Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

IMPERIALISMO IMPERIALISMO IMPERIALISMO IMPERIALISMO, Apuntes de Historia

IMPERIALISMO IMPERIALISMO IMPERIALISMO

Tipo: Apuntes

2021/2022

Subido el 16/02/2022

slantiko
slantiko 🇪🇸

5

(1)

2 documentos

Vista previa parcial del texto

¡Descarga IMPERIALISMO IMPERIALISMO IMPERIALISMO IMPERIALISMO y más Apuntes en PDF de Historia solo en Docsity! 1 Tema 5. A EXPANSIÓN COLONIAL E O IMPERIALISMO. 5.1. Desenvolvemento capitalista e imperialismo. Para entender o fenómeno imperialista debe facerse referencia a segunda fase da Revolución industrial, que vai a estar condicionada por: ● A crise económica de 1873 provocada polas dificultades crecentes das empresas para vender o que producen e para atopar materias primas e enerxía máis baratas. ● A crise agraria finisecular provocada polas dificultades dos agricultores e gandeiros europeos para vender os seus produtos, posto que son incapaces de competir cos baixos prezos dos produtos importados dos “países novos” ( EE.UU. , Arxentina, Australia...) e de Rusia. Para tratar de superar estas crises os burgueses primeiro sempre reaccionan reclamando dos seus gobernos aranceis proteccionistas, pero finalmente sempre se decidiran por levar a cabo profundas transformacións nos sistemas produtivos. Para lograr superar estas crises introduciron certas innovacións como: 1. O uso de novas fontes de enerxía: uso masivo de electricidade (influíu na maior produtividade das empresas; no ferrocarril, tranvía e metro; iluminación das casas, rúas e empresas ) e do petróleo ( permitiu a aplicación do motor de combustión interna o automóbil). 2. O aproveitamento das investigacións científicas na produción industrial e agrícola .emprego das fibras artificiais, caucho, fertilizantes químicos, aluminio, etc. 3. Os cambios nos transportes: mellorase a navegación a vapor transoceánica (buques mais resistentes equipados con motores mais potentes, canles artificiais de Suez en 1869 e Panamá en 1914); inventase a bicicleta (combinando as innovacións do pedal e o pneumático), os automóbiles (combinando o motor de explosión interna , o petróleo refinado e o pneumático) e iniciase a aviación. 4. A organización científica do traballo ou cadea de montaxe (Tayloirsmo) consiste nunha fita transportadora do produto en elaboración, que evita os desprazamentos e tempos mortos dos obreiros mellorando a súa produtividade. 5. A producción estandarizada (Fordismo): consiste en producir pezas en serie para despois ensamblar nas cadeas de montaxe, logrando reducir os custos de produción e favorecendo as posibilidades de reparación ). 6. A concentración empresarial: moitas empresas para lograr manterse no mercado optan por fusionarse con outras ou por absorber as competidoras: xorden empresas xigantescas capaces de lograr situacións de oligopolio ou monopolio impoñer os prezos, alterando a Lei da oferta e a demanda), creando trusts, cárteles e holdings. 7. Os novos mercados coloniais que brindaban a tripla posibilidade de atopar materias primas mais baratas, vender os excedentes de produción e resituar os excedentes demográficos (os burgueses dos países industrializados compiten para repartirse os mercados de América, África e Asia...e sesenta millóns de emigrantes europeos emigran a terras doutros continentes empuxados polas crises. 2 Para superar as crises os inversores tenden a trasladar os seus negocios mais alá das fronteiras dos seus estados e dos seus continentes: os grupos financeiros, industriais e comerciais trataran de presionar os seus gobernos para que favorezan os seus negocios. Estes burgueses para lograr crear unha corrente de opinión entre o público favorable a conquista de colonias como engrandecemento nacional organizan sociedades xeográficas, financian expedicións de aventureiros e científicos e difunden a idea da superioridade dos brancos e da súa obriga de civilizar os pobos africanos e asiáticos. Para respaldar as súas posicións proimperialistas os grupos de presión burgueses van aproveitar as teses de dúas correntes de pensamento: ● O darwinismo social: os socialdarwinistas defendían que só sobrevivían aqueles que mellor lograban adaptarse ós cambios: os fortes impóñense ós débiles. ● O racismo: os racistas defendían a superioridade dunhas razas sobre as outras e o dereito da raza superior a someter e explotar ás inferiores. Consideraban que existían razas ou grupos étnicos elixidos, que teñen a misión de civilizar os pobos bárbaros ou inferiores. Os Estados entran nunha dinámica de competencia vertixinosa polo control sobre territorios colonizables, que lles permita crear un gran imperio e demostrar así a fortaleza e superioridade sobre os demais estados. En realidade, os gobernantes entenderon que a expansión colonial era unha boa fórmula para elevar o prestixio dos gobernos, asfixiados polas tensións sociais derivadas dos efectos das crises económicas Pero na rápida conquista de África e de grande parte de Asia, ademais das causas económicas, políticas e ideolóxicas, tiveron grande importancia certos avances tecnolóxicos claves que fixeron posible abaratar os custos financeiros e humanos da penetración, conquista e colonización: ● Para a penetración nos territorios, resultou clave o uso de pequenos barcos de vapor armados con canóns (canoneiras) e a utilización da quinina (para combater os efectos da picadura dos mosquitos da malaria). ● Para a conquista dos territorios e a imposición de novos gobernantes, foi fundamental a superioridade que daban os brancos ó fusil de repetición, o revolver e a metralladora. ● Para a explotación colonial, foi imprescindible o fomento da construción de barcos de vapor feitos con ferro e aceiro e provistos de máquinas con motores mais potentes e a construción de redes de ferrocarrís. 5.2. O reparto do mundo. A finais do XIX ten lugar un cambio radical nas actitudes colonialistas dos europeos: as potencias coloniais pasan de un simple interese por explotar as riquezas das colonias (exercer un control indirecto) a empeñarse en controlar militar e politicamente os lugares explotados (exercer un control directo). As novas actitudes teñen como clave a necesidade de controlar as terras dispoñibles para explotalas ou para impedir que os demais as exploten. Os gobernantes defendían o dereito dos estados a formar un imperio, como algo necesario para a supervivencia das grandes nacións ou nacións vivas. O REPARTO DE ÁFRICA: 5 5.2.1 O imperialismo estadounidense e xaponés. O imperialismo dos EEUU e do Xapón son fenómenos específicos de fins do século XIX e estritamente ligados á segunda fase da revolución industrial. O imperialismo estadounidense. A expansión imperialista dos EEUU iniciouse tarde (a partir de 1898) por dous motivos: - O inicial sentimento anticolonial dos EEUU pois nacen como a unión de Trece colonias que se independizan do Imperio británico. - As existencia de posibilidades de expandir as súas fronteiras provocando guerras coas tribos indias e co estado mexicano e comprando territorios a Francia (Louissiana), a España (Florida) e a Rusia (Alaska). Pero ó longo do século XIX foron xurdindo propostas nos EE.UU. que alentaban a aventura imperialista como: - A doutrina Monroe (1823), que proclamaba que os territorios americanos (norte e sur) eran un asunto dos propios americanos e non das potencias coloniais europeas: “América para o americanos”. En realidade o presidente Monroe estaba defendendo a independencia das colonias españolas en América e xustificando calquera expansión dos propios EEUU sobre as terras americanas. - A doutrina do Destino manifesto (arredor de 1840), que proclamaba a obriga histórica dos EEUU, como pobo superior, de espallar o seu modelo de civilización (sistema de produción capitalista industrial, sistema liberal parlamentario, ...) por todos os lugares non civilizados ou atrasados técnicamente. Os defensores da doutrina do Destino manifesto buscaban xustificar as guerras de expansión sobre as terras dos indios, as terras de México e os dereitos dos estadounidenses a expandirse comercialmente por todo o territorio americano. A fins do século XIX o espectacular auxe económico dos EEUU e o fin da expansión da fronteira cara o oeste (costa do Pacífico) e cara o Sur (río Bravo) provocaron, entre os estadounidenses, a necesidade de imitar ás potencias coloniais europeas e entrar no reparto de territorios e influencias coloniais, coa obsesión de instalar bases navais en lugares estratéxicos Os momentos claves da expansión colonial dos EEUU son: - O ano 1899, tras derrotar a España na guerra hispanocubana, EE.UU. logra o control sobre Cuba, Porto Rico e Filipinas. - A presidencia de T. Roosevelt (1901-1907), que estendeu a doutrina do Corolario Roosevelt: defensa do dereito dos EEUU a intervir nos asuntos internos dos países americanos, nos que os seus gobernos non fosen capaces de impor os valores da civilización occidental ou de protexer os intereses comerciais, financeiros ou xeoestratéxicos dos estadounidenses.O Corolario Roosevelt foi a escusa para: ▪ Forzar que Panamá se independizase de Colombia e lles concedera o dereito a construír e explotar unha canle entre o Atlántico e o Pacífico (a canle de Panamá foi clave para a conexión das cidades da costa leste e costa oeste dos EEUU e para a hexemonía naval estodounidense no Atlántico e no Pacífico). ▪ Xustificar a intervención militar dos EE.UU. en numerosos estados do centro e sur de América ( na República Dominicana, Cuba, Nicaragua, Honduras, México 6 ...), para defender intereses das grandes compañías multinacionais estadounidenses ou asegurarse intereses xeoestratéxicos. O colonialismo estadounidense caracterízase por pretender o control económico, comercial e financeiro e non por tratar de lograr o control directo dos territorios. A expansión colonial dos EEUU céntrase en dúas áreas: ❑ A expansión colonial no Caribe e América do Sur.-Os estadounidenses invertían coa seguridade de que, en último término, as súas inversións e actividades comerciais sempre estarían protexidas polos marines e soldados do exército estadounidense (ante calquera cambio lexislativo, reforma ou revolución os EEUU sempre se sentirían con dereito a potenciar un golpe de Estado, decretar un bloqueo ou invadir o país onde estivesen en perigo intereses americanos en América Central e do Sur). Baseouse na diplomacia do dólar (conceder axudas e préstamos ós que favorecen os intereses dos EEUU e retirar axudas- préstamos e incluso bloquear economicamente ós gobernos que non se someten ós seus intereses): - A expansión dos EEUU polo Pacífico.- Debeuse o interese das empresas multinacionais en participar no reparto de mercados, especialmente en China, e os intereses de certos militares defensores da necesidade de controlar illas, para instalar nelas bases navais, como fórmula para mellor defender os intereses dos estadounidenses.. A opinión pública estadounidense, influída pola prensa, acaba por reclamar a expansión imperialista, como fórmula de prestixio da nación e de estender o modelo de civilización occidental. Pero no Pacífico, ó longo da primeira metade do século XX, os intereses expansivos dos EE.UU. van chocar cos intereses expansivos dos xaponeses ou nipóns. O imperialismo xaponés. Ata a metade do século XIX Xapón permaneceu illado do mundo occidental (sen influencias das transformacións económicas, políticas e técnico-científicas derivadas da Revolución industrial e da Revolución liberal) pero os dirixentes xaponeses non puideron aguantar a presión militar e diplomática dos EEUU, Gran Bretaña, Francia. Rusia e Holanda, que lles obrigará a abrir parte dos seus portos ó comercio estranxeiro. A superioridade tecnolóxico-militar das potencias europeas provocou entre os xaponeses un sentimento xeneralizado de humillación, que lles levou a proxectar unha reforma integral das súas estruturas económicas e políticas: A revolución Meiji ou da Luz, iniciada en 1868. Os xaponeses decidiron homologarse política e economicamente ás potencias occidentais, pero conservando as súas tradicións espirituais e culturais posto que as consideraban superiores. As reformas económicas e políticas da revolución Meijí permitiron ó Xapón desprenderse da conciencia de humillación e iniciar o seu propio proceso de expansión imperialista a costa de Rusia, China e as colonias de Alemaña no Pacífico. O imperialismo xaponés asentouse en certos piares básicos: - A industria armamentística, que lles permitiu armar un potente exército e unha espectacular flota. - A necesidade de dar saída a excedentes de poboación e de produción, ademais de controlar e explotar materias primas. - O fortísimo nacionalismo nipón os xaponeses sentíanse un pobo e unha raza superior cunha misión especial en Asia Oriental (similar á doutrina Monroe e Destino Manifesto, nos EE.UU.). 7 Os xaponeses sentíronse con dereito a impoñer condicións comerciais ou colonizar ós seus veciños polo que usaron a súa flota (política de canoneira) para: - Implantar os seus interese sobre Taiwan e Corea. - Impoñer o seu dereito a participar no mercado chinés en igualdade cos brancos occidentais: os xaponeses humillan a China na guerra de 1894-95. - Lograr un tratado de Alianza con Gran Bretaña. - Desprazar ós rusos da influencia sobre o norte de China e Corea: os xaponeses humillan a Rusia na guerra de 1905. - Substituír a Alemaña no control das súas colonias no Pacífico: recompensa que recibe Xapón por participar na Primeira Guerra Mundial (1914-18) a favor do bando aliado vencedor. Ó longo das décadas de 1920 e 1930 os xaponeses van incrementando a súa expansión ocupando Manchuria, a costa de China, illas do Pacífico cara a Australia e apoiando todo movemento independentista das colonias dominadas polas potencias occidentais. Os xaponeses móstranse, desde o triunfo sobre os rusos en 1905, como a grande potencia capaz de axudar ós asiáticos a liberarse da explotación dos brancos. Os xaponeses aproveitan a ruptura da idea racista da superioridade absoluta dos brancos para engrandecer o seu propio imperio e reclamar o dereito exclusivo como raza superior a ser potencia-xendarme na área de influencia da costa asiática e illas do Pacífico. A expansión acelerada dos xaponeses provocou nos EEUU o temor a perder as colonias e influencia comercial no Pacífico. As tensións derivadas do choque de intereses e de culturas, entre os estadounidenses e os xaponeses van desembocar nun longo enfrontamento armado no contexto da Segunda Guerra Mundial (1939-1945). 5.3. Os conflitos imperialistas. Os conflitos imperialistas manteñen unha relación directa coa desaparición en 1890, da política alemana do Chanceler Bismarck. Pois desde 1871 (en que os prusianos vencen ós franceses e lles arrebatan Alsacia e Lorena, para o novo Estado Alemán) Bismarck viña fomentando unha política de equilibrios e alianzas coñecida como os sistemas bismarckianos, que canalizaba ou disolvía as tensións entre as potencias. Os sistemas bismarckianos, que foron deseñados por Bismarck para illar diplomaticamente a Francia e impedir que reclamase Alsacia e Lorena, procuraban favorecer a expansión colonial francesa (fomentaba a rivalidade de Francia con Gran Bretaña) e conceder a Alemaña o papel de árbitro entre os imperios austríacos, ruso e turco, sempre mantendo a Alemaña fóra da carreira colonial. A desaparición de Bismark como Chanceler desata en Alemaña unha paixón política colonialista ou weltpolitik (“buscar un lugar ó sol”), que rompe o equilibrio dos sistemas Bismarckianos e desata múltiples tensións imperialistas: 5.3.1. Enfrontamentos imperialistas extraeuropeos: a. Guerra sino-xaponesa (1895). Xapón aproveita o interese das potencias coloniais occidentais por debilitar China e provoca unha guerra buscando, coa derrota de China, co obxectivo de obter o dereito a participar no reparto do mercado chinés e facerse respectar polas potencias coloniais brancas: iniciase o imperialismo xoponés. b. Incidente de Fashoda (1898). Os intereses coloniais en África dos franceses (crear un imperio oeste-leste, no norte) e dos británicos (crear un imperio norte-sur,no leste) chocan
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved