Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Comentario de textos - Pobos prerromanos, Ejercicios de Historia antigua

Comentario de textos sobre os pobos prerromanos, clases interactivas de Manuel Villanueva curso 20/21

Tipo: Ejercicios

2020/2021
En oferta
30 Puntos
Discount

Oferta a tiempo limitado


Subido el 18/02/2021

iago-blanco
iago-blanco 🇪🇸

4.5

(35)

19 documentos

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Comentario de textos - Pobos prerromanos y más Ejercicios en PDF de Historia antigua solo en Docsity! OS POBOS PRERROMANOS PENINSULARES HISTORIA ANTIGA DA PENÍNSULA IBÉRICA Iago Blanco Otero COMENTARIO DE TEXTOS Nas sucesivas páxinas procederáse a desenvolver unha serie de documentos, fontes de tipo primaria, as cales versan sobre os sucesos e características que envolven aos diferentes pobos que se esparcían arredor da Península Ibérica con anterioridade á ocupación romana; un conxunto de textos que, polo tanto, tratan sobre un amplo espectro de comunidades heteroxéneas dende a perspectiva de eruditos latinos da época clásica de Roma, isto é, entre o século II a.C. até mediados do século II d.C. Así pois, o primeiro dos estractos documentais pertence a Apiano, un historiador romano de orixes gregas que viviu entre os anos 95 e 165 d.C. Nel, o autor relata o estalido dunha guerra en territorio hispano, en concreto no territorio celtíbero de Segeda, que se localiza na actual comarca de Calatayud, moi preto de Zaragoza. Da descripción de Apiano dedúcese que Segeda era xa para o 179 a.C. unha cidade grande e poderosa, pertencente a unha tribu circunscrita dentro da comunidade celtíbera e denominada belos. É pertinente clarificar aquí que as poboacións celtíberas foron aquelas que ocuparon dende a parte septentrional do Douro e do Texo ata as terras do Ebro, e que as subdivisións en tribus foron feitas polos historiadores latinos seguindo criterios etnográficos. Dito isto, a tribu dos belos atopábase inscrita nos Tratados de Sempronio Graco, uns acordos levados a cabo entre o político romano e os pobos celtíberos arredor do ano 179 a.C. co que se pretendían regular, despois de varias e arduas campañas militares, as relacións entre Roma e os devanditos pobos. Este intento de pacificación por parte de Roma é reseñable e importante a ter en conta, debido a que os propios romanos partiran da errónea conxetura de que os pobos celtíberos eran de natureza máis pacífica do que na realidade acabaron por se atopar: grupos heteroxéneos afeitos aos conflitos e que presentaron unha gran resistencia, o que supuxo un esforzo militar maior do esperado nun primeiro momento. En consecuencia, o texto de Apiano indica un periodo intermedio entre a primeira guerra celtíbera, que remata coa firma dos pactos de Graco, e a segunda guerra celtíbera, que comeza arredor do ano 154 a. C. Esta fase intermedia caracterizouse, como xa se viña expoñendo, pola pacificación dos territorios celtíberos, mais o que ilustra Apiano no documento é unha etapa de debilitamento desa paz, da súa posta en perigo en tanto en sitúa aos ártabros na rexión noroccidental, unha zona rica en ríos -chega a nomear tres- e no que aproveita para mencionar a famosa lenda do río Limea ou Limia. Segundo o texto, pódese supoñer que o pobo ártabro outorgáballe unha importancia destacable ao mar, xa sexa a marinaxe de baixamar ou a navegación de cabotaxe, posto que se especifica o feito de que as súas cidades se agrupaban en torno ao golfo denominado Porto dos Ártabros. Como mínimo, o mar debía de ser unha fonte de sustento importante, algo que ratifica cando máis adiante afírmase que a pesares de vivir en rexións prósperas, os ártabros pasaban máis tempo fóra das súas terras que dentro delas, ben polas guerras contra os veciños na outra beira do río ou ben pola súa adicación á piratería. Retomando agora o pobo lusitano, del se dí que era experto nas emboscadas e exploracións, o que ven a querer corroborar o carácter e tradición combativos das comunidades do occidente peninsular, e que se axusta á descripción do estilo de enfrontamento destas comunidades fronte aos romanos nas denominadas guerrillas, ao describilos como hábiles nas manobras e ao seu equipamento como lixeiro. Referénciase asimesmo a súa espiritualidade, aclarando que empregaban as artes da adivinación a partir da examinación de entrañas, algo habitual nas diferentes civilizacións mediterráneas da Antigüidade (mesmo os romanos herdaron este tipo de adivinación do pobo etrusco). Por último, e enlazando así o texto de Estrabón coa seguinte tanda de documentos, están os xa mencionados vacceos, sobre os que tamén escribe Diodoro de Sicilia ou Sículo, un historiador grego que viviu entre os anos 90 e 30 a.C. Entre os textos de ámbolos dous historiadores pódese destacar que os vacceos foron fundamentalmente un pobo de orixe celta que desenvolveron especialmente o ámbito da gandería e, en comparación ás tribus veciñas, tamén o ámbito agrícola. Deles é sobre todo reseñable o que o propio Diodoro (5, 34) destaca en relación ao trato que lle daban á terra, pois os vacceos posuían un sistema de reparto anual moi adiantado en comparación ao resto de comunidades celtíberas, con colleitas distribuidas de maneira equitativa atendendo ás necesidades individuais e impoñendo duras sancións -que chegaban incluso á pena capital- para aqueles que cometesen malversación neste aspecto. Con todo, este sistema foi posto en dúbida pola historiografía contemporánea, xa que as propias características da tribu vaccea e os novos rexistros arqueolóxicos atopados parecen refutar a riqueza agrícola á que apelan as fontes clásicas. Por outra banda, a propia xeografía peninsular evidencia a máis que posible falsedade dos datos proporcionados por Dionisio, posto que os pobos prerromanos que fundamentaban a súa economía na produción agrícola son aqueles máis cercanos á costa mediterránea, a vales fértiles, especialmente arredor do Ebro ou da rexión meridional da Península, e que grazas á súa maior actividade comercial pola mellor conexión coas metrópoles mediterráneas e outras comunidades, así como polo seu excedente agrícola, desenvolveron antes un sistema pecuniario, caso da costa emporitana, en contraste co sistema predominantemente gandeiro da meseta. Continuando cun compendio de textos sobre vacceos de Diodoro Sículo, este e outros autores xa coñecidos escriben tamén sobre os celtíberos. Así, o propio Diodoro, na súa obra Historia Universal, establece que os celtíberos son o resultado da mestura entre os íberos meridionais e os celtas septentrionais, anteriormente en liza, e que acabaron por se pacificar mediante a imposición de matrimonios mixtos nunha rexión de confluencia entre ámbalas dúas comunidades; así é que os romanos converxeron ambos nomes nun só, saíndo como resultado a Celtiberia. Acto seguido Estrabón amplía, de novo na súa obra Geographica, a información acerca dos celtíberos discutindo as divisións territoriais do país da Celtiberia. Segundo explica, é difícil saber con certeza se existían catro ou cinco rexións celtíberas debido aos acusados cambios que se produciran na súa poboación, algo que se antolla certo. Os romanos, en primeira instancia, non posuían suficientes coñecementos acerca destas poboacións, e por outro lado, a historiografía actual sostén que as comunidades celtíberas non gozaban de ningún tipo unidade, máis alá dos posibles acordos entre diferentes cidades independentes aos que referenciábamos no documento de Apiano. Esta desunión, a heteroxeneidade inherente ao mundo celtíbero, fai que aínda a día de hoxe -xa non digamos na época clásica- sexa unha ardua labor levar a cabo afirmacións definitivas sobre o modus vivendi das diferentes poboacións celtíberas. Noutro estracto do mesmo autor establécense catro nacións principais entre os celtíberos, das cales destaca a dos arévacos e a dos lusóns. Sobre os primeiros dí que habitan a rexión limítrofe cos carpetanos, e que a súa cidade máis importante non era outra que Numancia, recoñecida polo propio Estrabón debido á súa resistencia heroica contra o exército romano, chegando a manterse en guerra con eles por dúas décadas e deixándose morrer de fame cando se viron acorralados nas súas propias murallas antes que deixarse vencer. Ademais dos arévacos, o xeógrafo latino menciona, como xa se adiantou, aos lusóns, sobre os que non achega máis información que o seu paradeiro, aclarando que “pueblan la parte oriental, confinan también las fuentes del Tagos [o río Texo]”. Interesante é tamén que toma a escasez dunha rede urbana densa -distribúense en cidades, pero son poucas e non exercen gran influencia- como síntoma de incivilidade e miseria, a excepción das prósperas urbes bañadas polas augas mediterráneas, tachando aos poboadores das rexións máis adentradas na península de salvaxes, sen posibilidade de exercer unha campaña de civilización a partires das súas cidades. Pese a que isto é posiblemente verídico, cabe resaltar que as fontes ás que nos atemos son latinas, polo que hai que pensar en que as descripcións das tribus bárbaras estarían plagadas de tópicos cos que vexalas e, á súa vez, ensalzar o civilismo e a grandeza de Roma fronte a elas. Pola súa parte, Plinio o Vello escribe, na súa Historia Natural, sobre os pobos que se circunscribían no Convento Cluniense, unha das xurisdiccións provinciais romanas da península e que se correspondería co territorio que actualmente abarcan Cantabria, o País Vasco, Navarra e as provincias do norte de Castela e León e Aragón, aproximadamente. Volve a mencionar a importante fama dos numantinos, e explica a orixe do nome dos arévacos, o cal proviría do río Areva. Tamén é remarcable o feito de que se especifica o tipo de edificacións urbanas empregadas polos celtíberos; Plinio resalta seis oppida -plural de oppidum-, que eran complexos fortificados situados en zonas altas, como outeiros ou mesetas, de xeito que se proporcionara unha protección debido ao desnivel en caso dun ataque foráneo, mais tamén para a boa visión das terras circundantes. Os oppida podían ser empregado como un abrigo fortificado habitable, pero tamén como simle espazo urbano ou como un lugar estratéxico de dominio dun espazo de cultivo. Concluindo o conxunto documental achégase unha fracción do decreto de Paulo Emilio, un político e xeneral romano elixido dúas veces Cónsul -ainda que nestes intres era gobernador de Hispania Ulterior-, e que viviu entre os anos 229 e 160 a.C. Co susodito decreto establecíase a liberación das persoas que vivían baixo o iugo da escravitude imposta polos hastenses, que eran os habitantes da torre Lascutana, unha localización a escasos kilómetros de distancia da actual cidade de Cádiz. O feito de que o ordenamento estivera escrito por un romano nun campamento da a pensar que se realizou en medio dunha campaña militar, algo que se adecua perfectamente coa data á que se asigna o
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved