Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

POESÍA IRMANDADES DA FALA, Exámenes selectividad de Gallego

Tema 1 Literatura Galega: Poesía das Irmandades da Fala. -Contexto histórico. -Irmandades da Fala. -Antonio Noriega Varela: obra e liñas poéticas. -Ramón Cabanillas: etapas.

Tipo: Exámenes selectividad

2020/2021

Subido el 15/11/2021

mery265
mery265 🇪🇸

4.3

(7)

28 documentos

Vista previa parcial del texto

¡Descarga POESÍA IRMANDADES DA FALA y más Exámenes selectividad en PDF de Gallego solo en Docsity! A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA O século XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, despois da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é, desde 1907, o auténtico revulsivo social da época, destacando a Liga Agraria de Acción Gallega (1912). En 1916, xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia co obxectivo de defender o idioma galego para recuperar a cultura. Na poesía a entrada do século XX non supuxo un cambio no panorama literario galego senón que continuaron as liñas iniciadas no Rexurdimento. O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela (1869-1947). Pode considerarse como o representante dunha xeración de transición, xa que por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. Só escribiu unha obra que foi ampliando durante a súa vida. Nun primeiro momento, en 1904, o título era Montañesas, pero a partir de 1920 pasou a denominarse Do Ermo. Este cambio no título marca un cambio na tendencia da súa obra, permitindo dividir a súa obra en dúas liñas: poesía costumista e poesía lírica da montaña. A poesía costumista (coma no XIX) describe a vida rural desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación porque desfigura a súa esencia. Por outra parte, a poesía lírica da montaña ou montañesa (na que se encadran 21 sonetos moito máis traballados e cultos) destacábase pola tenrura e o amor pola paisaxe montañesa e os compoñentes máis humildes desa paisaxe. Ademais, tamén escribiu poesía cívica, relacionada co agrarismo, que foi suprimida en edicións posteriores. Non obstante, o poeta máis destacado desta época foi Ramón Cabanillas, que recolleu a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros e os combinou cos elementos renovadores modernistas. Desta forma, pódense diferenciar catro etapas na súa obra. Na primeira etapa, a pregaleguista, utiliza as formas e a temática do Rexurdimento, utilizando liñas intimistas, costumista e agraristas. As obras máis importantes desta época son No Desterro (1913) e Vento Mareiro (1915). Na etapa galeguista (ata 1920), Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia e contrapón as ideas de Galicia e Castela. Destaca a obra Da Terra Asoballada (1917). Na etapa mítica (1921-1930), Cabanillas emprende unha actualización da materia de Bretaña, galeguizándoa e apadtándoa para conseguir unha mensaxe nacionalista. Durante este período escribiu o libro Na noite estrelecida (1926), no que destacan tres longos poemas narrativos (A espada Escalibor, O cabaleiro do Sant-Grial e O soño do rei Artur). E, por último, na etapa de posguerra (1950-1959), escribe os libros Da miña zanfona (1954) e Samos (1958) que están cheos de desenganos e morriña, recuperando a súa maior altura poética.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved