Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Comunicación Interpersonal: Características, Historia y Importancia - Prof. Martínez, Apuntes de Periodismo

Una profunda exploración de la comunicación interpersonal, su caracterización, historia y importancia en el contexto social. Aprende sobre la copresencia, códigos verbales y no verbales, el papel de mead y su teoría de la interacción simbólica, y cómo la comunicación interpersonal se manifiesta en procesos de comunicación masiva. Además, se abordan temas relacionados como la persuasión, la interacción y la comunicación en grupos sociales.

Tipo: Apuntes

2014/2015

Subido el 03/12/2015

lalalala1234-3
lalalala1234-3 🇪🇸

5

(1)

2 documentos

1 / 15

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Comunicación Interpersonal: Características, Historia y Importancia - Prof. Martínez y más Apuntes en PDF de Periodismo solo en Docsity! Comunicación Interpersoal e Comunitaria Tema 1- Apontamentos Comunicación Interpersoal: concepto. características. modelos O concepto "interpersoal" fai referencia á cantidade de situacións nas que, como persoas, realizamos un intercambio de mensaxes. Comprende, no campo da comunicación, as modalidades comunicativas nas que existe unha transacción contínua na que interveñen persoas, sexan estas dun individuo a outro individuo (falar cara a cara), dun individuo a unha colectividade, ou mesmo, dunha colectividade a outra de individuos. Características. A comunicación interpersoal é un proceso no que os suxeitos son accesibles o un ao outro. Na interacción comparten o mesmo espazo e o mesmo tempo. A comunicación interpersoal caracterízase por: - Copresenza no espazo e no tempo: os axentes da comunicación pódense ver e oír sen necesidade de utilizar ningunha tecnoloxía que codifique e descodifique ou que amplíe ou faga chegar os sinais comunicativos. Neste proceso teñen importancia os aspectos relacionais e non só o contido da comunicación. - A multiplicidade de códigos na comunicación interpersoal: interveñen códigos verbais e non verbais. - É unha comunicación específicamente orientada cara os demáis, de xeito que apela a un destinatario concreto e accesible. Os axentes coñécense e poden axustar a súa comunicación un ao outro. - É unha comunicación bidireccional; dialóxica. Os axentes intercambian alternativamente o papel de emisor e receptor. Modelos. As primeiras referencias respecto de "comunicación interpersoal" atopámoas nos estudos de Georg Simmel a principios do século pasado. Após outros psicólogos e sociologos traballaron nas interaccións na vida cotiá, até que comunicologos e mediólogos as 1 aplicaron á análise da comunicación. Velaí que, desde as ciencias sociais, varias correntes teóricas como o interaccionismo simbólico, as teorías sobre o intercambio social, a teoría da congruencia ou a da auto-revelación, como tamén a teoría constructivista, a da incertidume ou a do desenvolvemento das relacións, influiron no concepto comunicativo do interpersoal. A partir do Interaccionismo Simbólico, en concreto desde os traballos de George Mead, o interese deste tipo de comunicación radicaba en como a mente e o concepto de "si mesmo" do individuo emerxe das interaccións con "outros" que lle son significativos ao través dun proceso social. Mead atende, sobre todo, a como ise "si mesmo" constitúese na mente, na cognición e na linguaxe. Para o Interaccionismo Simbólico é ao través das interaccións como os individuos crean estruturas simbólicas que outorgan sentido á realidade; estruturas sobre as que socialmente estaremos dacordo previamente. As interaccións simbólicas permiten ás persoas negociar, manipular e mudar ata certo punto a estrutura e a realidade. Mead describe a comunicación como un acto social que require cando menos dous individuos, en interacción, un co outro, que constrúan en común unha estrutura conformada por tres elementos consecutivos: un xesto por parte dun individuo, a resposta a este xesto por parte dun segundo individuo e o resultado dunha acción inicial do primeiro xesto. Mead considera que a capacidade humana para usar símbolos significantes é a base da verdadeira comunicación, pois os seres humanos van máis alá do uso dunha simple linguaxe xestual. Ao través da mente humana, Mead asegura que, apréndense os significados comúns e, ademáis, poden seren compartidos entre as persoas no transcurso das súas relacións; sendo estes símbolos significantes a base da linguaxe utilizada na comunicación humana. Pola súa parte, Herbert Blumer (discípulo de Mead) di que o comportamento interpretativo das persoas é real, non unha macro estrutura, e considera que a vida social componse dos encontros diarios na "vida real". Nela, os roles non son simplemente dados pola sociedade e tomados polo individuo, senon que os roles se 2 Ramson Rogers e promovida por grandes pensadores como Erich Fromm, Abraham Maslow ou Gordon Allport. A psicoloxía existencial humanista da que provén Rogers pon especial atención nas cualidades positivas da persoa e a comprensión conscente de si mesma, para lograr un mellor soporte afectivo: en fin, o estudo das relacións humanas como fonte de crecemento persoal. A teoría da congruencia mantén que a conducta dunha persoa resultará da experiencia interna da realidade, tal e como esta é percibida e sentida polo individuo. Esto implica entender que unha persoa pode sentir "como se" fora a outra persoa coa que se relaciona (ao través da comprensión empática), pero nunca sentir o que a outra sinte. Rogers, que dicía que toda relación é "terapéutica" planea tres aspectos das relacións entre persoas: a congruencia, a aceptación incondicional e a empatía. A congruencia refírese á correspondencia entre a concienza do "eu" e o conxunto total de experiencias da persoa (campo fenomenolóxico); a aceptación incondicional permite ao "outro" a contactar cos seus sentimentos e expresalos sen temor a seren xulgados, e xa que logo, a un mellor entendemento entre as persoas; por último, a empatía que é apreciar as actitudes e ideas do outro desde o seu punto de vista, captar o seu xeito de sentilas, situarse no seu esquema referencial respecto ao tema que está en discusión. Jourard estudou a comunicación interpersoal desde a perspectíva da auto-revelacion, sostendo que a relación ideal prodúcese nun contexto no que os participantes non se atopen nun ambiente amenazante. Cando as persoas perciben boa vontade por parte dos outros están máis dispostas a amosarse abertamente ante os demáis. Jourard fala do concepto de "apertura" ou o de "transparencia" entendendo que apertura é a disposición individual de deixar que o mundo do pensamento dos outros sexa revelado por eles mesmos, deixar que o mundo se amose libremente. Por transparencia, a disposición da persoa para revelarse il mesmo aos outros. Segundo Jourard hai unha correlación positiva entre a auto revelación coa revelación dos outros; é o que, na comunicación interpersoal, enténdese como "efecto diádico". Kelly, desde a teoría ou enfoque constructivista (moi influenciado 5 polo interaccionsimo simbólico), postula a existencia duns constructos que representan o xeito de "construir o mundo", unha certa maneira de prever e predecir os eventos comunicativos. Baixo esta perspectiva xúntanse as teorías que abordan a produción de mensaxes desde o punto de vista cognitivo, tentando demostrar a relación entre o grao de complexidade cognitiva que manexan os individuos e o grao no cal eles son capaces de xerar mensaxes eficaces para lograr os seus obxectivos. Segundo os constructivistas a persoa da sentido ao mundo ao través dun sistema de constructos persoais. Os constructos son padróns que situamos porriba da "realidade" para darlle orden ás nosas percepcións. As persoas congitivamente complexas teñen maior vantaxe comunicativa que as persoas que teñen un menor desenvolvemento das súas estruturas cognitivas. Berger desenvolveu a teoría de redución da incertidume inicialmente para explicar os padróns de interacción observados nas interaccións iniciais, relacións entre estranos. Após tamén se interesou polo marco xeral de interaccións durante as relacións. Os comezos das relacións persoais, para Berger, están cheos de incertidume e asegura que na medida en que decreza a habilidade dunha persoa para predecir cal alternativa é máis probable que suceda durante a interacción, a incertidume incrementa. A idea central da teoría é a suposición de que cando dous estranos se coñecen o seu primeiro interese será o de reducila incertidume. Hai dúas clases de incertidume, segundo Berger, que se presentan na primeira interacción cun estrano: a primeira ten que ver co comportamento a seguir; as persoas usan con frecuencia protocolos aceptados para rachar co xeo. A segunda relaciónase con descubrir quen é a outra persoa; as ideas agólpanse na mente tentando conxeturar trazos e características potenciais do outro. Para reducir esta incertidume recúrrese á adquisición de información de xeito que permita descartar posibilidades e avaliar os custes-beneficio na interacción. Na teoría da redución de incertidume explícanse as conexións entre incertidumbre e o desenvolvemento dunha relación: a auto- revelación como factor de redución de incertidume (a máis 6 información teñan as persoas unha da outra, a incertidume reducirá; a máis revelación se comparta durante a interacción, menor será a incertidume). Berger, nas súas teorías máis recentes (teoría da comunicación estratéxica basada en esquemas), conclue que a maioría das interaccións sociais son dirixidas cara unha meta. Considera que as persoas construen continuamente esquemas cognitivos para guiar o seu desenvolvemento social. Knapp e Vangelisti propoñen un modelo no que analisan as etapas polas que pasa unha relación; enfatizan nos efectos que a comunicación ten sobre o desenvolvemento das relacións e como estas afectan á comunicación. No seu Modelo de etapas de interacción nas relacións describen as características e dinámica da Comunicación Interpersonal ao través de dez etapas que representan o ciclo de vida dunha relación Estas etapas, seguen un orden, pero hai a posibilidade de que haxa relacions nas que se salten etapas, que se regrese na relación a etapas anteriores ou ben que a relación non se disolva e fique nunha delas As primeiras cinco etapas corresponden ao achegamento dunha relación (Coming together): iniciación, experimentación, intensificación, integración e unión. As cinco últimas, corresponden ás etapas de separación na relación (Coming apart): diferenciación, circunscripción, estancamento, evitación e terminación. Cada etapa non ten porque distinguirse unha doutra, senón que cada fase contén algún dos comportamentos doutras fases anteriores. Para identificar os chanzos na análise da relación aténdese aos tipos de conductas comunicacionais de unha persoa á outra. A auto-revelación, desenvolvidas por Jourard (e logo por Altman ou Taylor), é un dos aspectos que Knapp e Vangelisti toman para á explicación destas etapas: conforme as etapas avanzan cara o achegamento, a auto-revelación increméntase, e conforme as persoas percorren as etapas cara a separación, a auto-revelación disminue. Tamén teñen en conta o concepto de congruencia e o planeado polas teorías do intercambio social referente ao custe-beneficio dunha 7 razón para su estudio. México, D.F.: Programa Institucional de Investigación en Comunicación y Prácticas Sociales, Dirección de Investigación y Posgrado, Universidad Iberoamericana, 1990. 77 p. RIZO, Marta. Comunicología, interacción e intersubjetividad. Exploración teórica de un objeto de estudio necesario para el campo académico de la comunicación en México y América Latina. Monterrey, N.L.: XX Encuentro de la Asociación Mexicana de Investigadores de la Comunicación, 2008. ROGERS, Carl R. Terapia, personalidad y relaciones interpersonales”. Buenos Aires: Ediciones Nueva Visión, 1985. 117 p. TAYLOR, Dalmas A. y ALTMAN Irwin. “Communication in Interpersonal Relationships: Social Penetration Process”. En: THIBAUT, John W. y Harold H. KELLEY. The Social Psychology of Groups. New York, N.Y.: John Wiley & Sons Publication, 1959. 313 p. Comunicación Interpersoal e Comunicación. Fontes, conceptos e preguntas básicas. Unha das causas da pobreza intelectual do campo de estudo é o problema da ubicuidade da comunicación. A dificultade para chegar a unha definición consensuada de “comunicación” levou ao extremo de pensar que todo pode ser comunicación; e si todo é comunicación, resulta imposible estudiala dun xeito sistemático. Polo tanto, por un lado está o reducionismo de ver á comunicación como sinónimo de comunicación mediática (medios de difusión masiva), e por outro, atopámonos cun concepto polisémico que da lugar á dispersión, que obstaculiza unha concepción e reflexión rigorosas. Peters dicía que “a comunicación foi definida, até de agora, non conceptual, senón administrativamente. Cada departamento, escola ou universidade recrea a área segundo a súa propia imaxe. A teoría fracasa como principio de definición, como fracasa tamén o intento de determinar a comunicación como un obxeto distinto”. Nos anos sesenta, autores como Wilbur Schramm, dicían que “a comunicación non é unha disciplina académica, no sentido no que se designa á física ou á economía, máis ben é unha encrucillada na que son moitos os que pasan, pero poucos os que quedan”. 10 O termo “comunicación” ven da voz latina communicare, que significa intercambiar, compartir, pór en común. O prefixo (-com) é especialmente importante, xa que significa xuntamente, en unión, en compañía de, con, xuntos, mutuamente. Esta acepción relaciónase, sen dúbida, coa interacción, que pola súa orixe etimolóxica, refírese ao intercambio de feitos, actividades e movementos. A comunicación humana necesariamente dáse en situacións de interacción, pero non á inversa, xa que non toda interacción dá como resultado accións de posta en común, de entendemento. O vello significado de "comunicación", é sinónimo do que no campo da comunicación denominamos comunicación interpersoal. Logo, en sentido estricto, a comunicación alónxase do que o campo asocia coa comunicación mediática, hoxe o obxeto privilexiado de estudo. Velaí que sexa útil lembrar a distinción entre transmisión ou difusión, por unha banda, e comunicación, por outra: “unha cousa é cando alguén ten a intención de transmitir información, outra cando busca que isa información sexa compartida, e outra máis cando sucede. Todo esto é comunicación sen interacción, é dicir, difusión, transmisión de información. Pero si ademáis hai un mutuo recoñecemento da posta en común, é cando aparece a interacción” (Galindo). Esta definición acentúa a concepción orixinaria da comunicación como posta en común, como proceso de entendemento entre seres humanos. A comunicación interpersoal defínese como o encontro cara a cara entre dúas persoas (díada) que sosteñen unha relación de interdependencia ao traverso dun intercambio de mensaxes que proceden de sinais tanto verbais como non verbais. Así, a comunicación, como fundamento da interacción social, é o principio básico das relacións sociais. Velaí que a comunicación, antes que nada, é un proceso social artellado ao redor do fenómeno de compartir, de poñer en común e de vincular. No proceso de comunicación interpersoal os suxeitos proxectan as súas subxetividades e modelos do mundo, interactúan desde os seus lugares de construción de sentido. En termos xerais, "a interacción é o intercambio e a negociación do sentido entre dous ou máis participantes situados nun contexto social (...) Na interacción social, o acento está na comunicación e na reciprocidade entre os que 11 promulgan, utilizan e construen os códigos e as regras” (O’Sullivan). Logo, só hai interacción social se hai unha reciprocidade observable por parte de outros. Asociamos, moitas veces, o concepto de interacción ao de comunicación interpersoal, ás relacións de comunicación en situación de co-presenza no espazo e no tempo. A comunicación interpersoal comprende interaccións nas que os individuos exercen influencia recíproca sobre os seus respectivos comportamentos, sempre nunha situación de presenza física simultánea. Na relación de interacción, cada interlocutor tenta adaptarse ao comportamento e expectativas do outro, xa que a interacción implica regras, normas e dinámicas compartidas. As fontes científicas históricas da comunicoloxía que máis aportaron á definición de interacción e á de comunicación interpersoal son a psicoloxía social, a socioloxía fenomenolóxica e a cibernética; desta última, citar o aporte do enfoque sistémico da comunicación exemplificado nos traballos da Escola de Palo Alto. Desde a base socio-psicolóxica a comunicación concíbese como un fenómeno á vez individual e social. Por unha banda, o individuo ocupa un lugar central no proceso de comunicación (psicoloxía cognitiva) Por outra, a comunicación ten unha esencia fundamentalmente social e o centro da reflexión sobre a comunicación non é tanto o individuo, senón a relación mesma. En termos xerais, a Psicoloxía Social considera tres ámbitos de análise nos que ubicar os fenómenos de interacción: a comunicación persoal (ou intrapersoal), no plano da intersubxectividade; a comunicación interpersoal, que focaliza nas relacións entre participantes dunha mesma interacción; e a comunicación de masas, que ten como eixo central aos medios de difusión de información e que, por este motivo, non parece tan axeitada para explorar a interacción. A afectividade, a comunidade, a cognición, a persuasión e as relacións sociais, entre outros, son algúns dos conceptos psicosociais relacionados coa comunicación interpersoal. A persuasión é o tema máis abordado no campo da comunicación, no ámbito da publicidade. Tamén son abundantes os traballos sobre asuntos relacionados coa 12
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved