Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Anatomía del Sistema Circulatorio en Vertebrados, Apuntes de Biología

FisiologíaBiología CelularAnatomía humana

Una descripción detallada del aparato circulatorio en vertebrados, incluyendo tipos, componentes y funciones de la circulación simple y doble, así como el sistema arterial, venoso y linfático en mamíferos. Además, se explica la estructura y funciones del corazón.

Qué aprenderás

  • ¿Cómo funciona el sistema arterial, venoso y linfático en mamíferos?
  • ¿Qué tipos de circulación existen en vertebrados?
  • ¿Cómo está constituido el corazón y qué funciones desempeña?

Tipo: Apuntes

2019/2020

Subido el 08/10/2021

Laraa_
Laraa_ 🇪🇸

4.5

(2)

9 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Anatomía del Sistema Circulatorio en Vertebrados y más Apuntes en PDF de Biología solo en Docsity! Aparello circulatorio en vertebrados Existen dous tipos de aparellos circulatorios pechados: 1. Circulación simple: o circuito é único e o sangue pasa unha soa vez polo corazón. Preséntana os peixes. 2. Circulación dobre: o circuito é dobre e o sangue pasa dúas veces polo corazón : - Circuito pulmonar ou menor: comunica os pulmóns co corazón. - Circuito maior ou xeral: comunica o corazón co resto do corpo. Este circuito é característico de vertebrados terrestres de respiración pulmonar. Dous tipos: - Circulación incompleta: o sangue rico en osíxeno e o sangue pobre en osíxeno mestúranse no corazón, ó existir un solo ventrículo. (anfibios e reptís, excepto o cocodrilo) - Circulación completa: o sangue rico en Oz non se mestura co sangue pobre en Oz provinte da circulación maior, xa que existen 2 ventrículos. (aves e mamíferos). Aparato circulatorio en mamíferos O máis evolucionado é o do ser humano, formado por: corazón, sistema arterial e sistema venoso xunto co sistema linfático. - SISTEMA ARTERIAL Formado polas arterias. A máis importante a aorta que leva a sangue desde o ventrículo esquerdo a todos os órganos. Ramificase para formar entre outras : as carótidas ( que van a cabeza), as branquiais (que van ós brazos), as renais (ós riles), e as femorais (ás pernas). As arterias coronarias levan a sangue ó músculo cardíaco. A arteria pulmonar leva a sangue desde o ventrículo dereito ós pulmóns para osixenarse. - SISTEMA VENOSO Formado polas veas que recollen ó sangue de todos os órganos e devolveno as aurículas. Á aurícula esquerda chegan as 4 veas pulmonares. Á aurícula dereita chegan a vea cava inferior e a vea cava superior. - CORAZÓN Atópase envolto por un saco de tecido conxuntivo (pericardio); no seu interior hai un líquido que baña ó propio corazón e reduce a fricción deste co exterior, As súas paredes están constituidas por tecido muscular cardíaco (miocardio). As cavidades internas están tapizaddas por unha fina capa de tecido endotelial (endocardio). Comprende 4 cavidades: 2 aurículas e 2 ventrículos, entre os cales existe un tabique de separación. Aurícula e ventrículo de cada lado están conectados por unha válvula, que obriga a circular a sangue desde a aurícula ao ventrículo, evitando o seu retorno; no lado dereito atópase a válvula tricúspide e no esquerdo a bicúspide ou mitral. Á saída das arterias do corazón atópanse as válvulas sigmoideas (aórtica e pulmonar) que evitan o retroceso da sangue ós ventrículos. O corazón ten a propiedade de contraerse. Consta de dous movementos, un de contracción (sístole) e outro de relaxación (diástole). Fases: - Diástole auricular: as aurículas reláxanse e a sangue entra nelas a través das veas. - Sístole auricular e diástole ventricular: as aurículas contráense e a sangue pasa ós ventrículos a través das válvulas tricúspide e bicúspide. Os ventrículos reláxanse e entra a sangue neles provinte das aurículas. - Sistole ventricular e diástole auricular: os ventrículos contráense e impulsan a sangue fora do corazón a través das arterias pulmonar (lado dereito) e aorta (lado esquerda). Coa contracción, péchanse as válvulas tricúspide e mitral para evitar o retorno da sangue ás aurículas. Iniciase un novo latexo.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved