Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Comentario obra teatro Shakespeare en Roma, Ejercicios de Historia antigua

Comentario sobre la obra de teatro

Tipo: Ejercicios

2021/2022

Subido el 10/11/2023

yeikel-sotelo-domiguez
yeikel-sotelo-domiguez 🇪🇸

5 documentos

1 / 5

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Comentario obra teatro Shakespeare en Roma y más Ejercicios en PDF de Historia antigua solo en Docsity! Shakespeare en Roma YEIKEL SOTELO DOMÍNGUEZ GRUPO 2 INTERACTIVO D Durante a saída tivemos a ocasión de ver representada a obra Shakesperare en Roma grazas ao Centro Dramático Galego. Pese que esta obra é unha unidade en si mesma, a obra basease en catro obras diferentes realizadas por William Shakespeare. Por outro lado, temos que ter en conta que o escritor anglosaxón emprega varias fontes á hora de escribir estas obras da historia de Roma, aínda que ben é certo que a obra de Plutarco é a fundamental. A primeira das obras representadas é Coriolano. Nun primeiro momento o protagonista Caio Marcio, máis tarde chamado Coriolano, preséntasenos dende un punto de vista hostil, nun contexto de revolta dos cidadáns contra os patricios debido á falta de trigo. Neste momento é cando Menenio calma aos protestantes, cuxa revolta vese minimizada debido á ameaza externa que supón o pobo dos volscos. Neste intre, Caio Marcio, que é o mellor guerreiro que posuía Roma por aquel entón, sobresae no asedio e conquista da cidad de Coriolani, de aí ven o nome de Coriolano. Deste xeito, Coriolano destácase como un dos personaxes máis famosos de Roma e parecía que o seu destino ía ser o consulado de Roma. Temos agora a un Caio Marcio diferente, xa non só era un dos mellores combatentes que tiña Roma senón que pasa a ser un heroe, idóneo para o cargo de cónsul. Pese a boa situación na que Coriolano se atopaba, moitos dos seus detractores pretendían estender no pobo de Roma a idea de que Coriolano sería un mal gobernante. Desta forma, o noso protagonista será condenado ao desterro e decide unirse ao seu antigo inimigo volsco, Aufidio, ao que acabará traizoando e será ese o que lle de morte. Cabe destacar varias cousas nesta peza da obra. Podemos pensar que Coriolano representa o poder da clase dominante e o desprezo destes de cara ao pobo. É interesante ver como os conspiradores manifestan as posibles virtudes de Coriolano para facelas ver como defectos á hora de gobernar, ven a este como unha persoa que móvese por honra, fama e polo desexo de satisfacer a súa nai, da que despois falaremos. Os conspiradores empregan estas virtudes no seu favor para tratar de crear unha imaxe de Coriolano que cause descontento ente o pobo, ven a súa busca de honra e fama como un vicio, como algo que non pode controlar e que fará que se converta nun tirano. En contraposición ao protagonista temos ao pobo de Roma como conxunto, este preséntasenos como cambiante, inestable e anárquico, pero sobre todo faise fincapé na súa incapacidade en todo o relacionado coa política. Isto último podémolo ver na primeira escena onde Menenio Agripa cóntalles aos cidadáns que se manifestan pola falta de trigo a fábula da rebelión das partes do corpo fronte ao estómago. Fundamental tamén será a figura de Veturia, a nai de Coriolano. Esta insiste en que prefire mandar ao seu fillo á guerra coa posibilidade de que faleza antes que perder a honra, antepoñendo Roma por diante do seu fillo. Veturia e Volumnia, esposa de Coriolano, rematarán sendo os personaxes fundamentais, xa que serán as que freen a este nas portas de Roma. Deste xeito, Veturia salva Roma pero ao mesmo tempo, condena ao seu propio fillo. Pese a que os volscos son os que matan a Coriolano, o seu líder manda honrar a súa memoria, o que reflexa claramente que Coriolano era amplamente respectado entre todos, tanto romanos como volscos.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved