Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Guia de comentarios de texto, Guías, Proyectos, Investigaciones de Historia de la Filosofía

Aqui podrás aprender a hacer un buen comentario de texto filosófico

Tipo: Guías, Proyectos, Investigaciones

2021/2022

Subido el 12/02/2022

alejandro-teijeiro
alejandro-teijeiro 🇪🇸

1 documento

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Guia de comentarios de texto y más Guías, Proyectos, Investigaciones en PDF de Historia de la Filosofía solo en Docsity! A función deste exercicio é poder visualizar mellor a información precisa nun comentario. Evidentemente, nas probas que imos a facer durante este curso debes empregar unha liña argumental que lle dea unha continuidade ao teu escrito, polo que esta división é unicamente a modo de adestramento, explicitando os contidos e subapartados que, na maioría das ocasións, servirán para facer a análise do texto. Esta secuencia, noscomentarios non pautados, non é obrigatoria -non así o seu contido, que sí o é-, sendo posible empregar outra orde (comezar pola valoración crítica ou pola contextualización, poño por exemplo). Escolle un dos textos e, antes de comezar, lee tamén as anotacións OPCIÓN A - Comprendo, pero non suficientemente. Paréceme que o que dis é unha empresa importante, porque efectivamente queres determinar que é máis clara a visión do ser e do intelixible, adquirida gracias aocoñecemento dialéctico que gracias ás que chamamos artes, para as cales as hipóteses son principios. Os que se dedican a elasvense forzados a contemplalas por medio do pensamento discursivo e non dos sentidos. Pero porque non avanzan cara a un principio, aoexaminalas, senón a partir de supostos, parecerache que non posúen coñecemento acerca delas, aínda que sexan intelixiblesxuntocun principio. Paréceme que chamas pensamento discursivo ao estado moral dos xeómetras e similares e non intelixencia, como se o pensamento discursivo estivese entre a opinión e a intelixencia. - Comprendiches perfectamente. Aplica a esas catrosecciónscatroafeccións que se xeranna alma: intelixencia, á máis elevada; pensamento discursivo, á segunda; á terceira, a crencia e á última, a conxectura; ordénaas segundo unha proporción, pensando que canto máis participen da verdade, tanto máis participan da claridade. PLATÓN; República libro VI, 509c—511e OPCIÓN B - Pois ben, meu querido Glaucón, esa imaxedebémola aplicar totalmente ao dito anteriormente; hai que comparar a rexión que se manifesta por medio da vista coa morada do cárcere e esa luz do lumeco poder do sol; compara a subida ao mundo de arriba e á contemplación das cousasdeste coa ascensión da alma á rexión do intelixible e non errarás respecto do que espero que é o que ti desexasoir. Mais é a divindade a que sabe se isto é realmente verdade. O que a min me parece é que no mundo intelixible o último que se percibe, e con dificultade, é a idea do ben, pero, unha vez percibida, hai que colixir que é a causa de todo o recto e fermoso que hai en todas as cousas e que no mundo visible xerou a luz e ao señor desta e que no mundo intelixiblexerou a verdade e o coñecemento e que convén, pois, vela para poder proceder con sabiduría tanto na vida privada como pública. PLATÓN; República libro VII, 514a—517c Comenta un dos fragmentospropostos e, a partir do comentario, desenvolve a cuestión: “Realidade e coñecemento en Platón”. 1.- Subliña os conceptos máis importantes do fragmento. 2. Fai un resumo do seucontido(a) 3. Indica a tese principal do autor (b) 4. Estrutura argumental (c) 5. Exposición da teoría. 5.a. Sitúa o contido do fragmento nos apuntes do autor. A que aspectos se está a referir?. Lembra que debería coincidir con parte dos conceptos ou ideas subliñadosna pregunta 1. 5.b. Aparte desa temática principal, aparecen outros apartados da súa teoría? Nese caso indica cales. 5.c. Desenvolve a cuestión exposta(d). - Neste caso non hai un espazo acotado, pois se trata de desenvolver ao máximo posible a cuestión teórica,ao tempo que se vincula co texto - 6. Contextualización 6.a. Sitúa o autor no seu momento histórico Auto check para comentarios non pautados Si NON Leín con calma o fragmento e a cuestión asociada   Establecínpreviamente a secuencia que vou desenvolver   Aparece indicada con claridade a tese principal do autor   Espuxe o contido do fragmento (resumo)   Atopei a estructura argumentativa do fragmento   
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved