Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Probablemente sociolingüística también, Apuntes de Gallego

Resumen hecho para mi y mis amigos a lo mejor no os vale

Tipo: Apuntes

2022/2023

Subido el 09/02/2023

carmen-villar-castro
carmen-villar-castro 🇪🇸

4 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Probablemente sociolingüística también y más Apuntes en PDF de Gallego solo en Docsity! Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. No exilio publícanse A Esmorga, de Blanco Amor ou Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Principais liñas: 1.Continuación da prosa da Xeración Nós: Carballo Calero (As Letras Galegas de 2020 están dedicadas a Carballo Calero), autor da primeira novela de posguerra, A xente da Barreira, 1951. 2.Realismo fantástico: Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha literatura que mestura elementos culturalistas de orixe árabe (Simbad), greco-latina (Orestes) ou nórdica (Merlín) con recursos da cultura popular. 3.Realismo popular: Ánxel Fole. O popular ascende á categoría de culto a través dun texto que nunca se afasta do relato oral, da xeografía luguesa, da lingua dialectal. 4.Realismo social: Eduardo Blanco Amor. Situadas no Ourense (Auria) de principios do s. XX, plasman a vida das clases obreiras ou marxinais, denunciando as inxustizas que padecen. 5.Realismo rural: Xosé Neira Vilas. As penurias da vida labrega, non exentas de denuncia. 6.A Nova Narrativa Galega da man dos autores máis novos, como Méndez Ferrín ou Carlos Casares, unha prosa totalmente diferente e moderna. Principais autores da etapa: I. Álvaro Cunqueiro (1911-1981). Características: *Mestura de realismo e fantasía: personaxes da literatura universal (Merlín, Sinbad...) comparten con xentes do pobo galego vivencias e preocupacións. *Predominio da oralidade no estilo: coma os contos de súa nai e na botica do pai, o que influíu no seu gusto pola maneira tradicional de contar, cheo de apelacións ao oínte, comentarios do narrador, alusións ás fontes... *Tendencia á disgregación da novela: Non hai unha estrutura clásica de presentación, desenvolvemento e desenlace, senón unha técnica de relato dentro do relato, ou relatos sucesivos cun débil fío argumental. Merlín e familia (1955) é a máis coñecida: recreación da materia de Bretaña desde a particularidade dunha perspectiva galega. Escribiu tamén libros con breves retratos de personaxes populares con toda a aparencia de seres reais, aínda que ás veces os seus poderes ou aventuras sexan de natureza marabillosa, relacionados coas crenzas da nosa cultura tradicional. II. Ánxel Fole (1903-1986). A súa obra está formada case exclusivamente por libros de contos (Á lus do candil, 1953 e Terra Brava, 1955) ambientados nesas montañas de Lugo e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares, que se contaban antes “á luz do candil” entre varias persoas. Tamén os temas seguen esa tradición oral: contos de lobos, de aparecidos e premonicións da morte; de lendas populares (a Santa Compaña...) combinados cun agudo sentido do humor. III. Eduardo Blanco Amor (1897-1979). Toda a súa narrativa é en Ourense (que el chama Auria) a principios do século XX. Dúas das súas novelas están consideradas do mellor da narrativa galega. -A esmorga (1959) participa da renovación na narrativa galega da época, tanto na temática (protagonismo compartido, das clases populares) como na forma (técnica telefónica). É a declaración perante un xuíz dun acusado que relata a historia tráxica del e dous compañeiros, todos homes marxinais, en 24 horas de bebedela e que acabará coa morte de todos. -Xente ao lonxe (1972) é unha radiografía do Ourense de principios do XX a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved