Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

La Filosofía y la Literatura: Desde el Modernismo a la Posmodernidad, Apuntes de Filología Clásica

Este documento aborda la evolución de la filosofía y su relación con la literatura, desde el iluminismo hasta la posmodernidad. Se analizan conceptos como el metarrelato, la tematología y el mito, explorando su impacto en la sociedad y la cultura. Además, se discuten los cambios en el estudio de la literatura comparada y la importancia de los medios de comunicación en la globalización.

Tipo: Apuntes

2013/2014

Subido el 11/05/2014

peknapirata
peknapirata 🇪🇸

3.8

(34)

10 documentos

1 / 12

Toggle sidebar

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga La Filosofía y la Literatura: Desde el Modernismo a la Posmodernidad y más Apuntes en PDF de Filología Clásica solo en Docsity! Tema 1. Posmodernidade 1. Modernidade e modernismo. As vangardas históricas. 2. A crise da Razón e a fin da Historia 3. O paradigma posmoderno 4. Elementos para una descrición da idade neobarroca 5. O monstro e a súa representación na arte occidental O concepto aparece en toda a cultura, non só na literatura. Está sendo desbotado por outros termos. Parellas que se complementan, pero son diferentes: 1. Posmodernidade/modernidade 2. Posmodernismo/modernismo 1. Modernidade e modernismo. As vangardas históricas. 2. A crise da Razón. Modernidade é unha época histórica dende a Revolución Francesa (enciclopedistas), o trazo común entre ambos é a razón como acceso á realidade e o ser humano toma as súas decisións, achégase á idea de progreso, de avance. Instálanse en Europa concibindo a realidade como accesíbel mediante os instrumentos da ciencia. Achegándose máis á realidade, ao progreso. Decurso lineal ata a etapa final, a cal non chega, de plenitude. Na Historia o home é o protagonista, realizando accións fortes (según modernistas) como a busca da liberdade ou defensa da bandeira (imperativo absoluto), o home ten que acadar un obxectivo. Esta visión da Historia, en certo modo idealista, utópica, para os modernistas rómpese despois da II Guerra Mundial (xa houbera unha crise na I GM) xa que estes instrumentos cientifícos foron usados para a guerra. Sobre todo a filosofía vaise alonxando desta visión, desconfianza da linguaxe, pois é un instrumento moi manipulador da realidade. Non ten unha saída final, pero hai unha serie de pensadores que se van opoñendo. O primeio é Jean- Froinçois Lyotard, quen publicou A condición posmoderna e A posmodernidade para os nenos, neste último hai un artigo que explica a resistencia cara o anterior. Para el a modernidade baséase no pensamento teleolóxico (que procura un fin). Os metarrelatos da Historia explican a Historia dende o punto de vista da modernidade. • Metarrelato cristiano: acadar o paraíso. • Metarrelato marxista: acadar a igualdade (aparece primero a burguesía e logo, na revolucón industrial, o proletariado que loita contra os burgueses). • Metarrelato iluminista: acadar o saber a través da ciencia, que levaría a unha situación de perfección. • Metarrelato capitalista: mediante mercado, consumo, cambiar de status social (nacer pobre pero morrer rico), ademais de ter moitos obxectos que nos axuden a acadar un estado de benestar. Lyotard afirma que estes metarrelatos totalizadores entran en crise coa posmodernidade. Vanse ir fundindo a partir da segunda metade do século XX porque se lle van encontrando fallas, son totalizadores pero moi autoritarios. O que leva a tres ideas sustitutivas, posibilidades posmodernas, a Historia como: • Non-relato: introdución de historias nas que non sucede nada (posmodernismo), tamén fragmentadas (ex. O filme 21 gramos). Xorde debido a un xiro lingüístico no que se comprende que se a linguaxe é incapaz de describir o mundo, é mellor non intentalo. Caracterízase pola fragmentación sucesiva da historia. Consiste en non contar nada. Comeza a falarse da morte de Deus (Nietzsche), do home, do autor (Barthes) e dáse pé á estética da recepción (o destinatario do non-relato ten que poñer máis da súa parte). • Pequenos relatos: pequenos grupos de persoas que levan unha vida cotiá sinxela e das que non se fala. No modernismo aparece o concepto xilo lingüístico que recolle a incapadidade da linguaxe de contar o mundo, ante o que é preferíbel o silencio ( a obra de Cage 4'33'' expresa a imposibilidade do silencio absoluto). Unha diferenza entre modernismo e posmodernidade é que no primeiro o autor escribe e o lector recibe o traballo pasivamente, mentres que no segundo fálase da morte do autor xa que o lector/ espectador é quen gaña importancia, tendo que esforzarse por reconstruír a obra, dando lugar á interpretación propia. No posmodernismo cabe destacar a Vattimo, quen compara a Historia coas linguas, afirmando que non hai que estudar só a variedade estándar (na Historia serían os metarrelatos, totalizadores) e hai que prestar atención ás variedades (as historias non contadas, marxinadas), chegando así o multiculturalismo. Sabemos como viven os reis pero non a vida cotiá das persoas de a pé. Os metarrelatos deixaban fóra a grupos étnicos, sexuais, etc. vamos, os que non eran suxeitos fortes, así xurdiron outros relatos dende outros puntos de vista. Hai que ver pola multiplicidade e diversidade. O 11/09/01 é unha data importante xa que comezan os novos metarrelatos, marca de posmodernidade, e coa caída do muro de Berlín no 89 márcase o fin do modernismo. 3. O paradigma posmoderno. 2. Fin da Historia. Unha visión posmoderna é poñer en dúbida os metarrelatos e ata o sentido da vida. Frederick Jameson, de perspectiva marxista, publica no 91 A lóxica do capitalismo na posmodernidade tardía na que recoñece tres manifestacións do capitalismo (fases evolutivas): 1. Capitalismo nacional, industrialización, metrópoles no XIX. 2. Capitalismo imperialista, créanse grandes compañías que queren monopolizar. 3. Capitalismo tardío, estas empresas convértense en multinacionais que queren convertir o mercado en global (globalización). O que ten consecuencias moi fortes nas relacións humanas e visión do mundo. O trazo fundamental para el da visión do mundo é a inmediatez, existencia do tempo presente, hai que gozar da relidade, consumindo. O pasado deixa de existir, Jameson di que só existe como un depósito de produtos culturais ao que podemos volver para consumir determinados produtos. Dous ideas básicas: • Pastiche (imitación): Marxel Proust escribe no 19 Pastiches e misceláneas. Pastiche e parodia son ambos imitacións pero a parodia (moi posmoderna) é a relectura dun texto anterior, coñecendo as estruturas narrativas. No pastiche a imitación non é humorística, é imitación por admiración dun estilo ou tendencia, non crítica, pasado marabilloso. • Jameson (posmodernidade anula a historia no 89 coa caída do muro de Berlín aínda que Fukushima xa falara do fin da Historia) vai un paso máis alá afirmando que o ser humano está desorientado. Eliminación de toda xerarquía, posmodernidade. Interesa a cultura de masas. Utiliza o termo pan-estetización (todo pode ser estudado dende o punto de vista estético), antes só se veían esteticamente as grandes obras e desbotábase o popular. Bauman lévao a un ámbito máis vital que Jameson, utiliza o termo “modernidade líquida”, que define as novas relacións humanas, pouco fortes, a través dos medios electrónicos. As relacións “solidas”, fortes, o ser humano buscaba a comunidade. 4. Elementos para unha descrición da idade neobarroca Calabresse decátase de que na segunda metade do século XX prodúcese un cambio de paradigma, ao que chama neobarroco, dándolle unha volta ao barroco, sendo irregular, excesivo, extravagante, exuberante. Sarduy emprega o termo neobarroco, sobretodo en latinoamerica despois da aparición de determinados autores, cun estilo cargado, manierista, traballo artificioso, antirealista. Todos estes antecedentes os emprega Calabresse para explicar que hai un novo gusto de produtos • Ten función socio-relixiosa porque propón un modelo de conduta, que podemos aceitar ou rexeitar. • Pon en xogo heroes desprovistos de psicoloxía que encarnan forzas primordiais, ideas motrices. • Distínguense por poñer en funcionamento oposicións violentas moi fortes. Xoga moito a un dualismo moi básico. • Mito é considerado sempre como verdadeiro polo destinatario. Trousson deixa grande liberdade de entendimento segundo época e espazo. Pageaux considera o mito como un encadeamento de secuencias. Mito é un saber que organiza a realidade e o mundo sensible. Narra o tempo e o lugar en función do home. Ten un valor ético, a propiedade de dar coherencia e sistema de valores a unha sociedade determinada. En termos xerais hai que diferenciar distintos tipos de mitos. Interésannos os mitos literarios e concrecións literarias nunha época determinada dun mito. Poden proceder da mitoloxía (mitos gregos), mitos bíblicos, mitos parabólicos (eclosionaran a partir da biblia na que teñen pouca presenza). Mitos que proveñen a partir dunha obra literaria. No mito de Prometeo trátase a rebelión contra a natureza e deus. En La semilla inmortal de X. Pérez y J. Balló hai un capítulo sobre Prometeo e postula que as grandes películas americanas están baseadas en doce mitos clásicos. Estudo do mito segundo comparatistas: identificación do mito no texto, como se relaciona o mito coa obra (espazo, tempo, personaxes), ter unha perspectiva diacrónica, ter en conta outros textos provintes doutra época e espazos. J. Rousset é importante a súa identificación de tres invariantes na reelaboración do mito: busca do amor, figura do heroe, pantasma (Mito de Don Juan). Dentro do concepto de mito, cambiando á idea de monomito, hai quen fala da oposición entre mito e mitema, éstas son as unidades narrativas mínimas que configuran un mito (Exemplo: no mito de Noé, un mitema sería o diluvio), tambén presentes noutras culturas. J. Campell traballa sobre os mitos de heores, nos que distingue tres mitemas fundamentais, que para el fundamenan o monomito, a viaxe do heroe, que sigue un esquema: o heroe sale de casa para iniciar unha serie de aventuras das que adoita salir vitorioso, aprendendo cousas polo camiño, co obxectivo de conseguir o “elixir” (ese coñecemento que o leva a transformarse, a ser mellor). Cando falamos de monomito, falamos de literatua recorrente. Atopamos tres mitemas: a chamada para salir en busca de aventuras, o proceso de iniciación do heroe (fórmula narrativa omnipresente moi repetida) e retorno. Puxo un video que explica moi ben os monomitos: unha casa inconfortable, a chamada, negación que conleva que se lle explique o pasado e que reciva un item especial, encontro co mentor, cruce do umbral, probando aliados e inimigos (encontro con reinas, deuses ou profetas), chegada inminente e preparación (a dura proba e a recompensa). Vinculación entre Voggler e outras cousas coñecidas como por exemplo coa busca de Propp de estruturas recorrentes nos contos, que estableceu tres accións básicas que se combinan nos contos fantásticos rusos. Tamén asociaba as funcións con sete personaxes que máis tarde se recolleu na teoría dos actantes na que explica que para analizar é mellor a idea de actantes, definidos pola súa función e relación entre eles. A diferenza é que os actates non teñen porqué ser personaxes, senón que poden ser obxectos. Teoría de Greimas e Bremond dos actantes do relato: suxeito, obxecto, antagonista, axudantes, destinador e destinatario. “Cada línea recta representa un obxectivo do heore, correspondente a cada un dos actos […] e con capacidade de reactivar o mundo” (Voggler, 2002,26). “Todo o contido do conto pode enunciarse en frases cortas”. Tamén o monomito. Calquer relato mítico pódese definir por estos actantes. Lazo con Calabresse e a idea de repetición. Falan de dúas lóxicas (Campell e Voggler). Tamén analizan cómo a chegada dun alleo rompe. 4. Os topoi da outredade: a imagoloxía. A Imagoloxía é unha disciplina da tematoloxía que se encarga do estudo dos prexuizos, dos estereotipos e de maneira moi xeral das opinións que nun determinado país se sostén sobre outros. A análise imagolóxica céntrase na imaxe literaria, entendo imaxe como conxunto de ideas arredor dun país extranxeiro ou do extranxeiro. Por exemplo o New York Times publicou un artigo sobre o horario español, transmitindo certa imaxe do país. Definición de estereotipo: supón unha operación simple pola que se confunde o atributo coa esencia, de maneira que se produce unha extrapolación contínua do particular do xeral e do singuar ao colectivo. Unha fonte son os viaxes na literatura, pois transmitimos a nosa opinión dende a visión do noso mundo. Tema 4, Intermedialidade e Interartes 1. A tradición horaciana: Ut pictura poiesis. 2. Intermedialidade e comparatismo: diferentes paradigmas. 3. O concepto de Interarte. 4. A intermedialidade: a constitución da linguaxe cinematográfica. 5. Novos medios e remediación. 2. Intermedialidade e comparatismo: diferentes paradigmas. A literatura comparada como disciplina. Remark deu unha definición nun congreso de literatura comparada que trata de cubrir todos os aspectos dende os anos 60. Estuda a relación dunhas literaturas entre outras, e tamén a comparación entre diferentes artes ou disciplinas. Se recoñece (non aceptado por todos) a forte presenza dun compoñente intermedial ou iterartístico. Exemplo: Guillén non acepta que a comparación interartística esté na literatura comparada. Debería ser da estética. Bernheimer redactou una especie de informe sobre o “estado” actual da literatura comparada, no que se dan por bos estes métodos de comparación. O comparatista Tötösy escribe en clc web-journal sobre o que el chama literatura e cultura comparada, aparecen cousas sen a literatura explícita o que leva ao desvío, hai casos nos que nin se quera se compara a literatura; polo que se perdeu o foco la literatura. A idea de intermedialidade non é única das disciplinas comparadas, é básica dentro dos estudos artísticos actuais. Hai escolas con enfoques diversos. Mencionar dous con produción intermedial forte, é dicir, de estudos dos procesos de transferencia de temas e técnicas dun medio ou arte a outro (distinción entre arte e medio importante, medios non artísticos son, por exemplo, radio e xoral): a de Canadá en Montreal na que destaca Gaudreault, especialista en cine, e a de Alemania con Wagner. 1. A tradición horaciana: Ut pictura poiesis. Gaudreault afirma: “os medios nacen dúas veces”. Con isto quere dicir que primeiro xorden como rexistro, é dicir, pasan por unha etapa na que imitan xéneros anteriores porque non teñen características artísticas propias, e logo como arte. Relación con “iluminación recíproca” e co tópico tu pictura poiesis “como la pintura y la poesía” de Horacio. Con este tópico quere dicir que para observa ben un cadro ou unha poesía, ás veces hai que miralo dende outra perspectiva para entendelo. 5. Novos medios e remediación. Fala do cine e da exemplos. Aparece a idea de imitación pero con melloras, a remediación, polo que se viu por un momento como un perigo para o teatro porque aportaba máis dinamismo ao espazo temporal. Despois descubrironse os primeiros efectos especiais. 4. A intermedialidade: a constitución da linguaxe cinematográfica D.W. Griffith ten modelos novos na cabeza, antes eran de tatro de variedade. Decide contar unha historia en varias cortometraxes e formar unha longametraxe. A partir de “The birth of a nation” considérase o segundo nacemento do cine, fundamentalmente polos planos e descobre a montaxe, a gramática propia do cine, na que a percepción da realidade depende da máquina e non do humano como no teatro. Silvestra: a intermedialidade enténdese como conxunción de varios sitemas e como conxunción e comunicación como reciclaxe de prácticas mediáticas (ex. Cómics e cine), converxencia de varios medios, interacción entre medios, préstamo entre medios, integración dunha práctica con outras, adaptación, asimilación progresiva de varios medios, fluxo no que participan varios medios, rede de enlaces entre distintos medios e remite Marinello a unha longuísima tradición que debe ser traballada con dous manuais: Palimpsestos de Gennette no que se fala da intermedialidade e da transtextualidade (textos con outros textos) e o de Wagner, autor que considera a Ópera como obra de arte total posto que é unha síntese de todas as artes, pero é un ideal pois non abarca absolutamente todas. Considérase que toda obra debe aspirar a ésta síntese. Dentro da transtextualidade Gennette fai unha clasificación: • Intertextualidade: relación de copresenza entre varios textos. • Cita: entrecomiñado e as demáis regras. • Plaxio: non se fai alusión a que é doutro autor. • Alusión: faise alusión á obra ou traballo doutro autor. • Hipertextualidade: non ten que ver co electrónico. Relación de dependencia que se establece entre un texto A (hipertexto) e un texto B (hipotexto). Un exemplo sería a parodia, no Quijote o hipertexto sería a propia novela e o hipotexto serían as novelas de cabalería. A intermedialidade tamén estaría presente neste aspecto, como a adaptación cinematográfica (A película, B novela). • Arquitextualidade (en castelán architextualidad): relación dun texto con textos de rango superior. Os tres arquixéneros: narrativa, poesía, teatro. • Paratextualidade: relación dun texto con outros textos que o arrodean (epílogos, prólogos, títulos). • Metatextualidade: o texto que reflexiona sobre o propio texto. Exemplo: película que trata sobre como se graba un filme. Barthes declara que todo texto é intertexto. Anxo: “Internet nai de todas as intermedialidades, pódese meter de todo”. O concepto de intermedialidade está moi de moda: • Multimedialidade: empréganse varios medios (teatro: visuais e auditivos). • Cross-mediality: ten que ver coa consimición do texto, podemos empregar múltiples plataformas. • Transmedialidade: converxencia mediática. Henry Jenkins: os medios fóronse concentrando en poucas mans, polo que unha gran compañía dispón de editoriais, merchandising, empresa cinematográfica, etc. De maneira que lles interesa a cadea adaptativa, é dicir, que unha produción abarque todos os medios para que se poida consumir de múltiples formas o mesmo produto. Tamén trata o fenómeno dos fan en A cultura da converxencia. Os libros consiguen maior circulación polos fans, porque a parte de consumilos son reelaborados, reestructurados por eles que consideran que son suficientemente importantes para facelo, é a chamada cultura participativa. • Como disciplina académida de Occidente que estuda o que define como Oriente. • Concíbese mediante un antagonismo entre Occidente e Oriente. Civiilizado/bárbaro, avanzado/primitivo, novo/antigo, superior/inferior, racional/irracional, masculino/feminino. • Coma un estilo occidental para dominar, reestruturar e ter autoridade sobre Oriente. Mediatización neoimperialista norteamericana, os medios de Estados Unidos presentan aos orientais como servís, crueis, violentos, mentirosos. Din que a mente europea tende a razoamentos precisos e lóxicos, mentres que os orientais son ilóxicos e desordeados. O orientalismo é unha proxección dos valores occidentais sobre Oriente para dominalo. É o modo que teñen os europeos de relacionarse co outro, no modo de describili, de dominalo e de colonizalo. “Hexemonía” termo desenvolto sobre todo por Gramsci. É a imposición da visión do mundo moi parcial e interesada do dominador sobre o dominado, un proceso moi sutil, polo que o dominador transmite un sistema de valores e fai que o dominado pense que é racional, coherente e único. “World fiction” toda unha estratexia en contra da hexemonía europea, hai un interese por outras literaturas. Moitas editoriais buscaban ou ofrecían unha realidade completamente allea. Autores como Michael Ondaantje, Kazuo Ishiguro ou Murakami configuran esta idea de World fiction, produtos comerciais destinados á difusión mundial empregando fórmulas narrativas comprobadas de éxitos nas ideas de exotismo e mitoloxía, de aventuras que se converten nun novo patrón de éxito da narrativa moderna. Tema 6. Globalización 1. A idea de literatura mundial: primeiras achegas críticas. 2. Novos mercados: multiculturalismo e World Fiction. 3. Literatura e globalización . 1. A idea de literatura mundial: primeiras achegas críticas. Fukuyama fala da fin da Historia coa caída do muro de Berlín, que di que implica o fin das ideoloxías, coa implantación dun modelo universal, a democracia. Vattimo entendía a caída do muro de maneria distinta, asociabaa coa eclosión do pensamento posmoderno (repasando tema 1), aparecen os non-relatos e os pequenos relatos, é dicir, unha perspectiva multicultural. Entre estas dúas visións móvese tamén a idea de globalización. Este é un concepto que atinxe política e economía pero ten repercusións sociais. Documenta que afirma que a globalización non vale para nada e explica por qué: • A globalización acaba coa miseria e a pobreza co libre mercado. Ao contrario, hai máis pobreza nas cidades. • Maior riqueza nas cidades (en xeral), pero moita pobreza nas zonas ailladas. Jameson afirma que a globalización é un tipo de cultura artificial e consimista, o concepto de cidadán é suprimido polo de consumidor e o de cultura por industria. Fala dunha cultura posmoderna global como extensión neoimperialista de Estados Unidos. Tamén analiza a confluencia de elementos culturais na posmodernidade e avances tecnolóxicos, estos avances son irreversibles, constitúe o prinpcipal papel da política de control de Estados Unidos sobre o mundo. O fenómeno posmoderno subsume á cultura no capital, polo que os valores multiculturais pasan a ser entendidos como bens de intercambio e consumo na cultura global. Joan Oleza esgrime a diferenza entre globalización e mundialización no seu artigo Multiculturalismo e globalización: pensando históricamente el presente desde la literatura. Un breve resumo do concepto de mundualización: existía no século XIX coas industrias, podíase entender nun contexto de exportación e importación onde se era consciente da procedencia. Coa globalización pérdense completamente as fronteiras. Ritzer acuñou nos 70 o térmo “mcdonaldización da cultura” que implica a redución de costes ao máximo para acadar maiores beneficios. Postnacionalización: a globalización por riba dos estados, nacións. Oleza afirma que o 11 de setembro cambiou a situación porque trouxo frente á globalización o fundamentalismo. Cambiou a concepción das series, pois deixaron de practicar ese multiculturalismo “alegre” (por exemplo: desaparición dos árabes). 3. Literatura e globalización . Oleza tamén fala sobre o fenómeno best-seller e sobre a circulación de bens por riba das fronteiras, estreitamente relacionados, pois algúns destes libros son publicados simultaneamente en varios países. Comenta que o éxito de Umberto Eco co libo En el nombre de la rosa era imposible como best-seller pero se introduciron elementos de marketing que conseguiron que o fora. Ritzer define a globalización como un proceso transplanetario ou conxunto de procesos que se refire a unha “liquidez” (ten que ver co concepto que desenvolve Bauman) cada vez maior e aos crecentes fluxos multidireccionais de persoas, obxectos e información por riba das fronteiras de calquera nación ou estado. Vincula a idea de globalización e postnacionalización = procesos que interconectan individuos e grupos sociais máis alá das fronteiras xeopolíticas. O gran autor da globalización é Beck, co seu libro ¿Qué es la globalización? Explícaa a través do policentrismo e da deslocalización. El afirma que “a globalización é tamén mediatización, expándese polo mundo gracias aos medios de comunicación”. O pensador español que mellor traballou sobre este concepto foi Néstos García Canclini nos seus libros La globalización imaginada e Consimidores y ciudadanos. El diferencia entre internacionalización e globalización. Cinco procesos socioculturais que se deben enumerar: • Redimensionamento das institucións e dos circuitos do exercicio do público, é dicir, pérdida de peso dos organismos locais e nacionais en beneficio dos conglomerados de alcance internacional. • Reelaboración do propio debido ao predominio dos bens e mensaxes procedentes dunha cuultura globalizada. Por exemplo: terneira galega criada en Alemania ou as fábricas de Zara en Taiwán. • Redefinición do sentido de pertenza e identidade, organizado cada vez menos por lealtades locais e nacionais e máis pola participación en comunidades transnacionais ou desterritorializadas de consumidores. • Paso do cidadán como representante dunha opinión pública. O cidadán como consumidor interesado en disfrutar dunha certa calidade de vida. • Reformulación dos patróns de asentamento e convicencia urbanos: deixar vacío o centro das cidades e vivir nas urbanizacións perifericas.
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved