Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

poesia de vanguardia - en gallego, Apuntes de Lengua y Literatura

poesia de vanguardia - en gallego

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 27/11/2021

investigo
investigo 🇪🇸

5 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga poesia de vanguardia - en gallego y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura solo en Docsity! TEMA 2: A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. Nas primeiras décadas do século XX, en Europa, un movemento de renovación estética revolucionou todos os aspectos da arte; é o que se denominou xenericamente vangardas. Estas contan con diferentes correntes estéticas que se denominan ismos. Algúns dos postulados que defendían as vangardas son: * areivindicación da materia artística como algo autónomo * espírito rebelde e provocador fronte á tradición estética e as normas * adefensa da liberdade e modernidade creadora e da orixinalidade Algúns destes ismos (futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo...) producirán unha especial influencia na literatura galega, tanto en aspectos temáticos como nos formais: En Galicia, unha nova xeración de poetas, nacidos arredor de 1900 e coñecidos como xeración de 1925, xeración de vangarda ou do 22, vanse aproximar ás vangardas europeas, fomentando o enxebrismo da nosa arte e da nosa literatura. Polo tanto, os ismos galegos son unha mestura de tradición e modernidade. Dentro deles podemos falar de dúas tendencias: + A dos ismos que seguen liñas poéticas xa existentes en Galicia: hilozoísmo e neotrobadorismo + Atendencia que rompe coa tradición anterior: creacionismo e surrealismo O hilozoísmo, tamén denominado imaxinismo, xorde da tradición literaria paisaxística cultivada por Rosalía, Noriega e Cabanillas, entre outros, combinada con recursos vangardistas. Caracterízase polo personificación da natureza; a sucesión de imaxes plásticas, os elementos visuais e auditivos; o predominio da cor viva e rechamante e a métrica sinxela. O principal representante é Luís Amado Carballo coa obra titulada Proel (1927). O neotrobadorismo xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa, máis en concreto pola súa difusión a partir de 1928. Baséase na tradición, imitando a cantiga de amigo e de amor. Caracterízase pola perfección formal, polo uso de procedementos estilísitcos das cantigas galego-portuguesas -paralelismo, refrán, ás veces lexaprén-, pero cunha linguaxe poética e unhas imaxes propias do século XX. Os autores máis representativos son: Fermín Bouza Brey coa obra Nao senlleira (1933) e Álvaro Cunqueiro, coa obra Cantiga nova que se chama riveira (1933).
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved