Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

TEMA 1 (A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS), Apuntes de Gallego

Apuntes sobre o Tema 1 da literatura galega. Tratánse o contexto literario, a situación da lingua e aos autores máis destacados desta época. Dentro destes atopamos etapas, obras e o estilo de cada un respectivamente.

Tipo: Apuntes

2021/2022

A la venta desde 27/07/2023

manuel-carrera-2
manuel-carrera-2 🇪🇸

33 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga TEMA 1 (A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS) y más Apuntes en PDF de Gallego solo en Docsity! TEMA 1 LITERATURA- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. O sec. XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivo social da época. Destaca Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez, fortemente perseguida. Esta presión social en contra dos foros consegue a lei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926. En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural, arredor desta nacerá a revista Nós. CONTEXTO LITERARIO. Nos primeiros anos do século XX, o xénero máis cultivado foi a poesía. Trátase dunha poesía de transición que, en xeral, continúa as liñas que se iniciaran nos derradeiros anos do século anterior, pero tamén apreciamos rasgos novos que anuncian un cambio de actitude estética a través de dúas vías complementarias: o contacto con outras literaturas e a actualización dos temas. A lingua segue a ser dialectal e a temática esencialmente rural. Podemos establecer dúas actitudes poéticas que nos permiten estudar aos poetas deste tempo:  Unha actitude tradicional representada por aqueles autores que seguen de cerca a poesía do S. XIX e que son reticentes ás innovacións. Seguida por autores como Noriega Varela, Álvarez Limeses,etc...  Unha actitude renovadora representada por autores que parten da poesía do S. XIX pero que asimilan na súa obra rasgos formais propios da poesía europea de inicios do S. XX e temas relacionados coa realidade social do seu tempo. O seu principal representante foi Ramón Cabanillas. Na poesía a entrada do sec. XX non supuxo un cambio no panorama literario galego senón que continuaron as liñas iniciadas no Rexurdimento, con autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire. O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é ANTONIO NORIEGA VARELA (1869- 1947). Podemos consideralo o máis destacado representante dunha xeración de transición: por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. Escribiu unha soa obra ampliada durante toda a súa vida: en 1904 o título é Montañesas; desde 1920, denominarase Do ermo. O cambio de título marca un cambio de tendencia na súa obra, con dúas etapas: * poesía costumista (coma no XIX): descrición da vida rural, desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación porque desfigura a súa esencia enxebre. A temática redúcese á descrición da paisaxe e á glosa da vida ruda dos campesiños e as alegrías festeiras. Tamén escribiu poesía cívica, relacionada co agrarismo e suprimida na última edición. * poesía lírica da montaña (=montañesa). Poética franciscana: tenrura e amor pola paisaxe montañesa, polos compoñentes máis humildes desa paisaxe e non polos máis grandilocuentes ou vistosos. Neste
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved