Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

La poesía de vanguardia en Galicia, Apuntes de Lengua y Literatura

Una visión general de la poesía de vanguardia en Galicia durante el primer tercio del siglo XX. Se describen los diferentes movimientos estéticos que surgieron en Europa, así como las características comunes de la vanguardia. Se mencionan los autores y obras más representativos de la poesía vanguardista gallega, así como las dos tendencias principales: el hilozoísmo y el neotrobadorismo. También se habla del creacionismo y del surrealismo. Se destaca la figura de Manuel Antonio y su obra De catro a catro. Se mencionan las revistas que recogieron la obra de los autores gallegos y de fuera.

Tipo: Apuntes

2019/2020

A la venta desde 06/07/2022

maria.suarezg
maria.suarezg 🇪🇸

4 documentos

1 / 4

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga La poesía de vanguardia en Galicia y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura solo en Docsity! LITERATURA. TEMA 2 A POESÍA DE VANGARDA CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS No primeiro terzo do século XX prodúcese na literatura e nas artes europeas un movemento renovador que, partindo da ruptura total coa tradición, defende a liberdade absoluta do creador e reivindica a súa independencia e orixinalidade. Nacen así diversos movementos estéticos: futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, expresionismo... “ismos” que agrupamos baixo a denominación de vangarda, termo do campo militar referido aos que van por diante con actitude de risco, exploración (“avant-garde”). Algúns pasan como efémeras modas; outros, deixan pegada aínda hoxe. Teñen características comúns: liberdade creadora, rexeitamento da tradición (romanticismo, realismo), fugacidade, busca da arte pura, orixina- lidade temática e formal, experimentalismo, elitismo e incorporación, como ingrediente de creación artística, do factor irracional do ser humano. En Galicia, unha nova xeración de poetas, nacidos arredor de 1900 e coñecidos como Xeración de 1925, Xeración de Vangarda ou do 22 e Novecentistas, vanse aproximar ás vangardas europeas, fomentando os ismos galegos, mestura de tradición e modernidade. No único manifesto, "MÁIS ALÁ!”, (1922) Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro rompen coa tradición, apostan por unha literatura galega moderna, liberada dos lastres do séc. XIX (ruralismo e enxebrismo), defenden os escritores galegos monolingües e atacan a arte burguesa. Hai unha serie de revistas que recollen a obra dos autores galegos e de fóra: "Alfar","Ronsel", “Resol”, “Cristal”… Na poesía vangardista galega podemos falar de dúas tendencias:  A dos ismos que seguen liñas poéticas xa existentes: hilozoísmo e neotrobadorismo  A tendencia que rompe coa tradición anterior: creacionismo e surrealismo O hilozoísmo ou imaxinismo, xorde da tradición literaria paisaxística cultivada por Rosalía, Noriega e Cabanillas, entre outros, combinada con recursos vangardistas. Caracterízase pola personificación da natureza; a sucesión de imaxes plásticas, os elementos visuais e auditivos; o predominio da cor viva e rechamante e a métrica sinxela. O principal representante é Luís AMADO CARBALLO cos poemarios Proel (1927) e O galo (1928). O neotrobadorismo xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa, máis en concreto pola súa difusión a partir de 1928. Baséase na tradición, imitando a cantiga de amigo e de amor. Caracterízase pola perfección formal, polo uso de procedementos formais das cantigas galego- portuguesas (paralelismo, refrán, mesmo leixaprén), pero cunha linguaxe poética e unhas imaxes propias do século XX. Os autores máis representativos son FERMÍN BOUZA BREY e ÁLVARO CUNQUEIRO, que en 1933 publicaron, respectivamente, Nao senlleira e Cantiga nova que se chama riveira. O creacionismo supón un fito illado na nosa literatura, ademais de ser o único movemento plenamente vangardista, orixinal e universalista. Prescinde da imitación realista, pois o poeta pretende crear unha rea- lidade autónoma. Caracterízase pola superposición de imaxes e a exclusión da musicalidade e da rima. Este movemento en Galicia foi exclusivo de MANUEL ANTONIO (1900-1930), o “poeta do mar e da noite”, do que destaca a súa única obra publicada en vida: De catro a catro (1928), un dos cumes da poesía galega de todos os tempos. O poemario, subtítulado Follas sen data dun diario de abordo consta de 19 poemas escritos nos anos 1926 e 1927 cando o rianxeiro estaba embarcado no pailebote “Constantino Candeira”. Non obstante, a viaxe descrita acaba por ser unha viaxe a ningures (“viaxe oximórica”). O viaxeiro é un náufrago nocturno, un cosmonauta perdido na infinidade do Cosmos; o navío de Manuel Antonio paira nun mar sen ribeiras nin horizontes e no cal todos os sinais acaban desaparecendo, polo que se perde na propia soidade do "alto mar" (soidade existencial). A obra supón o inicio da vangarda plena polo seu carácter innovador, audaz e rompedor, tanto en forma coma en contido: innovadora disposición tipográfica, ausencia de ritmo e rima, inexistencia de lóxica gramatical, metáforas inusitadas, ausencia de espazo e de tempo… Todos estes elementos conformarán unha visión do mar insólita no panorama literario galego. O libro supón unha decisiva ruptura coa tradición lírica galega e presenta unha tripla orixinalidade: lingüística (tecnicismos, estranxeirismos e cultismos), temática (o mar visto desde o propio mar) e formal (tratamento rompedor). O surrealismo nas nosas letras vén da man de ÁLVARO CUNQUEIRO coa súa obra Poemas do si e do non (1933), pero o seu é un surrealismo sentimental -trata dunha historia de amor- que deixa de lado o automatismo poético e a carga dramática que caracteriza moitos textos surrealistas. Ademais dos autores citados, tamén fixeron importantes achegas á poesía vangardista galega Luís Pimentel (a quen estudaremos na posguerra) Manuel Luís Acuña (co seu poemario Fírgoas presenta algúns dos poemas máis singulares desta época), Blanco Amor, Carvalho Calero, Xulio Sigüenza… Amado Carballo ,Bouza-Brey, Manuel Antonio e Cunqueiro A pintora viveirense Maruxa Mallo DE CATRO A CATRO O TÍTULO E O SUBTÍTULO Título: ▬ idea circular, inmóbil: de catro a catro (volve ao mesmo) ▬ horario da garda mariña: doce horas de traballo e doce horas de descanso (sempre igual) ▬ número dos puntos cardeais, das estacións, das mareas... Subtítulo: Follas sen data dun diario de abordo: ▬ “follas” remite ao escrito, á literatura (repítese varias veces no libro) ▬ “Sen data” son follas soltas, valen para calquera día ▬ “Diario de abordo”: bitácora, caderno de navegación. Pero non é un caderno convencional que exprese os avatares da vida e do traballo dos mariñeiros na travesía. Cada poema é unha sucesión de imaxes vangardistas suxeridas pola viaxe que o poeta ten que interpretar. TRAZOS VANGARDISTAS Verso libre (ruptura coa musicalidade dos poetas precedentes). Desaparición da rima (substituída por outros procedementos rítmi- cos, como a aliteración). Ás veces hai algún verso rimado. Tipografía innovadora e expresiva (influída polo cubismo): elimina os signos de puntuación, usa chaves, divide en apartados, xoga cos espazos en branco, coas sangrías. Anulación da secuencia narrativa: o poema é unha superposición de visións carente de orde. O poema creacionista componse de imaxes —visionarias, innova- doras, arbitrarias, sorprendentes — en libre asociación, sen preocuparse da súa lóxica, nin das súas relacións co mundo real. Do hilozoísmo toma a imaxe antropomórfica. Renovación da linguaxe. O poeta fai un esforzo por presentar unha lingua libre de todo ruralismo ou enxebrismo (evita os castelanismos e os dialectalismos, aínda que hai algúns). Introduce: ▬ neoloxismos. Aparecen tecnicismos mariñeiros e náuticos (SOS, morse, sextante, escota, penol) e estranxeirismos: do inglés (leit-motivs, stock, navy bar), alemán (lied ohne wörte) ou francés (carroussel). Isto é propio do cosmopolitismo da vangarda, mais tamén ten a explicación biográfica nas súas viaxes. ▬ cultismos (radiograma, diagrama, pirotecnia, mecanógrafos...) ▬ diferencialismos: lusismos (cais, mastro) hiperenxebrismos e pseudoevolucións: hourizontes, primaveiras, oucéanos, incos- centes, foulas (por ondas, construído a partir do castelán olas). Toma do futurismo (ademais dos tecnicismos e estranxeirismos) o dinamismo do poema (a onomatopeia, a supresión de adxectivos e adverbios para dar sensación de rapidez) e o humor desmitificador. A adxectivación é sorprendente, a miúdo paradóxica, (oxímoro) e re- forza o creacionismo do poema: mesmas noivas inéditas, sonrisa ubicua... TEMAS 1. O TEMPO (connotado e denotado). O tempo deixa de considerarse dexeito lineal. Capta o instante, a simulta- neidade (os retratos cubistas poden ter unha imaxe frontal e lineal asemade). O poeta vive asociado ao presente (as horas naturais son indicadas polos astros), pero unha especie de maldición ou castigo introdúceo nun ámbito temporal onde se detén o tempo ou se repite inexorablemente. Na obra hai unha interrelación tempo-espazo: o primeiro detense e o se- gundo flúe lentamente. A introspección, o paso ás vivencias interiores é simultánea á contemplación da natureza estática, inmóbil. Hai unha monotonía no navegar que plasma unha visión do tempo como lento e cíclico; de aí que o léxico do poemario se repita reflectindo a rutina do vivir no mar e os seus ciclos eternos. O paso do tempo verifícase polo oído (reloxios, minuteiros...) e pola vista (almanaques, diarios, follas que se perden...). 2. SILENCIO e SOIDADE O silencio na viaxe invita a reflexionar sobre as grandes preguntas existenciais e a identificarse coa natureza. A soidade, calma e estatismo permiten achegarse a interioridade humana e, como consecuencia, a unha concepción negativa do mundo. 3. VISIÓN DA VIDA A inestabilidade do mundo maniféstase coa humani- zación dos distintos elementos da natureza. Debido ao paso do tempo e da paisaxe hai unha constante despe- dida das cousas (é frecuente a palabra "despedida"). Esa despedida ontolóxica das cousas amadas que rodean ao poeta provoca nel dor existencial. Aínda que evita o tema da MORTE, podemos presentila nos continuos "adeuses". Só queda a súa pegada, o seu vestixio (ronsel). Hai unha visión defraudada da vida: a despedida, a nostalxia, a saudade, a monotonía... imprimen un ton triste e pesimista ao libro (a pesar de querer evitar o sentimentalismo). Trátase da idea do naufraxio: as horas monó- tonas da vida conducen ó naufraxio existencial, ao fracaso, ao desen- canto e á decepción. O ser humano é un náufrago nocturno. 4. O MAR E A NOITE Dos dezanove poemas só catro están situados en terra: “Intencións” (parti- da no barco), dúas escalas (“Recalada” e “Navy bar”) e “Adeus” (regreso á terra). Manuel Antonio é un singular poeta paisaxista. Moitos cantaron o mar, pero el ve o mar desde dentro, non desde a ribeira (si en Viladomar). Ten declarado que "o poeta non retrata mimeticamente a paisaxe". Aínda que aborda unha viaxe por mar, hai dúas liñas de lectura posibles: a temá- tica mariñeira e a lectura simbolizante: O MAR é un universo simbólico que contén moitos significados: en principio é dinamismo vital, oposto á terra (falta de dinamismo e protección materna). Pero iso só é como punto de partida: é entorna natural e asemade arela de fuxida, é unha realidade física e unha canle de pensamento, unha inmensi- dade liberadora e unha minúscula illa pechada polo ceo. É tamén un lugar de paso, non se “está en”, “vaise a” ou “vense de”. Semella un cárcere onde o poeta vive unha íntima clausura contemplativa. No mar atópase consigo mesmo. O mar pode representar: a) escenario de soidade. Aquí actúan os elementos naturais (algúns con maiúscula) como personaxes nun drama cósmico que o poeta contempla. b) escenario de morte. Os mariñeiros morren ou desaparecen. Pode ser un xigantesco ataúde ou nun cemiterio inmenso onde caben todos os cadá- veres. A NOITE é un espazo de naufraxios. A LUZ está afastada do poeta. O seu mar carece de cores e de estacións. (Manuel Antonio é o poeta do mar e da noite). ESTRUTURA O libro (19 poemas) ten unha estrutura é mítica, circular. Como Ulises, o poeta realiza unha navegación iniciática, percorrendo o mesmo itinerario: 1. ABANDONO DO COÑECIDO: o suxeito abandona o mundo coñecido e protector da beiramar no primeiro poema, “Intencións”. Convida á viaxe, quere facer extensiva a experiencia individual que vivirá o eu lírico, empre- gando a primeira persoa do plural. 2. AVENTURA, ABRIRSE AO NOVO (17 poemas) travesía convencional ne- gada pola sensación de estar no medio do mar sen moverse, agás nas dúas recaladas ou naqueles poemas nos que aparece sensación de movemento. 3. REGRESO RENOVADO POLA EXPERIENCIA. O eu lírico volve á terra no último poema “Adeus”, de significativo título. Chora “por aquel outro eu /que se vai no veleiro/pra sempre”, “porque algo foi que se me perdeu no Mar”. A estrutura está aparentemente artellada coma unha viaxe, pero é unha viaxe interior debido á negación constante do movemento. Viaxe e estatismo son dous conceptos antitéticos e excluíntes, por iso podemos afirmar que se trata dunha “viaxe oximórica”. OS SÍMBOLOS  BARCO: o eu lírico  LEME: o rumbo  A PROA e a FOULA: o aventura, o futuro  A POPA, o RONSEL: a saudade, o pasado  A AUGA: a emotividade  VENTO: dinamismo (presen- za) ou estatismo (ausencia)  A NAVEGACIÓN: a vida
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved