Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Comparación de Enfoques Científicos: Cuantitativos vs. Cualitativos, Resúmenes de Técnicas Cuantitativas

Una comparación detallada entre los enfoques cuantitativos y qualitativos en la investigación científica social. Aborda temas como la formulación de teorías, el empleo de conceptos, el papel del investigador, la recopilación y análisis de datos, y la presentación de resultados. El texto también incluye discusiones sobre la reactividad del observador, la empatía y el contacto, la uniformidad del instrumento de medición, y la generalización de conclusiones.

Tipo: Resúmenes

2021/2022

Subido el 07/10/2022

inmav
inmav 🇪🇸

4 documentos

1 / 8

Toggle sidebar

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Comparación de Enfoques Científicos: Cuantitativos vs. Cualitativos y más Resúmenes en PDF de Técnicas Cuantitativas solo en Docsity! Técnicas cuantitativas de investigación: TEMA I: O PROCESO DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICO SOCIAL Investigación científica: A investigación científica é unha investigación sistemática, controlada, empírica, amoral, pública e crítica de fenómenos naturais. Guíase pola teoría e as hipóteses sobre as presuntas relacións entre os fenómenos observados. (Kerlinger e Lee, 1999, p. 13) Creatividade e ciencia: A investigación científica é un proceso de descubrimento creativo que segue un itinerario prefixado e uns procedementos preestablecidos e consolidados dentro da comunidade científica. O atributo «creativo» é importante nesta definición, evoca as capacidades persoais de quen investiga, a súa perspicacia e intelixencia intuitiva. Pero isto é só un aspecto do proceso de investigación científica, o labor científico non consiste só en producir teorías, senón tamén en comprobalas. E esta fase debe seguir unhas regras moi precisas. A primeira regra fundamental é que debe desenvolverse dentro dun marco aceptado pola comunidade científica. A investigación científica é un proceso colectivo. «A ciencia é pública e non privada», (Merton, 1968). Algo que implica unha dobre caracterización: -Control: «Os conceptos e procedementos empregados, mesmo polo sociólogo máis intuitivo, deben estar estandarizados, e os resultados das súas intuicións deben poder ser comprobados por outros investigadores» [ Merton, 1968]. -Acumulación: «Se conseguín chegar máis lonxe que outros homes, é porque me subín aos ombreiros de xigantes», (Isaac Newton). Lembremos tamén que unha das definicións máis comúns da ciencia é «acumulación sistemática de coñecementos» Dous enfoques: Cualitativo e Cuantitativo 1a- Formulación: O deseño e relación entre teoría e investigación. - Cuantitativa: O nexo entre teoría e investigación estruturase en fases que responden a unha secuencia lóxica, unha formulación dedutiva. Teoría precede á observación, orientada á comprobación empírica da teoría formulada previamente. Hipóteses a partires de literatura, que ten gran importancia neste enfoque. - Cualitativa: Nexo aberto entre teoría e investigación, interactivo. O/a investigador/a cualitativo adoita “rexeitar” a formulación de teorías antes abordar o terreo, polo risco de inhibir a súa capacidade de «comprender» o punto de vista do suxeito estudado, pechándolle horizontes a priori. Elaboración de teoría e investigación empírica simultaneadas. O peso da literatura existente é pois menor neste enfoque. 1b- Formulación: Emprego de conceptos - Cuantitativa: No enfoque cuantitativo os conceptos son elementos constitutivos da teoría, e ó mesmo tempo permiten a súa comprobación empírica mediante a súa « operacionalización», é dicir, a transformación en variables observables. A clarificación dos conceptos e a súa operacionalización en forma de variables realízanse mesmo antes de que se inicie a investigación. - Cualitativa: Neste tipo de investigación utilízase o concepto como un “sensitizing concept”, que Blumer define como: un concepto «orientador», que predispón á percepción, e que hai que esgotar no curso da propia investigación, non só en termos operativos, senón tamén en termos teóricos. 1c- Formulación: Investigador/a, entorno de análise e reactividade Un dos problemas que debe afrontar o investigador social é o da «reactividade» do obxecto de estudo. O mero feito de estudar a conduta humana xa podería provocar cambios na mesma. 2a- A recompilación de datos: Uniformidade do instrumento de medición - Cuantitativa: En investigación cuantitativa todos os suxeitos reciben o mesmo tratamento. O instrumento de investigación utilizado é o mesmo en todos os casos (por exemplo, un cuestionario), ou polo menos ten capacidade para uniformar. Esta uniformidade é necesaria porque o obxectivo final da recompilación de información é a «matriz de datos», unha matriz de números ordenados en filas e columnas, onde se codifica a mesma información para todos os casos. - Cualitativa: A investigación cualitativa non persegue esta estandarización. Ó contrario, a falta de homoxeneidade das informacións é o seu principal elemento constitutivo, dado que o investigador asume informacións distintas segundo o caso, con distinto nivel de profundación segundo a conveniencia. Esta formulación distinta atribúese á diferenza do obxectivo cognoscitivo, que nun caso é descubrir as uniformidades do mundo humano e no outro é comprender as manifestacións na súa individualidade. 2a- A recompilación de datos: A natureza dos datos - Cuantitativa: Na investigación cuantitativa estes son fiables, precisos, rigorosos e unívocos, ou polo menos, espérase que o sexan. O termo inglés utilizado para designar estas características é “hard”, «obxectivo» (non subxectivos) e «estandarizado». Deben construírse de forma que se cambiase o/a investigador/a ou a mostra desa poboación a investigación producise o mesmo dato resultante da observación. Estandarizado quere dicir que os datos recompilados sobre os distintos suxeitos, e tal vez por investigadores distintos, deben ser comparables entre si, e para isto, adóitanse expresar de forma numérica. - Cualitativa: A investigación cualitativa non se expón o problema da obxectividade e a estandarización dos datos, e preocúpase en cambio da riqueza e profundidade dos mesmos. Os datos que produce a investigación cualitativa descríbense co termo inglés “soft”, subxectivos, flexibles, relativos. 3- Análise dos datos: Obxecto da análise - Cuantitativa: Das “n” persoas estudadas rexístranse todas as propiedades individuais que chamamos «variables» nesta fase de análise dos datos. Cada suxeito descríbese de maneira analítica a partir destas propiedades. Poderiamos dicir que a súa unidade como individuo se fragmenta en tantos elementos como variables deseñemos para describilo. A partir deste intre, o investigador xa non tratará ó suxeito como persoa. A análise dos datos farase sempre a través das variables, de maneira impersonal. Falarase de medias das variables, de porcentaxes de variables, e de relacións entre variables. O obxectivo da análise será «explicar a variación» nos valores das variables dependentes, é dicir, atopar as causas que provocan a variación das variables dependentes nos suxeitos. - Cualitativa: O enfoque interpretativo critica este modo de proceder. O argumento da devandita acusación é a imposibilidade de reducir o «home» a unha serie de variables, e a necesidade dunha perspectiva global ou holística para a análise da conduta humana. Esta formulación subliña que o individuo é algo máis que a suma dos seus partes e non pode quedar reducido á relación entre unhas cantas variables, e que a comparación dos suxeitos mediante variables conleva a desnaturalización dos mesmos. A investigación cualitativa adopta unha formulación totalmente diferente para a análise dos datos. O obxecto da análise xa non está representado pola variable, senón polo individuo na súa totalidade. Se a investigación cuantitativa baséase en variables, a cualitativa baséase en casos. 3- Análise dos datos: Emprego de técnicas matemáticas e estatísticas - Cuantitativa: A linguaxe das matemáticas considérase a linguaxe da ciencia, polo que se fai un gran esforzo por transformar os conceptos en termos matematicamente tratables (“medibles”) e utilízanse ó máximo as técnicas estatísticas para analizar os datos e facer xeneralizacións a partir da mostra de poboación. - Cualitativa: A formalización matemática considérase non só inútil, senón ata nociva (restritiva), polo que se ignora completamente. 4- Análise de resultados: A presentación dos datos As dúas formas clásicas, e tamén as máis sinxelas, de presentación dos datos nas tradicións cuantitativa e cualitativa son, respectivamente, a «táboa» e a «narración». Aínda que táboa e narración son dúas formas típicas de presentar os resultados na investigación cuantitativa e cualitativa respectivamente, non son instrumentos unilaterais utilizables só por un ou o outro tipo de investigación. Son moi comúns as investigacións de formulación neopositivistas nas que a narración se emprega con fins ilustrativos, coa mesma función que cumpre unha fotografía nun artigo de xornal. A narración serve para exemplificar os resultados, para que o lector poida comprender mellor o universo real que subxace ao dato numérico. Moito máis raro é o caso contrario. O investigador que segue o enfoque interpretativo raras veces utiliza a táboa para mostrar as súas variables relevantes, e é remiso a aplicar categorizacións propias ás respostas e actitudes dos entrevistados. 4- Análise de resultados: Xeneralizacións A conclusión dunha investigación non debería ser só describir a realidade, senón tamén ofrecer sistematizacións e sínteses de orde superior (explicacións ou interpretacións). Este é o único modo de conectar a investigación coa teoría, unha forma de abstracción racional e sintética da realidade. - Cuantitativa: O camiño para chegar a estas sínteses consiste no proceso que leva á formulación de relacións causais entre as variables (cuxos valores compoñen ós individuos), mediante o estudo das relacións entre elas. Empréganse indicadores numéricos como o coeficiente de correlación. Unha rede de conexións causais entre variables, e nos casos máis afortunados, expresións sintéticas de forma similar ás “leis” das ciencias naturais. - Cualitativa: As sínteses aquí son máis complexas e menos consensuadas nos seus formatos. Moitos autores consideran que a identificación de «tipos» é a vía para alcanzar estes obxectivos de sínteses. O tipo ideal é unha categoría conceptual que non ten correlato exacto e específico na realidade. É unha construción que, aínda que procede da observación de casos reais, eliminando detalles da realidade para extraer as súas características fundamentais, (a esencia), elevando o nivel de abstracción e habilitando un “modelo” co que interpretar esa realidade. Mentres a investigación cuantitativa pregúntase polos porqués, a cualitativa pregúntase polos como. 4- Análise de resultados: Alcance dos resultados - Cuantitativa: Profundidade e amplitude están en relación inversa. Profundar ten un custo, e o prezo a pagar depende do número de casos estudados. E este número de casos vai ligado á posibilidade de xeneralizar os resultados. Canto máis ampla sexa a investigación, (maior número de suxeitos abarcados), máis representativa da situación real será a mostra e, por tanto, os seus resultados poderán aplicarse con máis lexitimidade a toda a poboación, sempre que non se produzan distorsións sistemáticas. En conclusión, os resultados da investigación cuantitativa teñen sen dúbida máis posibilidades de xeneralización que os resultados da investigación cualitativa. - Cualitativa: Dadas as súas esixencias de profundidade e identificación co obxecto estudado, non pode abordar un número de casos moi elevado. A normalidade é cubrir poucos casos, co exemplo dos «estudos de caso», unha investigación sobre unha situación concreta (unha banda, un barrio, unha fábrica, unha organización, un acontecemento, etc.). Como é posible inferir, de situacións tan específicas, aínda que elixidas de modo que sexan o máis representativas posible, observacións e conclusións de alcance xeral? Sen dúbida, nunha investigación sobre poucos casos poderase profundar máis, pero reduciranse tamén as posibilidades de xeneralizar os seus resultados. Adenda: ADVERTENCIAS Nesta comparación entre as perspectivas cuantitativa e cualitativa falamos de dous «tipos ideais» de investigación, subliñando, en parte por motivos didácticos, as diferenzas entre ambos os puntos de vista. Recoñecemos que entre os dous extremos, ou entre os dous tipos «puros», existen posicións intermedias. Para maior claridade, na comparación entre métodos cuantitativos e cualitativos contrapuxemos «explicación» a «interpretación», «procura de porqués» a «procura de cómos», «causalidade» a «clasificación», «análise por variables» a «análises por casos», pero na realidade os límites nunca son tan claros.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved