Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Pedagogías del siglo XX: Los principales autores y sus contribuciones, Resúmenes de Pedagogía

Este documento recopila a los principales autores que han tenido una gran influencia en el campo de la educación durante el siglo xx. Se abordan sus principales contribuciones y se ofrece una breve biografía de cada uno. Entre ellos se encuentran figuras como maría montessori, ferrer i guàrdia, john dewey, francisco giner de los ríos, célestin freinet, alexander sutherland neill, antón semiónovich makarenko, jean piaget, lorenzo milani, paulo freire y lawrence stenhouse. Cada capítulo del libro refleja las contribuciones más importantes de cada autor y ofrece una visión general de los autores más relevantes en el ámbito educativo.

Tipo: Resúmenes

2012/2013

Subido el 24/10/2013

ver-12581
ver-12581 🇪🇸

1 documento

1 / 5

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Pedagogías del siglo XX: Los principales autores y sus contribuciones y más Resúmenes en PDF de Pedagogía solo en Docsity! “Pedagoxías do século XX” Esta obra recolle algúns dos autores que fixeron aportacións de gran importancia no ámbito da educación. Os autores que son obxecto de estudo nesta obra son: María Montessori, Ferrer i Guàrdia, John Dewey, Francisco Giner de los Ríos, Célestin Freinet, Alexander Sutherland Neill, Antón Semiónovich Makarenko, Jean Piaget, Lorenzo Milani, Paulo Freire e Lawrence Stenhouse. A cada un destes autores concédeselle un capítulo do libro, reflexando nel as aportacións máis importantes e unha pequena biografía, polo que nos podemos facer unha idea xeral dos autores máis relevantes no ámbito educativo e as principais aportacións que fixeron cada un deles. Maria Montessori é, xunto con Decroly, unha das educadoras que con maior acerto traduciu o ideario da Escola Nova e Activa sistematizado por Ferrière nunha proposta de intervención pedagóxica. Esta educadora defendía unha maior liberdade para dar satisfacción aos estímulos propios dos nenos, xa que consideraba que a educación só se conseguía a través da actividade propia do suxeito educado. Entre as súas contribucións máis relevantes, cabe destacar a creación dun ambiente apropiado para cultivar a atención, a vontade, a intelixencia, a imaxinación creativa, e a educación moral. O seu método implica unha nova concepción do educador, que terá que cederlle o protagonismo aos alumnos; sendo un dos principais obxectivos deste método o de establecer a actividade espontánea do neno e preparalo para que sexa libre. Este método coincide co currículo actual en que se centra na necesidade de educar atendendo ao desenvolvemento integral do neno e non considera a educación como mera instrucción. Ferrer i Guàrdia conseguiu plasmar na Escola Moderna as ideas educativas básicas do pensamento librepensador e libertario de principios do siglo XX. Este pedagogo aposta por unha ensinanza científica e racional non supeditada aos imperativos da relixión e do Estado e pola coeducación de clases e sexos. Éste consideraba que as propostas educativas que promovían as clases dirixentes dos estados capitalistas, avaladas polos expertos en ciencias da educación de rigor, non pretendían apoiar a búsqueda da satisfacción das necesidades físicas, intelectuais e morais dos nenos, senón impoñerlle unha serie de pensamentos, unha ideoloxía conformista e lexitimadora da inxustiza. Deste xeito, Ferrer e o seu movemento de Escolas Modernas tentaron sentar as bases dunha ensinanza científica e racional que disolvera ou neutralizara o espíritu de “masa popular” amorfa coa finalidade de “facer de cada muller e de cada home un ser consciente, responsable e activo”, capaz de “determinar a súa vontade polo seu propio xuízo, asesorado polo seu propio coñecemento”, máis alá das consignas e a propaganda dos medios de comunicación e educación que se encontraban en mans dos “modernos forxadores de programas políticos”. John Dewey concibe a escola coma un espazo de produción e reflexión de experiencias relevantes de vida social que permite o desenvolvemento dunha cidadanía plena. Éste concibe a democracia coma unha forma de vida e un proceso permanente de liberación da intelixencia, non coma un réxime de goberno. Dewey formouse como filósofo e adheriuse pronto ao pragmatismo. O sesgo máis característico da súa obra é o cruce inseparable entre o filosófico, o educativo e o político. A súa teoría pedagóxica centrábase máis no docente que nos alumnos. Para o desenvolvemento do carácter democrático nas escolas non confiaba tanto nas capacidades espontáneas dos nenos coma na habilidade dos profesores para crear un clima que exercera unha mediación entre as capacidades e os hábitos pretendidos de intelixencia e responsabilidade social. A súa fe na escola como axente de reforma social e non de reprodución conduciuno a tentar a súa radical reconstrución. Francisco Giner de los Ríos e a Institución Libre de Enseñanza creada por el ofrecen un dos proxectos educativos máis sólidos da España contemporánea. Este pedagogo foi un dos primeiros deste país en situar ao alumno no centro do proceso pedagóxico. Giner seguía o método socrático, no cal, a partir do diálogo co alumno, éste acabaría desempeñando un rol esencial no seu propio proceso de desenvolvemento. Éste pretendía formar a cidadáns capaces de asumir as súas responsabilidades e dereitos e a convivir adoptando a tolerancia e o respeto como normas fundamentais. O seu método extendeuse dende os comezos do século XX, principalmente a través do Museo Pedagóxico, que foi creado en 1882 e tivo unha enorme influencia tanto na formación directa dos mestres coma na reforma das Escolas Novas; ademais de que foi a base da corrente renovadora en materia educativa que culminou nos anos da República. Célestin Freinet é un dos innovadores en educación máis importantes do século XX. Éste plasmou na escola os principios de educación polo traballo e dunha pedagoxía moderna e popular. As súas teorías e aplicacións beben das Escola Nova, pero adquiren un carácter máis radicalmente democrático e social. As súas técnicas constitúen un abanico rico e coherente de actividades que estimulan o tanteo experimental, a libre expresión infantil, a cooperación e a investigación do entorno. A diferencia da maioría de pedagogos insignes, Freinet non tiña grandes títulos universitarios, senón que era un mestre de pobo; as súas propostas nacen da realidade escolar cotidiana.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved