Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Factores del Desarrollo Cognitivo según la Teoría de Piaget: El Papel de la Equilibración , Resúmenes de Psicología

Una descripción detallada de los factores que influyen en el desarrollo cognitivo según la teoría de piaget, con énfasis en el proceso de equilibración. El texto aborda los factores explicativos, el modelo de procesamiento de la información, el papel del conocimiento y su relación con el desarrollo cognitivo, y la importancia de la interacción con otras personas. Además, se discuten los tres principios básicos de la teoría de piaget: la inteligencia humana, el conocimiento y su construcción, y la función simbólica.

Tipo: Resúmenes

2016/2017

Subido el 11/05/2017

trabada89
trabada89 🇪🇸

3.8

(42)

31 documentos

1 / 12

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga Factores del Desarrollo Cognitivo según la Teoría de Piaget: El Papel de la Equilibración y más Resúmenes en PDF de Psicología solo en Docsity! TEORÍAS SOBRE O DESENVOLVEMENTO Estefanía Neira Yanes 1º Psicoloxía, Grupo B ÍNDICE 1. Nivel de desenvolvemento e relación co entorno físico e social. 1. O punto de vista de Piaget 1.1. Os factores do desenvolvemento na teoría xenética. 1.2. O proceso de equilibración: factor e mecanismo. 1.3. O papel da educación no desenvolvemento. Psicoloxía do desenvolvement o e da educación 1.4. Os factores explicativos do desenvolvemento. 2. O desenvolvemento das función psicolóxicas superiores. 2.1. O punto de vista de Vigotsky. 1.5. As liñas natural e social do desenvolvemento. 1.6. A lei de dobre formación das función psicolóxicas superiores. 1.7. O papel da educación no desenvolvemento. 3. O desenvolvemento cognitivo segundo o procesamento da información. 2.2. Introducción 2.3. Un modelo de procesamento da información. 2.4. Procesos básicos: 1.8. Atención 1.9. Memoria 2.5. O papel do coñecemento no desenvolvemento cognitivo 1.10.Coñecemento do dominio específico. 1.11.Metacognición. 2.6. Mecanismos do cambio evolutivo. 2.7. Valoración do procesamento da información. 4. A teoría ecolóxica do desenvolvemento humano. 2.8. Antecedentes 2.9. Un novo concepto de entorno: fundamentos do enfoque ecolóxico do comportamento humano. 2.10. O desenvolvemento desde a teoría ecolóxica. 2.11. Metodoloxía. 5. Perspectiva do ciclo vital. 2.12. Antecedentes históricos. 2.13. Unha definición da psicoloxía evolutiva. Para explicar en que consiste e como funciona o mecanismo de equilibración hai que saber que no momento non que se actúa sobre os obxectos traballan conxuntamente a asimilación e a acomodación como procesos indisociables en todo acto de coñecemento. O coñecemento é posible grazas a que se establece un certo equilibrio entre os procesos de asimilación e acomodación o que permite á persoa interpretar o obxecto e actuar sobre el. Este equilibrio pode romperse, dando lugar a unha situación de desequilibrio e as causa atópanse nas resistencias que encontran os esquemas para exercer a súa capacidade asimiladora. Estas resistencias poden ser debidas aos obxectos ou as situacións ás que se aplican os esquemas como a unha deficiente coordinación entre os distintos esquemas. A aparición deste desequilibrio desencadeará a necesidade de revisar e transformar os esquemas iniciais para lograr un reequilibrio, o que se logrará poñendo en marcha unha serie de reaccións reguladoras e compensadoras. Eses cambios poden concretarse na ampliación, reorganización ou diferenciación dos elementos ou características que definen internamente os esquemas ou o establecemento de novas formas de coordinación entre eles. O equilibrio é o resultado dun proceso previo de equilibración e constitúe ao mesmo tempo o punto de partida potencial dun novo proceso á vez que permite resolver as dificultades que o orixinaron. O punto esencial é o proceso continuo de equilibrio-perturbacións- desequilibrio-regulacións e compensacións-reequilibrio que, da lugar a modificacións nos esquemas que aseguran un mellor equilibrio. Esta equilibración mayorante é a que permite entender o papel determinante do mecanismo de equilibración como factro do desenvolvemento intelectual. O proceso de equilibración fundaméntase nas propiedades de organización e adaptación. O sistema cognitivo humano participa nese sentido, o proceso de equilibración é unha versión peculiar e específica da mesma. A aparición das categorías básicas do pensamento humano explícase no último término. A educación considérase un factor modulador do proceso de desenvolvemento que pode facilitar ou dificultar os cambios que este supón facendo que aparezan antes ou despois no tempo. Estes cambios acabarán producíndose de todas maneiras máis cedo ou máis tarde. Dúas problemáticas abordadas por Piaget: a primeira é a problemática da relación entre desenvolvemento e aprendizaxe e concrétase nunha serie de traballos; estes traballos intentan responder á pregunta de si é posible ou non realizar un aprendizaxe operatiorio; si é posible a cuestión é explicar cales son os mecanismos responsables do mesmo e que relación manteñen cos procesos de regulación interna que explican o avance no desenvolvemento cognitivo; os resultados destes poden ser: en certas situacións é posible conseguir un aprendizaxe operatorio, o aprendizaxe operatorio depende do tipo de actividades realizadas polo suxeito, o aprendizaxe operatorio depende do nivel cognitivo inicial do suxeito, os conflitos que o suxeito experimenta como consecuencia de determinadas perturbacións desempeñan un papel importante no aprendizaxe. Este conxunto de resultados permite extraer dúas conclusións fundamentais que os resultados contradín tanto as teses maduracionistas como as empiristas e reforzan a caracterización interaccionista e construtivista do desenvolvemento intelectual pero por outra banda, os resultados apoian a teses da dependencia dos procesos de aprendizaxe con respecto ao desenvolvemento natural e espontáneo das nocións operatorias. Ambas conclusións permiten precisar o carácter do factor máis ou menos modulador do desenvolvemento que a teoría xenética atribúe á experiencia social e ás prácticas educativas tanto no que se refire á súa posible influencia como no relativo ao carácter limitado da mesma. A segunda problemática abordada por Piaget, aporta elementos de interese para matizar o papel modulador da experiencia social e a educación é a relativa universalidade do estadio das operacións formais. Foi cuestionada empíricamente por un lado no sentido de que as persoas pertencentes a determinadas culturas tradicionais e con baixos niveis de desenvolvemento tecnolóxico rara vez parecen mostrar capacidades operatorias formais cando se enfrontan ás áreas piagetianas propias deste estadio e por outro lado, no sentido de que un importante porcentaxe de suxeitos non parece alcanzar as formas de razoamento descritas pr Piaget como propias do pensamento formal. Piaget introduciu a idea de que a maioría dos adultos poden ser efectivamente capaces de alcanzar o pensamento formal aínda que non de maneira xeral, senón tan só nas áreas de contido no que o seu interese, experiencia ou grado de pericia sexa maior. O rol secundario e subordinado das prácticas educativas contrasta en comparación do desenvolvemento. Piaget é un dos autores que máis incidira na renovación do pensamento pedagóxico contemporáneo e no debate sobre determinados problemas de ámbito educativo. A influencia piagetiana concretouse en ocasións en liñas específicas de investigación educativa e propostas concretas do traballo na aula. Noutros casos traduciuse no uso de principios inspirados en determinadas ideas da teoría xenética como guía da ensinanza. A educación escolar tende a saber cómo outras persoas poden exercer unha influencia sobre a construción de coñecementos que realiza o alumno, actuando de mediadores entre este e os contidos obxecto de aprendizaxe. O PUNTO DE VISTA DE VIGOSTKY A obra de Vygostky é un proxecto global de estruturación dunha psicoloxía capaz de abordar de maneira obxectiva e científica o estudo da conciencia humana. Xurde como un intento de superar unha situación de crise da psicoloxía da súa época: a escisión entre unha psicoloxía natural e causal e entre unha psciloxía fenomenolóxica e hermenéutica. O problema que prantea Vygostky é o estudo da conciencia e o seu punto de arranque é o contrario ao adoptado por Piaget, explicar o que é especificamente humano. A base do estudo da conciencia xira a 3 ideas fundamentais: a adopción dun método xenérico ou evolutivo como eixe básico para a aproximación ás cuestións psicolóxicas, a tese de que os procesos psicolóxicos superiores teñen un orixe social e a afirmación do carácter mediado a través de instrumentos de ditos procesos. A actividade humana defínese como unha actividade instrumental. Os instrumentos poden ser de carácter físico ou de psicolóxico. Vygotsky usa un sistema de signos como mediador que é tarefas piagetianas e o seu propósito era ofrecer unha explicación pormenorizada das estratexias que os nenos utilizan para resolvelas. Nun caso en concreto, Piaget aseguraba que a resolución de dito problema e outros similares respondía a unha característica do estadio formal. Aspectos máis xerais da resolución de problemas son as regras denominada heurísticas entres as que se destaca o ensaio e o erro ao igual que o análise medio-fine. A TEORÍA ECOLÓXICA DO DESENROLO HUMANO A psicoloxía ecolóxica xurde na época da crise do condutismo e no auxe da revolución cognitiva que primeiro outorgaba ao entorno todo o poder explicativo do comportamento pero logo dicía que os factores explicativos radicaban en cada individuo. Bronfenbrenner propón unha descrición do ambiente na que se desenrola o ser humano dividindo a este en varias partes: microsistema, mesosistema, exosistema e macrosistema. A existencia dun cambio evolutivo foi considerado como un proceso de transicións ecolóxicas que se definen como as modificación que se producen nunha persoa e no seu ambiente ecolóxico como consecuencia dun cambio de rol, de entorno ou de ambos. Algunhas transicións: o comezo da escola, a vida en parella, a xubilacion… Un tránsito ecolóxico implica un proceso que entraña certa duración temporal na cal un suxeito intenta adaptarse á nova situación. Bronfenbrenner estableceu as condición que favorecerían e optimizarían o desenrolo humano que son: en primeiro lugar a diversidade de roles das persoas coas que se establecen relacións, a existencia de vínculos entre os distintos escenarios nos que desenrola o individuo e en terceiro lugar di que o desenrolo infantil favorécese se os adultos significativos para o neno lle ofrecen axuda para que constrúa habilidades persoais. PERSPECTIVA DO CICLO VITAL O estudo do desenrolo adulto e do envellecemento proporcionaron un importante estudo sobre o ciclo vital. Un aumento na esperanza de vida das persoas provocou un envellecemento da poboación e unha maior xeneralización da xubilación. A psicoloxía evolutiva ocúpase da descrición, explicación e modificación do cambio intraindividual de comportamento ao longo do ciclo vital e de diferenzas interindividuais. O cambio intraindividual refírese ao cambio que se produce dentro das persoas e o interindividual ao grado no que se produce o cambio intraindividual nas diferentes persoas. A multidimensionalidade fai referencia a cambios que teñen lugar durante o ciclo vital e que son de naturezas moi diversas. A multidireccionalidade dinos que un cambio evolutivo pode tomar diferentes direccións e poden mostras variacións. O aumento da variabilidade interindividual a medida que avanza o ciclo vital implica importantes diferenzas entre persoas debidas non só á idade cronolóxica senón tamén á influencia doutras variables. A discontinuidade dinos que os procesos de cambio non sempre abarcan todo o ciclo vital nin tampouco son sempre unha consecuencia de influencias e procesos continuos.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved