instituído, socialización, consenso e práctica. No quente a animación e un valor de intercambio, con recursos para crear e transformar: acción, actores, proxectos, o instituídor, sociabilidade, conflicto, e praxis. Segundo as diversas teorías e definicións que se deron de animación sociocultural se di que animación sociocultural e mais un movemento que unha teoría, un movemento igualitario, proponse reducir a distancia cultural entre os sectores que padecen pobreza cultural (cando as experiencias entre as que o individuo pode escoller están restrinxidas). Que o principio de democracia cultural, afirma que a cultura e unha estructura de conductas e pautas de expresión específicas de cada comunidade, non un adorno optativo da vida, e que polo tanto e indispensable coñecer as pluralidades culturales das nosas sociedades e recoñecer a súa validez. Os demócratas culturais reaccionan contra a democratización da cultura, contra os precesos de popularización da culltura burguesa ou elitista. Segundo estes principios a experiencia activa e mellor que a pasiva e débese participar críticamente nos problemas da comunidade. Os obxectivos dos animadores ó chegar a unha zona consisten en multiplicar as ocasións para as actividades do grupo. As dimensións da ASC Educativa: Persoa: desenvolvemento persoal, formación integral Dinamización de recursos persoais: desenvolvemento e formación integral permanentes. En contextos grupais: ateneos, escolas para adultos, universidades populares, centros socioculturais... Cultural: Actividade: identidade cultural, creatividade, expresión Son actividades culturais e desenvolvemento do esforzo cultural. A actividade en contextos grupais son asociacións, centros socioculturais, casa de cultura, obradoiros, museos... Social: Grupo, comunidade. O traballo comunitario e a mobilización cidadá, a promoción e transformación social... A potenciación de grupos, estruturas, canles e equipamentos para a participación. En contextos grupais: asociacións, consellos, movementos sociais, centros cívicos, centros socioculturais... CULTURAS E un termo comodín: Nun sentido total (antropo-socio-etnográfico), e todo o que foi, é ou quere ser humano; é civilización, é educación, é costumes, é case calquera cousa... Nun sentido residual (ético-estético), son grandes realizacións, grandes obras. É un termo matizable, calificable: Elite/oficial Masas/popular, Rural urbana barrio, infantil xuvenil femenina, pictórica literaria musica, clásica moderna underground contracultura. É un termo plural: Evitar/superar etnocentrismos. A cultura son culturas, amosan identidade e diversidade da especie humana. Diversos proxectos de civilización, de interpretación do mundo. Axenda 21 da cultura: promove a adopción dunha serie de principios, compromisos e recomendacións para potenciar un desenvolvemento da cultura a escala iinternacional desde o ámbito local, considerándoa un dereito colectivo de participación na vida das sociedades.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved