Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

La distribución de las escuelas públicas en Galicia: Determinantes y factores - Prof. Peña, Apuntes de Pedagogía

El factor demográfico que determinó el número y clase de escuelas públicas en galicia a principios del siglo xx. Se discute la necesidad de una escuela completa en poblaciones de cincientos habitantes, la creación de escuelas para adultos y dominicales, y la discriminación de sexos. Se analiza la dificultad de aplicar la ley moyano en zonas rurales con bajas poblaciones y la solución adoptada en galicia. Además, se mencionan la prosperidad económica de galicia durante este período, la expansión de la red escolar y la implantación de la ley moyano, así como la creación de escuelas privadas y su posterior desaparición.

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 27/05/2017

estefania_gonzalez_montes
estefania_gonzalez_montes 🇪🇸

3.2

(5)

3 documentos

1 / 7

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga La distribución de las escuelas públicas en Galicia: Determinantes y factores - Prof. Peña y más Apuntes en PDF de Pedagogía solo en Docsity! DOSSIER 1 EDUCACIÓN E SOCIEDADE EN GALICIA 1. O factor que determina o número e clase de escolas públicas é a cantidade de habitantes cos que conta cada pobo. Este non sería un bo criterio, xa que sería mellor contar os nenos e as nenas que se atopan en idade escolar. Os menores de cincocentos habitantes deberían agruparse con outros para establecer unha escola elemental completa sempre que estas resultasen accesibles para os nenos dos diferentes núcleos de poboación. Se non resultase posible cada pobo tería que instalar unha escola incompleta ou de temporada tendo en conta as súas posibilidades. As poboacións que si alcanzasen os cincocentos habitantes debían dispoñer dunha escola elemental completa para nenos, no caso de que se puidese unha de nenas completa, se non unha incompleta bastaría. Nos lugares formados por dous mil habitantes aconsellábase a existencia de dúas escolas elementais completas para cada xénero. As poboacións maiores ademais das catro escolas correspondentes á categoría anterior, deberían contar cunha elemental completa de nenos e outras nenas por cada incremento de dous mil habitantes. Onde se superasen os dez mil, unha das escolas públicas debía ser superior, comprometéndose ademais o Goberno a fomentar a creación de escolas públicas de párvulos. Recomendábase a instalación de escolas de adultos ou dominicais, as cales se impartían pola noite porque a xente daquelas non traballaba, nin os domingos, ofrecéndoselle así a posibilidade as persoas de aprender. As localidades onde houbera menos poboación estarían discriminadas según este criterio, xa que nestes territorios habería escolas incompletas ou temporais e o mellor non se correspondería coa cantidade de nenos e nenas que houbera; produciríase un retroceso educativo. 2. A distribución dispersa da poboación, as peculiaridades xeográficas (núcleos moi dispersos de poboación e orografía moi diversa) e a situación económica dos concellos rurais, que non contaban cos suficientes cartos para inverter en escolas, e que os poucos que tiñan preferían empregalos en temas que parecían máis beneficiosos e importantes na época. Esta impedía a aplicación da Lei Moyano; xa que estaba pensada para lugares moi concentrados de poboación. Os responsables de crear escolas daquelas eran os concellos, tendo que crear cada un o seu colexio. 3. A solución que se adopta para Galicia foi decidir o número, clase, soldo e ubicación para adaptar as medidas necesarias para que a Lei Moyano puidese ser posible. Esta lei sería levada a cabo nos lugares onde fose posible, pola contra onde non fose así a lei debería modificarse ata adaptarse á realidade social e territorial. Cada concello tería unha escola elemental completa de nenos e abriríase unha en cada vila, a cal debería ser modélica; as nenas poderían ou non asistir a clase ou tamén a escolas incompletas. Atopámonos cunha lei que facía unha discriminación de sexos, xa que daquela había un reparto de roles, onde a muller se ocupaba do fogar. Era máis importante que os neno tivesen unha formación porque eran os que tiñan a expectativa de saír polo mundo (como por exemplo emigrar a América). 4. Esta expansión da escolarización prodúcese entre 1850-1860, máis en concreto ata o 1855. Creáronse máis de 1000 escolas e moitas delas antes da Lei Moyano. 5. Hai varios factores que contribúen: o máis salientable é a prosperidade de Galicia nese momento dende o punto de vista económico sendo aquí cando realmente se implanta unha rede escolar en Galicia, xa que neste período o número de escolas triplícase e prodúcese unha mellora da educación, ademais promúlganse novos mestres, así como a implantación da lei Moyano, mais esta non foi relevante xa que a expansión escolar produciuse antes do establecemento da lei; aínda así a lei inscríbese nun ano de prosperidade para o país. Destacan determinadas provincias como por exemplo Ourense. En 1886, El Magisterio Gallego, afirma que este período dificilmente volverá a repetirse e que na teoría, a educación non contaba con moito apoio, pero si na práctica; e iso axudou a propiciar este crecemento. Vicente Alcañiz, inspector da provincia de Pontevedra indica que a causa desta expansión escolar débese a un maior benestar da poboación, sobre todo nas zonas rurais e á prosperidade da Lei Moyano. A crise tamén pode ser outro factor que incentiva a creación de escolas, xa que como moitos tiñan que emigrar, os pais escolarizaban aos seus fillos para que levasen un mínimo aprendido e non chegar a un país descoñecido sen saber ler nin escribir. 6. O fenómeno máis destacado será que os municipios suprimen moitas escolas e néganse á creación doutras novas debido a precaria situación económica. Tamén pola diminución dos apremios procedentes das Xuntas provinciais e dos Rectorados; ben porque entendían que as necesidades estaban minimamente cubertas ou porque atendesen as razóns aducidas polos Concellos. En total pérdense unhas 43 escolas, afectando esta pérdida a todas as provincias excepto a Ourense. En Lugo, en cambio, prodúcese un maior retroceso (do que se recuperará a partir do 1885) este será o lugar onde máis se opoñerían á creación de escolas públicas. Ademais, outro fenómeno importante foi a Revolución de setembro do 68. 7. As escolas privadas establecíanse naqueles lugares onde os nenos, por causas de desprazamento ou por outras razóns, non podían acceder de forma regular a escola. As escolas de ferrado eran as que cubrían esta función e quen accedía a elas tiña que pagar polos servizos. Tamén estas complementaban o ensino público. Por outro lado as escolas privadas denotan o interese de un segmento da sociedade por ingresar no mundo da cultura escrita. Fronte as públicas que mostran a preocu- pación de fomentar a escolarización por parte da administración xa que se utilizan os cartos da comunidade para a creación destas escolas. 8. Ourense era a provincia que mellor dotada estaba de escolas públicas. En segundo lugar atoparíase Pontevedra; en terceiro lugar estaría A Coruña e por último, atoparíase Lugo xa que era a provincia que contaba con máis escolas privadas. A Lei Moyano baseábase nun modelo centralista, e no terreo ourensán a xente estaba máis agrupada ao igual que en Castela e outros lugares para os que estaba pensada a lei, a causa deste parecido a provincia adaptouse mellor, e por iso acabou contando con maior número de escolas públicas que no resto de Galicia. 19. Os escolantes eran persoas que ensinaban nas escolas de ferrado e que contaban con unhas básicas capacidades de ler e escribir, facíano a cambio de obter recursos que complementasen os beneficios que lles proporcionaba a súa ocupación principal. Diferentes medios descríbenos como persoas que eran ineficaces nos seus oficios e que dada a súa idade ou a causa dunha enfermidade non servían para outra cousa. Polo tanto podían desempeñar habitualmente calquera outro traballo: mariñeiro, xastre, canteiro…tamén habería que nomear a cregos ou desamparados socias que precisaban de un traballo que os mantivese minimamente 20. Funcionaban só durante os meses de inverno, desenvolvíase normalmente nunha única sesión que comezaba sobre as 11 ou 12 da mañá e remataba cando se poñía o sol, optimizando as horas de luz ao máximo xa que daquela non contaban con electricidade. 21. O material didáctico que empregaban eran as cartas e os procesos. As cartas eran escritos feitos polos propios mestres que lle entregaban aos nenos para que imitasen a escritura e para que se iniciaran na lectura. Os procesos era documentos manuscritos de contido diverso que levaban os propios nenos da casa, a maioría deles eran de carácter notarial, e empregábannos para practicar a lectura e coller maior destreza. Tamén contaban con plumas para aprender a escribir. 22. As materias que se ensinaban non tiñan todas a mesma presencia; ensinábase lectura, que aparece como materia principal; escritura, que aparece como segunda materia de importancia, aínda que había algunhas escolas que non a impartían; doutrina cristiá, que non se ensinaba sempre pero tiña moita presenza nas escolas que estaban a cargo de sacerdotes; e por último impartíanse rudimentos de aritmética. As escolas que estudaban todas as materias nomeadas eran moi reducidas pero ensinábanselle tanto a nenos como a nenas a pesar de que o número de nenos era maior. Pola contra, dende a aplicación da Ley Moyano ata 1901, aplícase nas escolas públicas ademais destas catro materias, gramática e ortografía, agricultura (nas zonas rurais onde se traballaba o campo), industria (nas zonas industrializadas), comercio (nas cidades), xeometría, historia natural, historia e xeografía. Todas estas asignaturas tiñan presenza nas escolas de nenos, mais nas de nenas en lugar de ensinar industria, comercio e agricultura, ensinábanse os chamados labores (coser), hixiene doméstica e debuxo aplicado ás labores. A partir do ano 1901 ademais de aplicarse as disciplinas anteriores, comezan a aplicarse rudimentos de dereito (precedente da educación cívica), fisioloxía e hixiene (tanto para nenos coma para as nenas), canto, traballos manuais e ximnasia; en contraposición, nas escolas de ferrado perduraban as materias básicas. 23. Tratábase de escolas que debían o seu nome á forma de pago que lle daban os alumnos. Á fronte destes centros estaban os escolantes, que podía ser calquera persoa do pobo que tivese unhas nocións mínimas de lectura e escritura e que precisaba de máis ingresos que os que lle proporcionaba o seu oficio principal. O pago a estas persoas, na maioría dos casos, realizábaselle en especia. Eran totalmente clandestinas, xa que moitas veces non se tiña constancia da súa existencia. Eran escolas precarias con materiais de pésima calidade, as clases impartíanse en calquera lugar (como chozas, cuadras…), funcionaban sobre todo no inverno, xa que se axustaban ao calendario dos campesiños, tratábase dunha única sesión que duraba todo o día e na que se impartían materias básicas i esenciais como eran a lectura, a escritura, a doutrina cristiá e en ocasións aritmética. 24. Diferéncianse cinco sectores con tres opinións distintas: a. Os inspectores pretendían clausurar as escolas privadas xa que as vían como un problema. Outros máis positivistas pensaban que había que introducir reformas naqueles casos que fosen susceptibles de mellora. b. Os rectores normalmente compartían a opinión dos inspectores, xa que eran quen os mantiñan informados. c. Os mestres públicos opinaban como os inspectores porque non estaban de acordo con que calquera puidese ensinar. Isto debíase nalgúns casos á rivalidade entre escolas públicas e privadas. d. Para as autoridades municipais estas escolas servían como coartada para non ter que ampliar a rede de escolas públicas, polo que favorecían o seu funcionamento. e. Por último, os pais de familia que apoiaban este tipo de escolas. 25. A opinión dos campesiños debíase a que estas escolas tiñan unha base parroquial polo que eran máis adquiribles que as públicas, tamén se adaptaban perfectamente ao calendario agrícola, xa que moitos nenos debían axudar no campo en determinadas épocas do ano. O pago non era en metálico senón en produtos agrícolas polo que beneficiaba a propia poboación. Axustábanse as esixencias metodolóxicas, de contido e lingüísticas dos campesiños. Por outro lado, as condicións destas escolas sorprendía moito aos inspectores, mentres que para os campesiños era perfectamente asimilable. 26. A maioría das escolas públicas incompletas ou de tempada tiñan a súa orixe na reconversión das escolas de ferrado, aínda que estas seguiron existindo en gran medida ata mediados do século XX. Este feito percíbese en que moitos dos escolantes convertéronse posteriormente en mestres sen titulación de colexios públicos, os cales soamente tiñan un certificado de actitude que lle era entregado polo concello, aínda que continuaron tendo soldos precarios. 27. Debíase a insuficiencia da escola pública para cubrir o territorio galego. Pero tamén por outros motivos como o calendario escolar que favorecía aos campesiños, as materias e métodos de ensinanza, xa que o pobo só quería que os nenos tivesen unha formación básica debido a que pensaban que os estudos recibidos na escolas públicas só eran necesarios para quen fose ter estudos superiores. Por outra banda, as familias preferían estas escolas por diferentes motivos xa nomeados. A continuidade deste tipo de colexios é unha clara manifestación do Antigo Réxime, esta estrutura pervive incluso ata o século XX. Un claro exemplo desta continuidade é o intercambio de traballos ou servizos, pola especie. 28. As escolas de fundación son escolas públicas de primeira ensinanza que se sosteñen en todo, ou en parte, con fondos públicos. Son habituais a partir dos últimos anos do século XIX, aínda que xorden xa no século XIV-XV. Foron creadas a expensas de determinadas persoas (indianos que van a América, curas, algún fidalgo e burgués) que por motivos diversos destinaban parte da súa fortuna á creación de institucións deste tipo. Estaban ó cargo dos respectivos pobos que as incluían nos seus presupostos municipais como tegasto obrigatorio, tendo no seu abono os produtos das referidas fundacións. Estas persoas valoraban positivamente a educación, mais este investimento sempre buscaba algo máis alá da caridade e da xenerosidade; como por exemplo que a súa memoria permanecese durante toda a vida. As escolas de fundación son un apoio e un complemento importante das escolas públicas. 29. A política educativa non contemplaba nin a lingua nin a cultura propias, e era totalmente centralista, non se adaptaba a situación galega xa que non se axustaba á particular disposición dos núcleos de poboación de Galicia. Esta rede escolar contaba con peor profesorado (menos preparado e con soldos máis baixos) e peores instalacións. Por outro lado a porcentaxe dos alumnos galegos matriculados en escolas públicas era de un 58% nesa época, mentres que en España a porcentaxe era dun 80%, reducíndose aínda máis a asistencia dos nenos galegos nas épocas onde eran necesarios no campo, xa que a súa asistencia non era regular. Tamén había unha importante diferencia de número en canto a nenas matriculadas. Debido a estes factores e ó baixo investimento en educación, en Galicia era maior a tasa de analfabetismo. 30. A pesar da situación de inferioridade que tiña Galicia, no primeiro terzo do século XX empezan a agromar experiencias innovadoras que promoven o ensino. Aparece unha prensa especializada para o profesorado coa que tratan de transmitir as cuestións renovadoras que se están a dar no ámbito educativo. Os mestres constituiranse en sociedades que mellorará as súas cualificacións. Comézanse a construír edificios para a escola e esta ábrese á comunidade con diversas propostas (colonias escolares, excursións…). Prodúcese unha influencia da Institución Libre de Ensinanza que é unha organización máis innovadora. Tamén van ter influencia os pósitos de pescadores que eran os que articulaban ós mariñeiros nunha cidade e que crearon escolas para alfabetizar aos fillos destes.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved