Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Comentario de Texto sobre o reinado de Carlos IV e Godoy, Exámenes de Historia de España

Comentario de Texto en Gallego

Tipo: Exámenes

2022/2023

Subido el 26/11/2023

lehe-pij
lehe-pij 🇪🇸

1 documento

1 / 2

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Comentario de Texto sobre o reinado de Carlos IV e Godoy y más Exámenes en PDF de Historia de España solo en Docsity! ENCUADRE Estes documentos están datados na primeira década do século XIX. Trátase duns documentos históricos, públicos, oficiais e xudiciais. (No que respecta o primeiro documento) Con Carlos IV como rei, xunto con Manuel Godoy, firmouse o Tratado de Fontainebleau no ano 1807, no que se pretendía a invasión de Portugal e o seu reparto, permitindo que as tropas francesas entrasen en España. Sen embargo, a intención dos franceses, non era só ocupar Portugal, senón que tamén pretendían ocupar España. Godoy, dándose conta do sucedido, envía a familia real a Sevilla e logo a América. Este movemento ocasionou un forte levantamento por parte do pobo de Madrid, promulgado por Fernando VII, que se dirixiu a Aranjuez e obrigou a Carlos IV a abdicar, foi o chamado Motín de Aranjuez. O motín deixou ver a debilidade dunha monarquía disputada entre pai e fillo. Ámbolos dous pedían axuda a Napoleón, e este viu así a posibilidade de acabar ca monarquía borbónica en España. Chamounos a Bayonne obrigándoos a renunciar ao trono, proclamando ao irmán deste, a Xosé I Bonaparte como rei de España. (No que respecta o segundo documento)Tras a invasión francesa de España e a coroación de Xosé I en 1808, o pobo español non consideraba lexítimo o novo goberno e concedeuse o poder soberano, en ausencia do rei Fernando VII, mediante a creación de " Xuntas". Para coordinar a acción política e militar da xunta contra a ocupación creouse a Xunta Central Suprema, primeiro con sede en Aranjuez e posteriormente, fuxindo do avance francés, en Cádiz. Esta Xunta contou con figuras importantes da política española, como os ilustrados Floridablanca e Jovellanos, e decidiu convocar Cortes para elaborar unha Constitución que contrarresta o "Estatuto de Baiona". O terceiro documento foi redactado en abril de 1814, cando, trala derrota das tropas napoleónicas, as Cortes de Cádiz regularon o regreso de Fernando VII "o desexado" ao trono de España e o seu cumprimento da Constitución de 1812. ANÁLISE Napoleón intentou dotar de legalidade na nova monarquía imposta en España, convocando unha asemblea (liña 2) na que deputados, conformados polos representantes de cada estamento, tiñan que presentarse en Bayona. Estes aprobaron o chamado “Estatuto de Bayona”, pero non é unha constitución posto que non foi elaborada por representantes da nación española, considerouse unha “carta outorgada”. Sen embargo, tivo un papel histórico importante ao obrigar a elaboración dunha constitución alternativa polos que se enfrontaban aos franceses. O Estatuto tiña un carácter autoritario, dividida en tres estamos: nobreza, clero e pobo (liña 8-9), recoñecía algúns dereitos, como a liberdade de imprenta ( liña 20) e a inviolabilidade do domicilio. Suprimía privilexios señoriais e declaraba a relixión católica como a única permitida (liña 5). Abolía as aduanas interiores (liña 16) e reformaba a facenda. As xuntas tentáronse coordinar por medio dunha Xunta Central Suprema que se reuniu en Aranjuez tras a vitoria de Bailén, pero que tivo que retroceder ante o avance de Napoleón na segunda fase da guerra. Esta Xunta, que recoñecía como lexítimo soberano a Fernando VII, disolveuse en 1810 tras a convocatoria dunhas Cortes, quedando o poder nunha rexencia de cinco membros. Os deputados a esas Cortes non puideron elixirse normalmente pola situación de guerra, polo que se escolleron a representantes que se achaban na cidade, polo que o ambiente liberal dominou nelas. Isto fixo que constasen cunha cámara única, en lugar de que o voto se realizase por estamentos. A Constitución coñécese como “a Pepa” ao promulgarse o día de San Xosé de 1812, e foi un texto propio do espírito da burguesía liberal, establecendo a “soberanía nacional”, aínda que nalgúns puntos chegue a un compromiso cos sectores absolutistas, como no caso do recoñecemento da relixión católica. Destaca tamén a presenza dun gran número de deputados do estamento clerical, o que ten o seu reflexo no artigo 12.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved