Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

El Panteón de Roma: Templo y Simbolo de la Civilización Romana, Apuntes de Historia del Arte

El Panteón de Roma es un templo romano construido entre los años 118-125 d.C., durante el reinado de Adriano. Este monumento, perteneciente al estilo romano imperial, es un testimonio de la grandeza histórica y artística de Roma. Dividamos su historia en tres grandes períodos: Monarquía, República y Imperio. El Panteón refleja la influencia etrusca y griega, y ha tenido una gran influencia en la arquitectura del Renacimiento. Se destruyó y fue reconstruido por Adriano en el año 120 d.C., sobre los restos del templo original. Su estructura está formada por un basamento circular dividido en dos pisos, donde se encuentran enterrados artistas del Renacimiento, como Rafael Sanzio. El templo posee una fachada clásica exterior y una integración urbanística mala debido a sus pequeñas dimensiones.

Tipo: Apuntes

2021/2022

Subido el 16/05/2022

gloriasuarez10
gloriasuarez10 🇪🇸

5

(1)

8 documentos

1 / 9

Toggle sidebar

Vista previa parcial del texto

¡Descarga El Panteón de Roma: Templo y Simbolo de la Civilización Romana y más Apuntes en PDF de Historia del Arte solo en Docsity! Panteón de Roma O Panteón de Roma é un templo romano, non ten autor coñecido, pero pensase que o seu autor puido ser Apolodoro de Damasco. Está feito entre os anos 118-125, na época de Adriano, polo que pertence ao estilo romano imperial. Está feito con distintos materiais como formigón, granito, ladrillo, madeira e mármore. En canto ao seu contexto histórico-artístico, considérase como data de inicio da civilización romana o ano 753 a.C., data da fundación da cidade de Roma (lenda de Rómulo e Remo). O contexto histórico no que xurde está marcado polo trunfo de Roma como potencia hexemónica, no Mediterráneo. Derrotada Cartago, e conquistado e integrado o mundo helenístico. Podemos dividir a historia de Roma en tres grandes períodos: Monarquía (753-509 a.C): Etapa na que Roma era gobernada por reis, os últimos de orixe etrusco, de aí a súa gran influencia artística. República (509-27 a.C): Nesta fase Roma inicia a súa expansión. Culturalmente Roma será deudora do mundo clásico que hereda e adapta ao seu propio estilo pragmático, urbano e militarista. Imperio (27 a. C.-476 d.C.). Ás achegas estruscas e gregas, engade aportacións políticas, xurídicas e extende por todo o seu Imperio valores desta cultura clásica, mediante a chamada romanización donde as provincias enchéronse obras de enxeñería e arquitectura que se caracterizan pola súa utilidade, a súa solidez e a súa grandiosidade. O arquitecto romano, é máis enxeñeiro que artista, realiza una arquitectura esencialmente práctica, funcional e utilitaria, que manifesta unha grande capacidade técnica.Tamén ten que ser MONUMENTAL, como un elemento de propaganda política. O Panteón é o exemplo máis importante de planta central. Foi edificado por Agripa e dedicado a todos os deuses , foi consagrado, segundo a inscrición, no ano 27 a.C. Destruíse e posteriormente foi reconstruído por Adriano cara o ano 120 dC., sobre os restos do de Agripa (do de Agripa procede o entaboamento coa dedicatoria). A planta circular simboliza o acollemento ofrecido a todos os deuses. É o froito do gran avance realizado pola arte romana en relación coas técnicas de construcción gregas. Ten un basamento circular dividido en 2 pisos: piso inferior, donde hai nichos circulares e rectangulares, donde se atopan enterrados artistas do Renacemento, como Rafael Sanzio.; piso superior, placas cuadrangulares, fiestras rectangulares e cegas, e frontóns triangulares. É un conxunto formado por un grande cilindro, cuberto cunha cúpula (43,20 m de altura) de media laranxa, con decoración radial de casetóns que van degradando o seu diámetro segundo ascenden, que se apoia no muro circular, que serven para alixeirar o peso e cuxa altura é igual que o diámetro do conxunto. É a maior cúpula construída ata entón, aséntase sobre un muro sen case ventás realizado con formigón, para soportar o enorme peso da cúpula (predomina polo tanto o macizo sobre o van). A construción foi posible polo emprego de oito enormes pilóns de 6 metros (que son os que realmente reciben os empuxes da cúpula e os trasladan aos cimentos a través dun sistema de arresto), e dun sistema de arcos cegos de descarga que conducen a presión da enorme cúpula. No centro da cúpula hai un óculo redondo, de case nove metros de diámetro, única entrada de luz que ilumina o recinto suavemente (óculo cenital). É o primeiro edificio no que o importante é o espazo interior, no que a luz cenital é o reflexo que esta tería na decoración de bronce contribuiría a crear un ambiente sacro. O edificio tiña un revestimento de mármore e tellas de bronce que se perderon ao comezo da Idade Media. No exterior presenta unha enorme fachada de corte clásico, que busca romper coa simetría e busca un efecto de sorpresa en contraste co interior: ao recinto accédese a través dun pórtico de tres naves e fachada octástila (que rompe coa simetría), de orde corintia coroada por frontón, donde leva a inscrición de Agripa. Respecto a súa contorna e integración urbanística, orixinalmente o Panteón tiña que estar rodeado por unha praza porticada que só permitiría ver o pórtico de entrada. Situado no corazón de Roma actual (antigo Campo de Marte), a súa integración no contorno urbanístico é total malia ás súas dimensións, porque non supera a altura dos edificios contiguos. En canto a súa función, contido e significado, o templo dedicado a todos os deuses do Olimpo.As sete ábsidas estaban consagradas ás sete divinidades celestes ( Sol, Lúa, Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno), e a gran cúpula simboliza a bóveda celeste que, segundo os romanos, cubría a Terra a xeito de cúpula. O óculo central é a representación do sol. Posúe influencia grega e etrusca (etrusca- devoción polos deuses do fogar, a importancia dos mosaicos e o desenvolvemento do arco e da bóveda; grega- predominio da beleza, equilibrio, simetría, técnias escultóricas e orden corintio) Máis tarde influirá no Renacemento (cúpula da catedral de Florencia, cúpula de San Pedro do Vaticano (Miguelanxo) e Villa Capra (Palladio)). Segue os modelos de templo circular e cuberta con cúpula é coñecida en Grecia e Mesopotamia. Os templos circulares non eran habituales no mundo clásico, porque se prefería a planta lonxitudinal. Teatro de Mérida O Teatro de Mérida é un teatro romano de autor descoñecido. Foi realizado no século I a.C., polo que pertence ao estilo romano imperial. Está construido con pedra e mármore. Rómulo e Remo). O contexto histórico no que xurde está marcado polo trunfo de Roma como potencia hexemónica, no Mediterráneo. Podemos dividir a historia de Roma en tres grandes períodos: Monarquía (753-509 a.C): Etapa na que Roma era gobernada por reis, os últimos de orixe etrusco, de aí a súa gran influencia artística. República (509-27 a.C): Nesta fase Roma inicia a súa expansión. Culturalmente Roma será deudora do mundo clásico que hereda e adapta ao seu propio estilo pragmático, urbano e militarista. Imperio (27 a. C.-476 d.C.). Ás achegas estruscas e gregas, engade aportacións políticas, xurídicas e extende por todo o seu Imperio valores desta cultura clásica, mediante a chamada romanización . O arquitecto romano, é máis enxeñeiro que artista, realiza una arquitectura esencialmente práctica, funcional e utilitaria, que manifesta unha grande capacidade técnica.Tamén ten que ser MONUMENTAL, como un elemento de propaganda política. Construído durante o mandato do emperador Vespasiano, e inaugurado polo seu fillo Tito no ano 80. A súa inauguración coverteuse nunha festa que durou uns 100 días. O nome Coliseo, co que se coñece dende a Idade Media, fai referencia ao coloso de Nerón, estatua de 20 m que se alzaba nas inmediacións. O anfiteatro foi construido próximo ao palacio de Nerón, na parte dos xardíns que queda abandonada tras o suicidio do emperador e a súa construción faise necesaria despois de que desaparecese o anfiteatro antigo no incendio provocado por este emperador no ano 64. A pesar dos expolios e destrucións que sufriu, conserva intacta a súa planta elíptica e boa parte do alzado (catro pisos), constituíndo un impresionante monumento que chegou dende a antigüidade. Tiña uns 100 días de espectáculo ao ano, con entrada gratis e unha cabida duns 50.000 espectadores. As entradas distribuíanse segundo a xerarquía político-social. Os materiais que se utilizan son bloques de cachotería, ladrillo, formigón combinados con gran destreza para proporcionar solidez á obra. No exterior aparecería recuberto por mármore travertino que ennoblecían o conxunto, hoxe desaparecidas por ser utilizadas nos palacios do Renacemento. No exterior o alzado consta de tres pisos de 80 arcos coa superposición de ordes (toscano, xónico, corintio) coroado por un ático sobre o que se apoiaban estatuas e escudos. Todo o exterior estaba recuberto de estuco con estatuas entre os intercolumnios. Tanto o interior como o exterior era unha ostentación de luxo. Un estilóbato é a base da fachada, a partir del, superponse unha arquería de ventás con columnas acaroadas dos tres ordes: 1o: orde dórico ou toscano. 2o: orde xónico. 3o: orde corintio. Culminado cun entaboamento. Posteriormente o emperador Tito mandou construír un 4o piso que se levou a cabo en tempo de Domiciano, para aumentar a capacidade do anfiteatro. Presenta un ático de ventás cadradas. Un inmenso toldo (velarium) protexía ao público do sol e a choiva, que se suxetaba cuns mástiles apoiados nunhas 240 ménsulas (aínda quedan algunhas). Interior:80 arcos de medio punto da planta baixa son as portas que dan acceso ao graderío. A estrutura non está feita aproveitando o terreo, senon que se levanta sobre unha multitude de bóvedas superpostas, sustentadas por pilastras colocadas en disposición radial. A cávea disponse en tres pisos comunicados entre sí, con corredores concéntricos abovedados (bóvedas de canón e aresta) que sostiñan as gradas con escaleiras de acceso aos diferentes sectores. Quilómetros de corredores e galerías, logran encher e valeirar o graderío en tres minutos. A area estaba sobre un piso de madeira que protexía as instalacións subterráneas (máquinas, cárceres, gaiolas...) Dende este interior destacaban as dúas portas principais que abrían o edificio no seus extremos: á dereita Triunfalis e a esquerda Libitinaria que era por onde se evacuaban as vítimas. A disposición das ordes da fachada servíu de influencia nos palacios renacentistas. O coliseo é modelo para a construción de recintos deportivos (estadios de fútbol...). Arco de Tito Arco de Tito é un anfiteatro de autor descoñecido. Está construído no ano 81, polo que pertence ao estilo romano imperial. Está feito con distintos materiais como perpiaños en Pedra e mármore En canto ao seu contexto histórico-artístico, considérase como data de inicio da civilización romana o ano 753 a.C., data da fundación da cidade de Roma (lenda de Rómulo e Remo). O contexto histórico no que xurde está marcado polo trunfo de Roma como potencia hexemónica, no Mediterráneo. Podemos dividir a historia de Roma en tres grandes períodos: Monarquía (753-509 a.C): Etapa na que Roma era gobernada por reis, os últimos de orixe etrusco, de aí a súa gran influencia artística. República (509-27 a.C): Nesta fase Roma inicia a súa expansión. Culturalmente Roma será deudora do mundo clásico que hereda e adapta ao seu propio estilo pragmático, urbano e militarista. Imperio (27 a. C.-476 d.C.). Ás achegas estruscas e gregas, engade aportacións políticas, xurídicas e extende por todo o seu Imperio valores desta cultura clásica, mediante a chamada romanización . O arquitecto romano, é máis enxeñeiro que artista, realiza una arquitectura esencialmente práctica, funcional e utilitaria, que manifesta unha grande capacidade técnica.Tamén ten que ser MONUMENTAL, como un elemento de propaganda política. Levantado para conmemorar a vitoria de Tito sobre os xudeus no ano 70, é de mármore, cun só vano e dupla alzado. É o arco máis antigo de tódolos que se conservan en Roma. No piso superior está colocado o epígrafe que recorda o acontecemento que motivou a súa construción: SENATUS POPULUSQUE ROMANUS DIVO TITO DIVI VESPASIANO FILIUS VESPASIANO AUGUSTO: senado e pobo de Roma ao divino Tito, fillo do divino Vespasiano e a Vespasiano Augusto. O feito de que Tito apareza divinizado demostra que o arco foi construído despois da súa morte por encargo do Senado como afirma a inscripción (tamén puido servir de tumba) Cunha ornamentación sobria e dun só vano está flanqueado por dous grandes piares con bóveda de canón no seu interior. Está adornado con columnas de fustes estriados e lisos e entaboamentos clásicos, presenta capiteis compostos que combinan as volutas xónicas cos acantos corintios. Unha liña de imposta separa o zócalo do corpo principal, no que destacan catro semicolumnas con capiteis compostos, situadas nos ángulos dos piares. É unha combinación de arquitectura abovedada coa alintelada grega. Remata nun ático cunha monumental inscripción coa dedicatoria. No intradós do arco aparecen interesantes altorrelevos de gran formato colocados a ambos lados no corpo central do piar, alusivos á conquista do emperador Tito da cidade de Xerusalén. Na dereita represéntase ao emperador Tito na súa entrada triunfal en Roma, nun gran carro e coroado pola Vitoria e no outro, unha comitiva co botín tomado en Xerusalén (candelabro dos sete brazos...). Respecto a súa contorna e integración urbanística marca o inicio da Vía Sacra. A súa función é a conmemoración do triunfo. Influirá noutros arcos romanos, como outros de períodos posteriores.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved